martes, 17 de octubre de 2017

FLORA E FAUNA DOS RÍOS GALEGOS

Traballando ao redor dos ecosistemas dos ríos, dámonos conta de que descoñecemos os elementos que os compoñen e rodean: Aves, insectos, peixes, anfibios, ...; árbores, arbustos, prantas, ... ; ... 
Aquí vos quedan dous enlaces onde poder consultar algúns destos seres vivos cos que convivimos máis do que cremos e que por desgraza son uns auténticos descoñecidos.


As follas dunha destas árbores de primeira liña dos ríos galegos, eran utilizadas polos peregrinos para calmar a dor dos pes, as chagas, as feridas, ... 
Saberedes de que árbore falamos?

sábado, 14 de octubre de 2017

REINO ANIMAL: A nosa mascota

Fai uns días na clase, en relación co tema deste curso (O Reino Animal), estivemos a falar sobre ter unha mascota na aula. Finalmente pensamos que unha boa opción sería un peixiño. O noso compañeiro Lucas ofreceuse a traer un Betta Splendens, tamén coñecido como "o luchador de Siam". De entre varios nomes, decidimos chamarlle "Jimmy". 


Agora temos que organizarnos para coidar del, que esté o mellor atendido posible e sinta, se é posible, o noso cariño. De inicio, vimos que tiña pouco espazo e unha compañeira, Valentina, ofreceuse a traer un acuario maior. Cada mañá os encargados danlle de comer, e cada 10-15 días temos que cambiarlle a auga.

Veremos como lle vai ao noso amiguiño, pois é un peixe de augas cálidas, de entre 24 e 30 ºC, e cando nós marchamos da aula, a temperatura baixa lixeiramente.
Paula, Lucía e Mara

Bueno, e que outros datos coñecedes dos "bettas"? Sabedes de onde son orixinarios?

martes, 10 de octubre de 2017

SALICORNIA 2

Salicornia: Planta carnosa ou suculenta, tamén chamada planta de San Pedro, espárrago de mar ou herba salgada. Crece en zonas salgadas como as salinas. Obtense cinza de sosa (carbonato de sodio- Na2CO3) o que a fai interesante para a fabricación de produtos como o xabón e o vidrio. Úsase como sustituto da sal común para sazonar platos e tamén medicinalmente polo seu alto contido en iodo e magnesio.

Sabemos que aquí, moi cerquiña de nós temos as "Salinas de Ulló", en Vilaboa, unha construción que se remonta ao S.XVII.

Pero, sabemos  se hai ou non salicornia nesta incrible paraxe? Vamos ter que ir comprobalo "in situ". Sacade moitas fotos, vídeos, ... e logo contrastamos a información.
Desfrutade do paseo! Hai moito máis que ver!

lunes, 9 de octubre de 2017

SALICORNIA

Cuns alumnos tan activos,curiosos e bos investigadores, non é de estrañar que tódolos días xurdan novas preguntas. Nestos últimos días, un compañeiro, Lois, falounos dunha planta chamada "Salicornia", que polo visto crece en entornos salinos, úsase como aderezo para salgar a comida e tamén se pode comer.


Coñecedes algún outro dato desta curiosa planta?
Sabedes se no noso entorno a temos?

viernes, 6 de octubre de 2017

PICO MÁIS ALTO DE PONTEVEDRA

E falando de relevo,...  resulta que coñecemos os cabos, golfos, ríos, picos, ... de España e do mundo e non temos claro cal é a maior altura da nosa provincia. 
E vós, sabedes cal é o pico máis alto da provincia de Pontevedra?
Claro que si, o monte Faro, con 1181 m. de altitude, na serra do Faro, é tamén a montaña máis alta de toda a dorsal central galega. Atópase entre os municipios de Chantada e Rodeiro.
Pero,.... 
Coñecedes algún outro pico na provincia de Pontevedra cunha altura superior aos 700 m.?

miércoles, 4 de octubre de 2017

RELEVO ESPAÑA E GALICIA

Comezamos xa coa primeira unidade en Ciencias Sociais: O relevo e a hidrografía de España. E como primeiro proxecto temos que construir, realizar, unha maqueta 3D, ben dos ríos, ben do relevo, ... ou mesturando ambos; simplemente cos nomes ou engadindo conexións eléctricas e realizando un pequeno xogo.
Tiñamos 30 días, ata o día 20 de outubro. Algúns xa os están a presentar e están quedando moi chulos. Ánimo! 


