Mostrando entradas con la etiqueta seres vivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta seres vivos. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de noviembre de 2017

EDAR: MISIÓN DEPURACIÓN!!!!!



Traballando cos distintos Reinos de Seres Vivos, aprendimos moitas cousas realmente sorprendentes de algúns seres tan minúsculos: 
- A relevancia das bacterias, protozoos, fungos, ... na elaboración de alimentos, antibióticos, ...
- A importancia de reciclar as augas residuais, os seus procesos e distintos elementos que se utilizan, como as bacterias para a súa depuración.

Recentes estudos e investigacións na Universidade de Jaén, confirman que a bacteria Klebsiella contribúe á descontaminación das augas, gracias a que asimila metales pesados como a plata e o plomo.(El espectador- 29/6/17)

E vós, coñecedes algún outro sorprendente beneficio de estos seres microscópicos? (moneras, protoctistas, ...)

lunes, 13 de marzo de 2017

QUE SON OS VIRUS?

VIRUS: Microorganismo composto por material xenético protexido por envoltorio proteico, que causa diversas enfermidades introducíndose como parásito nunha célula para reproducirse nela.
De entrada clasificar algo como Ser Vivo ou non, depende da nosa definición de VIDA. No noso caso dicimos que un ser vivo debe cumplir as tres funcións vitais: Nutrición, Reprodución e Relación.
QUE PASA ENTÓN COS VIRUS?
Parece ser que non captan alimentos, nin se relacionan co medio (a priori), e aínda que si se reproducen, non o fan por si mesmos, secuestran células de outros organismos para replicarse.
Sin embargo, recentes estudos (Arshan Nasir y Gustavo Caetano-Anollés) califican aos virus de "forma de vida diferente á de outros organismos".

miércoles, 8 de marzo de 2017

VIRUS?????

Sabemos que bacterias, protozoos, fungos,... Son seres vivos, pertencentes a algún dos cinco Reinos.
Pero.... QUE SON realmente
OS VIRUS??

viernes, 7 de octubre de 2016

O MICROSCOPIO

En ciencias da natureza estamos a traballar cos seres vivos, pero, este mundo que nos rodea está cheo de pequenos seres non perceptibles para o ollo do ser humano e grazas a grandes pensadores, científicos e inventores da historia como: Galileo, os irmáns Jansen, Leeuwenhoek, Hooke, ... temos hoxe a posibilidade, a través do MICROSCOPIO, de poder velos con gran detalle. E non só eso, senón, tamén esas pequenísimas "Células", parte máis pequena dun ser vivo, capaz de realizar as tres funcións vitais.
Partes do Microscopio:

Pero, se queredes saber máis sobre como se debe usar, podedes ollar este vídeo:

Xa nos contaredes como se ven esos pequenos seres e células a través do Microscopio.