jueves, 30 de marzo de 2017

lunes, 27 de marzo de 2017

domingo, 26 de marzo de 2017

BOLBORETAS

Impresionante bolboreta!!!
É unha das bolboretas máis preciosas de Europa. Lamentablemente todas son especies moi buscadas polos coleccionistas. Deixáronse de ver durante decenas de anos.


Máis de cerca, por se tiñades dúbidas.


Seredes quen de averiguar de que especie se trata?
MARA (5ºA)
(fotos sacadas na súa casa)

jueves, 23 de marzo de 2017

FÓSILES CO PROFE GUILLERMO


O pasado venres 17 de marzo o profe Guillermo preparounos no salón de actos unha incrible exposición de fósiles, onde nos explicou con todo luxo de detalles como se formaban, os distintos tipos que se podían topar na súa terra, A Rioxa, onde el os atopa nas súas expedicións arqueolóxicas, que era preciso para que os restos atopados foran fósiles, .... e moitas máis cousiñas.
Ademais, puidemos tocalos e comprobar con calma o tacto tan incrible que teñen estas pezas fosilizadas. Tivemos nas nosas mans: Amonites, Trilobites, distintos tipos de bivalvos, esponxas, corais, ... Vamos Xenial!
Gustounos moito!
Grazas Profe Guillermo!
Estamos desexando ir nós tamén de expedición!
Mentras,... 
Seredes quen de poñerlle nome aos fósiles que se ven nas imaxes?
1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

Saberedes explicar por que na Rioxa, que está a moitos Km do mar se atopan tantos restos fósiles de animais e plantas mariños?

martes, 21 de marzo de 2017

UNHA VISITA DELICIOSA

O CACAO

Delicioso de calqueira maneira....!!
En estos días tivemos a sorte de contar coa visita dun compañeiro do cole, Guillermo, de 4ºA, que compartiu con nós unha mazorca de Cacao que trouxo o seu pai da súa terra: Ecuador.
Contounos como se lle chama á vaina, MAZORCA; como se extrae o cacao do interior da semente; como se aproveita en produtos de estética (manteca de cacao); algunhas das súas propiedades; e incluso nos deu a probar ese cacao puro extraido directamente da semente. Que rico!! e sen ningún tipo de aditivo, colorante, edulcorante, ... Vamos que supersano!

Se queredes saber máis:

viernes, 17 de marzo de 2017

NOVAS CIENCIA 8

Vaqueiros ecolóxicos  e  eucaliptos nos montes galegos



A vosa roupa con que está feita...?

e podemos facer algo polos montes galegos e as súas especies autóctonas?

martes, 14 de marzo de 2017

CHARLA FÓSILES

Como xa sabedes este venres vamos ter unha pequena charla co profe Guillermo sobre fósiles. Ben sabedes o moito que lle gustan. Pola súa terra, A Rioxa, nos seus paseos diarios soe atopar cousiñas, pequenas pezas, que vai compartir connosco.
A nós tamén nos gustan moito!
Para ir tomando contacto co tema podedes ir vendo esta animación:


E consultando algunha destas páxinas:


Ou outras....
Xa nos contaredes...

lunes, 13 de marzo de 2017

QUE SON OS VIRUS?

VIRUS: Microorganismo composto por material xenético protexido por envoltorio proteico, que causa diversas enfermidades introducíndose como parásito nunha célula para reproducirse nela.
De entrada clasificar algo como Ser Vivo ou non, depende da nosa definición de VIDA. No noso caso dicimos que un ser vivo debe cumplir as tres funcións vitais: Nutrición, Reprodución e Relación.
QUE PASA ENTÓN COS VIRUS?
Parece ser que non captan alimentos, nin se relacionan co medio (a priori), e aínda que si se reproducen, non o fan por si mesmos, secuestran células de outros organismos para replicarse.
Sin embargo, recentes estudos (Arshan Nasir y Gustavo Caetano-Anollés) califican aos virus de "forma de vida diferente á de outros organismos".

viernes, 10 de marzo de 2017

NOVAS CIENCIA 7

Quecemento global - Parques naturais de Galicia



Recordade que a próxima semana o profe Guillermo vainos dar unha charla sobre os FÓSILES.
Podedes ir informándovos: Como se forman, como se poden clasificar, tipos, ...

miércoles, 8 de marzo de 2017

VIRUS?????

Sabemos que bacterias, protozoos, fungos,... Son seres vivos, pertencentes a algún dos cinco Reinos.
Pero.... QUE SON realmente
OS VIRUS??

lunes, 6 de marzo de 2017

CAPA DE OZONO

Que estamos a facer coa nosa CAPA PROTECTORA?


E seguindo coas nosas preocupacións ao redor da capa de ozono, deixamosvos esta curta de debuxos:

viernes, 3 de marzo de 2017