Pero unha vez que se presenta un traballo, debe estar acompañado da súa ficha de elaboración...

Ficha 1 informática: “Ficha seguemento proxecto maqueta relevo”
Deberemos crear unha ficha da elaboración da maqueta: como máximo nun folio, a unha cara, co ordenador, onde se traballen os seguintes comandos: Tamaño, tipo, estilo e cor da fonte (letra), viñetas, inserción de imaxe e borde de páxina. (2 sesións)
Unha vez realizada a ficha enviarémoslla á profe a través do correo:
Poñendo o nome dos dous compañeiros que realizaron a maqueta e a ficha.
Seguro que nos queda estupenda!

sábado, 30 de septiembre de 2017

OS NAVÍOS DE COLÓN

As embarcacións que levou Colón, na súa primeira viaxe cruzando o Atlántico en busca das Indias, eran realmente 3 CARABELAS?
Fostes moitos os que investigastes, e como pudestes atopar, non todos os estudosos do tema están de acordo, pero parece ser que das tres embarcacións, a "Santa María", podería ser unha Carraca ou Nao, mentras que "La Pinta" e "La Niña", seguramente si serían carabelas.
Pero, eran tan distintas unhas das outras?
A carabela, era un barco lixeiro que cargaba ao redor de 100 toneladas e era especialmente útil para viaxes rápidos. Barco de tres paus que ao principio levaba velas de cóitelo (forma triangular) e posteriormente levou velas cuadradas nos dous primeiros paus (trinquete e maior). Dispoñía dunha soa cuberta e un elevado Castelo de popa.

A carraca era de alto bordo e podía cargar máis de mil toneladas, era unha nave máis lenta, con castelos a proa e popa. Tiña 3 paus, igual que a carabela, os dous primeiros con velas cuadras e o de mesana con vela triangular. Posteriormente, nas máis evolucionadas engadiuse un cuarto pau a popa chamado contramesana, con velas latinas. Este tipo de barcos en España chamouse Nao

Tipos de Velas:

Tipos barcos a vela:
Outra "Nao" moi famosa, foi a que deu a primeira volta ao mundo, que completou un mariñeiro español, no século XVI. 
Seredes quen de atopar o nome desa embarcación e o nome da expedición?

lunes, 11 de septiembre de 2017

É hora de voltar. 
Estades listos?
                 Este ano .... 
"O REINO ANIMAL"

BENVID@S!

jueves, 27 de julio de 2017

VÍDEO 9: CONSTRUCIÓN DE BARCOS

Uxía e Anxo entrevistaron a Marcos, o pai de Uxía, sobre o seu traballo, a construción de barcos, un sector moi importante na economía da zona.

Un vídeo Superchulo!
Grazas ao papá de Uxía pola súa colaboración!

E vós que coñecedes dos barcos? ... Sabedes por exemplo que tipo de navíos levou Cristobal Colón a América?

martes, 25 de julio de 2017

VÍDEOS 8: O LAGARTO OCELADO

Antón e Lucas fálannos hoxe do lagarto ocelado, un incrible e precioso animal.

Bo traballo!

Coñecedes algunha outra especie de lagarto da nosa zona?

domingo, 23 de julio de 2017

VÍDEOS 7: ELECTRICIDADE

Mara e Lucía entrevistaron ao pai de Lucía, David, sobre o seu traballo, instalador electricista, fundamental en todos os nosos fogares.
(Vídeo elaborado por Mara e Lucía)
Xenial chicas!
MOITAS GRAZAS papá de Lucía!

E vós, ... A que vos queredes adicar de maiores?

viernes, 21 de julio de 2017

VÍDEOS 6: CIENCIAS POLÍTICAS

Paula e Carla entrevistaron ao padriño de Paula, Victor, que estudou Ciencias Políticas, e faloulles sobre o funcionamento dun Concello.

Boa entrevista!!
MOITAS GRAZAS Victor!!!


