NOME CIENTÍFICO:
O nome
científico do lince ibérico é Lynx Pardinus.
VÍAS DE EXTINCIÓN:
O lince ibérico está
en grave perigo de extinción por culpa dos seres humanos:
- Os atropelos cando están en migración.
- A desaparición do seu alimento, o coello europeo, xa que este coello brindaba a maior parte da alimentación ao lince, a súa case desparición está levando ao lince á extinción.
- Ademáis, a destrución do seu hábitat fai desaparecer os refuxios dos linces, aparte dos seus fogares.
- A caza indiscriminada do lince co fin de apropiarse da súa pel.
CLASIFICACIÓN:
O lince ibérico é
unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae, endémico da Península
Ibérica.
MODO DE VIDA:
Na maioría dos casos
o lince ibérico vive de maneira solitaria e nómada e é moi territorial,
mostrándose máis sociable na época de celo. É un áxil cazador. Aproxímase
sixilosamente á presa e salta sobre ela con rapidez. Outras veces espera oculto
a que pase unha presa.
HÁBITAT:
O lince ibérico
atópase exlusivamente en zonas restrinxidas de España e Portugal.
O hábitat principal constitúeno as áreas de bosque mediterráneo ben conservadas e ailladas da actividade humana.
O hábitat principal constitúeno as áreas de bosque mediterráneo ben conservadas e ailladas da actividade humana.
O tamaño do
terrritorio está condicionado pola abundancia de presas. Dentro deste
territorio existen distintas zonas vitales como o monte baixo para o descanso e
as zonas de campeo onde o lince estará activo e que coinciden coa máxima
densidade de coellos.
Actualmente os
núcleos mellor conservados limítanse a: Serra Morena Oriental, Montes de Toledo
Orientales e Doñana.
Sabedes cantos especímenes quedan hoxe en día en liberdade?











