Mostrando entradas con la etiqueta code. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta code. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de junio de 2018

SCRATCH vs MBLOCK

Aquí vos queda un pequeno documento con algunhas das actividades que fixemos este curso ao redor da programación en scratch e a robótica. Botádelle un vistazo e a ver que sodes capaces de facer agora. 
SORPRENDÉDEME!
Déixovos tamén aquí as ligazóns ás programacións e xogos que temos no blog:

jueves, 28 de diciembre de 2017

PROGRAMANDO SCRATCH

Un punto máis de dificultade. A medida que vamos collendo mazás, que o dragón aumente a velocidade. Teremos que ir á programación do dragón, e dicirlle que en lugar de "mover 1 paso", se mova "1 + algo en relación coas mazás recollidas". Seredes quen de programalo? E despois....

Cantas mazás sodes capaces de tocar?
(poñede en pantalla completa para mover mellor ao gatiño)

Que, como foi a cousa?
Deixovos enlace a dous vídeos cos que seguindo as instrucións, seguro que conseguides facer a programación do xogo:

viernes, 22 de diciembre de 2017

BOAS FESTAS CON SCRATCH

Tamén con Scratch, queremos felicitar a todos os que comparten con nós: Tempo, espazos, alegrías, tristuras, xogos, debates, actividades, ..... e moito maís.
FELICES FESTAS!!!!
(Se conseguides facer outra postal, subídea a scratch e subímola ao blog.)
Os nosos mellores desexos para tod@s!

miércoles, 6 de diciembre de 2017

A VOLTAS CON "SCRATCH"

Vistes onte o Doodle de Google
50 anos da primeira linguaxe de programación para nen@s. Xogastes? Programastes?
Nós facemos o mesmo con Scratch, esa linguaxe de programación por bloques.
Pero, ... Que é Scratch?

Estamos a dar algúns pequenos pasos con esta linguaxe e puidemos comprobar a cantidade de posibilidades que ten. De feito estamos a crear un pequeno xogo. Xa conseguimos programar o gatiño, o dragón, os escenarios, ... Agora faltarianos coller algo de vida e un pequeno marcador.
Seredes quen de facelo? 
Recordade que para o marcador, unha vez teñades programado o toque da mazá polo gato, necesitamos crear unha variable no apartado de datos.

Máis ou menos quedaría así (dependendo das personaxes, escenarios, ...).... Poñede en pantalla completa para poder xogar con soltura.
 Seredes quen de coller 20 mazás antes de que o dragón vos pille?


Conseguístelo??????

lunes, 2 de enero de 2017

LINGUAXE COMPUTACIONAL

E agora de Agasallo de Reis....
Recordades o xogo dos Angry Birds ao que xogastes cos Apolos? Aquí vos deixo o enlace para que poidades ir practicando. Vede o vídeo e comezade a xogar.



Ánimo! Seguro que o conseguides á primeira!

E para cando rematedes, deixovos tamén o resto de etapas do curso 1. A medida que avanzades nas etapas vaise complicando o tema da programación. Xa me contaredes...