Coñecedes o nome do Alcalde de Redondela?

miércoles, 19 de julio de 2017

VÍDEOS 5: DRUIDAS

Lucía, Sheyla e Valentina continúan falándonos do grupo de rock pontevedrés "Druidas" e aproveitan para falarnos da acústica e da mitoloxía.


Fantástico chicas!

Xa falamos de quen eran os Druidas na mitoloxía Celta, pero... seredes quen de dicirnos que alfabeto utilizaban?

domingo, 16 de julio de 2017

VÍDEOS 4: SERPES VELENOSAS

David e Jorge elaboraron un vídeo chulísimo sobre estos fascinantes réptiles: AS SERPES.

Magnífico chicos!

Saberedes dicirnos a que se debe o nome científico da Cobra Real (Ophiophagus)?

viernes, 14 de julio de 2017

VÍDEOS 3: QUE PASARÍA SE ...

...A TERRA NON XIRASE?

Hugo e Lois volo contan neste vídeo que elaboraron eles soiños.

Bo traballo chicos!!!

Poderemos axudar a que esto non suceda????

martes, 11 de julio de 2017

VÍDEOS 2: O TIBURÓN MEGALODÓN

Temos devoción polo tiburón megalodón. É xa o segundo artigo que facemos. Nesta ocasión Raúl e Izan nos ilustran.

 Fantástico!

Pero, ... credes realmente que este incrible animal prehistórico sigue existindo hoxe en día?

sábado, 8 de julio de 2017

VÍDEOS 1: TRABALLO COA MADEIRA

Antía e Andrea entrevistaron ao pai desta última que é Carpinteiro.
 Prestade moita atención. É moi interesante.

Que grandes entrevistadoras!!!
MOITAS GRAZAS PAPÁ DE ANDREA!


e VÓS ... Saberedes dicirnos cal é a madeira máis dura e densa deste planeta??

jueves, 6 de julio de 2017

FORMIGAS

Antón contounos sobre o seu pequeno terrario de formigas.
Por que ... ahí onde as vedes, as formigas son uns pequenos seres incribles, e ollo!... Aínda que se coñecen unhas 14.000 especies, crese que pode haber ata unhas 22.000, o que supón unha estimación aproximada de entre 1.000 e 10.000 billóns de formigas no planeta.
E sabedes a que pode deberse o seu éxito como especie?

martes, 4 de julio de 2017

LORIS

Anxo e Hugo faláronnos do LORIS.
Loris esbelto vermello (loris tardígradus) é unha especie de primate, natural das selvas tropicais de India e Sri Lanka. De hábitos nocturnos. Aliméntase de lagartixas, ovos, insectos, pequenos invertebrados e follas. O seu tamaño vai dende os 17 aos 26 cm, cun peso aproximado entre 85-350 gr. 

Dos poucos primates que teñen unha mordida velenosa....!!!!

EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!!!

domingo, 2 de julio de 2017

O CASTELO DE SOUTOMAIOR

Calquera que veña pola zona, non pode marchar sen dar unha visita a este fermoso castelo. Un auténtico castelo de conto. Paula foi de visita e viu entusiasmada. Encantoulle!. E por suposto documentouse para contarnos un pouco da súa visita.

Castelo medieval de aproximadamente o S.XII, no que conflúen distintos estilos arquitectónicos, dende o románico primitivo, ata o neogótico do S.XIX, que pode apreciarse nos seus arcos apuntados.

"Contan as lendas, que os Reis Católicos, mandaron rebaixar a altura do torreón, uns metros, pois era máis alto, que o seu."
Se todavía non o coñecedes, non sei a que esperades.
Xa nos contaredes se descubrides algunha lenda, ... sobre este castelo de conto.

