Bueno, para empezar cos nosos robots, teremos que, primeiro de nada, montalos, non si?
Dentro da caixa temos un libriño de instrucións moi preciso, paso a paso. De tódolos xeitos aquí vos quedan primeiro, un enlace onde se ve tamén paso a paso a montaxe e logo un vídeo onde un alumno monta o robotiño.
Pois, ao ataque!!!
E os nosos robots, unha vez montados, que programa traen por defecto?
Esquivaobstáculos, siguelíneas, ...?
Agora haberá que aprender a utilizar o programa "mBlock". Como nós xa temos experiencia con "Scratch", temos un pouquiño de ventaxa, pois está baseado nel. Déixovos tamén enlace á páxina para descargalo.
Bueno, e que vos pareceu o noso robotiño? Credes que poderemos crear algo orixinal con el? Algunha idea....?

O robótiño parecerme mil interesante
ResponderEliminarA mín encántame traballar con este robot. Por agora non se me ocorre ningunha idea, pero non deixarei de pensar algunha cousiña.
ResponderEliminarPaula 6A.
Isto do robot e Xenial moitas grazas por traelo profe!!!!!
ResponderEliminarIván 6A.
Gustoume moito montar o robot, e tamén traballar con Scratch.
ResponderEliminarAndrea 6ºA.
Podiamos facer que fora coma un autobus e que parara nun lugar coma se fora como unha parada de autobus .
ResponderEliminarUxia 6ºA