Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de junio de 2018

sábado, 3 de marzo de 2018

CHARLA PROXECTO ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Este martes 27 de febreiro tivemos a charla coas familias que se solicitaba no Proxecto de Robótica. Fernando Coladas foi o noso relator, o mesmo que nos imparte as horas de formación aos profes.
Durante a charla foi comentándonos o implacable avance da tecnoloxía, a presenza que xa ten nas nosas vidas, o futuro que nos espera, para acabar cun animado debate.

Si realmente o fin último da educación é preparar aos nos@s nen@s para a sociedade na que viven... 

Que debe transmitir, ensinar, ... a escola?

Que habilidades, destrezas, ferramentas, contidos,... farán competentes ao noso alumnado para esa sociedade, que todavía non sabemos, nos espera?

Deixámosvos un artigo anterior, onde se valora o labor das novas tecnoloxías na educación, cun vídeo moi interesante:
AS TIC´S NA EDUCACIÓN

O que si parece estar claro é que a robótica é en si mesma un desafío cognitivo. Permite experimentar a aplicación práctica de diferentes conceptos de física, matemáticas, tecnoloxía, enriquecendo e facilitando a aprendizaxe de moi distintos contidos curriculares.
Cal é a vosa opinión ao respecto?

martes, 20 de febrero de 2018

Visita: UNIMATE ROBÓTICA

Incrible visita!!!
Temos que darlle as grazas a Cástor, e a Luis que nos puxo en contacto, por ofrecernos a posibilidade desta gran experiencia. 
Coñecimos de cerca o funcionamento dunha empresa, neste caso relacionada coa xestión e automatización de procesos; manexamos brazos robóticos; explicaronnos pequenas cousiñas ao redor da programación, dos sistemas de seguridade, ... Vamos que aprendimos un montón. 
Por enriba tivemos uns mestres estupendos. Grazas Cástor, Roberto, Jesús e Jose. E ata a próxima! Por que, gústanos tanto a robótica que, o mesmo nun futuro traballamos xuntos nalgunha empresa.



E recordades o vídeo do brazo robótico que nos ensinou Cástor, que tanto nos gustou?
Aquí vos queda o enlace:
BRAZO ROBÓTICO ELECTRÓNICO CASERO

Seredes quen de facer algo similar ou parecido?....

martes, 9 de enero de 2018

Exposición RAPOSO


Para finalizar o 1º trimestre, fixemos unha actividade ao redor dos animais das distintas aulas.  O noso era o RAPOSO, e ademais de ofrecer información sobre as súas características, alimentación, habitat, ... interpretamos un pequeno poema e fixemos un pouco de origami co noso público. 
Unha actividade moi interesante!!!


E vós, de que animaliño fostes ver a exposición, que foi o que máis vos gustou??

lunes, 1 de enero de 2018

MONTAXE DO MBOT

FELIZ 2018!!!
Así nos foi...



E agora que?
Pensastes xa nas posibilidades que ten o noso chulísimo robot?

miércoles, 20 de diciembre de 2017

MONTAXE MBOT

Bueno, para empezar cos nosos robots, teremos que, primeiro de nada, montalos, non si?

Dentro da caixa temos un libriño de instrucións moi preciso, paso a paso. De tódolos xeitos aquí vos quedan primeiro, un enlace onde se ve tamén paso a paso a montaxe e logo un vídeo onde un alumno monta o robotiño.
Pois, ao ataque!!!




E os nosos robots, unha vez montados, que programa traen por defecto?
 Esquivaobstáculos, siguelíneas, ...?

Agora haberá que aprender a utilizar o programa "mBlock". Como nós xa temos experiencia con "Scratch", temos un pouquiño de ventaxa, pois está baseado nel. Déixovos tamén enlace á páxina para descargalo.

Bueno, e que vos pareceu o noso robotiño? Credes que poderemos crear algo orixinal con el? Algunha idea....?

domingo, 26 de noviembre de 2017

DOCUMENTÁNDONOS SOBRE O RAPOSO

Xa vedes que falamos moito sobre o raposo. É o animal da nosa aula este ano. Estamos a elaborar un pequeno mural sobre esta especie e topamos unha páxina con moitísima información: Zorropedia. (Lucía C.: "... buscando fábulas nas que houbese raposos, atopei esta páxina tan interesante.")
Colocamos unha ligazón no lateral, na sección de información para que poidades visitala. Poderedes coñecer máis de cerca este precioso e incrible animal: As súas características, alimentación, reprodución, distintas especies, ... e moito máis.