Páxina recomendada por Paula:

viernes, 30 de junio de 2017

ACEITE DE PALMA 2

Seguro que recordades que non hai moito falabamos do dano que nos facía o uso e abuso do aceite de palma, que por outro lado, hoxe en día, está presente en practicamente todos os productos que usamos.
Pois ben, seguimos preocupados e concienciados, Lucía voltou recordarnos esta problemática.
A OCDE  calcula que cada ciudadano europeo consume ao ano 59,3 kg de este aceite. Máis do 50% dos produtos que hai no supermercado levan aceite de palma. 
Hoxe en día ningunha autoridade sanitaria, nin organización mundial da saúde prohibe a súa utilización, entón, ...
Por que din que é tan malo o Aceite de Palma?
(Fai clic na imaxe para ver o vídeo)

-Graxa saturada de cadea corta e par. A peor posible, relacionada con disfuncións metabólicas como a diabetes.
-No seu tratamento e procesamento a altas temperaturas forma compostos altamente tóxicos (ésteres glicídicos).
-Deforestación, cambio climático, explotación laboral, ... 


Que pasa realmente co Aceite de Palma?
Se é tan malo como din, por que non o prohiben?
Acaso non hai estudios que respalden todos estos argumentos?
E se non os hai, a que ven tanta publicidade?
Ou, coma sempre, son intereses económicos os que o moven todo?
Vós que opinades?

miércoles, 28 de junio de 2017

COLECCIONISTAS: MOEDAS E SELOS

Mara e Carla trouxéronnos as coleccións de moedas e selos das súas familias, que foron xuntando ben, das súas viaxes, ben do seu traballo polo mundo adiante,... 
(Logo uníronse Paula e David)

Moedas e selos incribles de lugares como: Portugal, Francia, Austria, Polonia, Cabo Verde, Mauricio, Marruecos, ...

Pero, sabedes como nace o uso da moeda e dos billetes?


E saberedes dicirnos que nome recibe o coleccionismo de moedas?
E o coleccionismo de selos?

lunes, 26 de junio de 2017

FÓSILES

Outro dos temas que nos gusta moito: OS FÓSILES
David e Iván ilustráronnos ao respecto.

Nestas últimas semanas xurdiron novas ao redor da orixe dos primeiros "Homo Sapiens": 

Ata o de agora pensábase que os restos de Homo Sapiens máis antiguos eran os atopados no leste de África, duns 200.000 anos. Pero, acaban de identificar osos de cranio, cara e mandíbula de membros temperás da nosa especie nun xacemento en Marruecos (Jebel Irhoud), e datáronse en 315.000 anos.
"Este descubrimento indica que o Homo sapiens apareceu máis de 100.000 anos antes do que se cría. Os achados, publicados na revista Nature, non implican que a nosa especie se orixinara nesa rexión do norte de África, se non que os primeiros membros da nosa especie evoluciónaron en todo o continente". (Noticias de la ciencia-7/6/17)



E a vós, tamén vos gustan os fósiles?
Que en concreto?

jueves, 22 de junio de 2017

DRUIDAS

"Estos chamáns ou sacerdotes celtas, que todos relacionamos coas aventuras de Astérix ou coas pedras de Stonehenge, son xa descritos por cronistas gregos e romanos, que lles atribúen funcións de xuices, maestros, curandeiros e adiviños, e os relacionan coa casta sacerdotal dos celtas que habitaban a Galia e Inglaterra". Muy Historia

Sheyla, Lucía e Valentina, faláronnos dos "Druidas" un grupo de rock Pontevedrés (Arcade, Soutomaior)

e aproveitando o tema, faláronnos tamén dos Deuses Celtas e Nórdicos e da súa mitoloxía

Que coñecedes vós da mitoloxía Nórdica?
E da mitoloxía Celta?


Deixámosvos un tema do seu último disco: Ecos del Norte

martes, 20 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE MINERAIS

Antía e Andrea faláronnos dos minerais.

Unha afición que nos apaixona a moitos... 

Xa os Fenicios hai 3000 anos recalaban nas costas galegas en busca do entón codiciado estaño, os romanos chegaron a desviar o cauce do río Sil en busca de ouro, e os alemáns loitaron cos aliados en busca de wolframio.
Con máis de 400 explotacións mineiras, Galicia é a terceira comunidade mineira de España. Temos todavía unha gran riqueza xeolóxica: Granito, pizarra, magnesita, caolín, cuarzo, estaño, wolframio, cobre, ... balnearios e manantiais, ...
E vós que minerais coñecedes? Recolledes mostras cando saídes de paseo? Tedes algún exemplar digno de mención?