Seguro que sabedes que históricamente o zorro asóciase á idea de "Astucia". Pero,...
Coñecedes algunha fábula, conto, poema, ... no que o raposo sexa o protagonista??



miércoles, 1 de noviembre de 2017

REINO ANIMAL: O RAPOSO

A wikipedia fálanos do raposo:
Os vulpinos (Vulpini) son unha tribu de mamíferos carnívoros incluidos na familia dos canidos. Coñécense comunmente como raposo ou raposa. Actualmente están representados por unhas 27 especies que se atopan en casi todos os continentes, aínda que a máis extendida é o raposo vermello ou raposo común que habita en Europa e America do Norte . A maioría viven entre 5 e 7 anos en liberdade , pero poden chegar aos 12 anos , ou incluso sobrepasar esa idade en cautiverio.
Os seus rasgos tipicos son un fino fuciño e unha espesa cola . Son solitarios cazando a súa presa (especialmente aos roedores). A súa pel é moi preciada en peletería.

Sheyla e David
Pero, seguro que hai un montón de datos moi interesantes sobre este fermoso animal que todavía non sabemos. Seredes quen de atopar algunha desa información?

Aquí vos queda un pequeno vídeo (extraído dun documental da BBC) dun raposo pescando:

viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO ROBÓTICA

Concedéronnos o proxecto ...
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!!
FANTÁSTICO!
Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto. Podemos considerarnos afortunados. 

E claro, ademais de toda a formación  que algúns profes xa viñamos facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación, gamificación, competencias stem, .... 

Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que traballaremos polo feito de participar.

Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de 9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo co material robótico.



Agora tócanos a nós!!!!!
Novas ao redor do proxecto:
La voz de Galicia (20/01/17)
Faro de Vigo (13/06/17)
Comarcasnarede (07/10/17)

miércoles, 4 de octubre de 2017

RELEVO ESPAÑA E GALICIA

Comezamos xa coa primeira unidade en Ciencias Sociais: O relevo e a hidrografía de España. E como primeiro proxecto temos que construir, realizar, unha maqueta 3D, ben dos ríos, ben do relevo, ... ou mesturando ambos; simplemente cos nomes ou engadindo conexións eléctricas e realizando un pequeno xogo.
Tiñamos 30 días, ata o día 20 de outubro. Algúns xa os están a presentar e están quedando moi chulos. Ánimo! 


Pero unha vez que se presenta un traballo, debe estar acompañado da súa ficha de elaboración...

Ficha 1 informática: “Ficha seguemento proxecto maqueta relevo”
Deberemos crear unha ficha da elaboración da maqueta: como máximo nun folio, a unha cara, co ordenador, onde se traballen os seguintes comandos: Tamaño, tipo, estilo e cor da fonte (letra), viñetas, inserción de imaxe e borde de páxina. (2 sesións)
Unha vez realizada a ficha enviarémoslla á profe a través do correo:
Poñendo o nome dos dous compañeiros que realizaron a maqueta e a ficha.
Seguro que nos queda estupenda!

jueves, 1 de junio de 2017

PROXECTO MAGALLANES

Este pasado luns 29 de maio, o noso compañeiro Lucas, na súa exposición da investigación levada a cabo sobre os aeroxeradores e a enerxía limpa e renovable, presentábanos un proxecto espectacular, xestado aquí, en Redondela.

O PROXECTO MAGALLANES
(consultade a súa páxina)
Enerxía renovable
Enerxía limpa
...


Nacido en Redondela no 2007, este proxecto ten o reto de desenvolver unha tecnoloxía capaz de extraer enerxía das correntes mariñas. Este proxecto a diferenza doutros similares, denominados de presa, de fondo ou de pilar, é máis económico, de menor impacto ambiental e de fácil mantemento.

Como vedes unha idea pode cambiar o mundo. E vós ... tedes algunha? Ocórresevos algumha cousiña que poida axudar a este planeta que estamos a esgotar?