jueves, 29 de diciembre de 2016

OS APOLOS E A ROBÓTICA

Recordades aos Apolos? Si aqueles nenos e nenas da aula de 5 anos que nos visitaron ao principio de curso para ver os nosos recunchos. Pois foron eles agora os que nos invitaron a ver o seu traballo. E foi incrible: Comezamos a fabricar un brazo robótico, construimos un robot con materiais reciclados, tentamos ensamblar un robot solar, traballamos con linguaxe de programación nun xogo, ... 

ROBÓTICA
Non podiamos crer o moito que nos ensinaron. 
En verdade teñen 5 anos?
Moi ben Apolos! 
E por se esto fora pouco... aínda nos fixeron un agasallo: UN ROBOT (que agora teremos que montar...%$?¿"$%&... seremos quen?)
Moitas Grazas!

martes, 27 de diciembre de 2016

TABLETS NA ESCOLA??

Durante estos últimos 20 días do trimestre tivemos a sorte de contar cunha maleta con 5 tablets na aula, cedida en préstamo polo Cefore de Vigo (Centro de formación e recursos do profesorado), dentro da iniciativa "ConVigoTablets".
Era final de trimestre, moitos días festivos e coma sempre apurados de tempo nestas datas, entre probas, traballos, ... pero, conseguimos sacarlles algo de partido.
Investigamos, buscamos información, traballamos no noso blog e repasamos os contidos do trimestre co programa Kahoot. Vamos, de todo un pouco.
Foi unha experiencia moi gratificante! (e divertida)
Tentaremos que nola volvan prestar e así seguir aprendendo moito máis sobre as posibilidades educativas destos materiais.
Moitas Grazas!

lunes, 26 de diciembre de 2016

AS TIC´S NA EDUCACIÓN

Parece que estamos a xogar, non si?
Pois si, pero, non. Ao fin, o aspecto lúdico é moi importante en toda aprendizaxe.
O Currículo de Educación Primaria, dentro dos seus contidos, marca que o alumnado debe aprender a manexarse coas novas tecnoloxías: Búsqueda, selección, organización de información na rede; Manexo e tratamento de textos; Estratexias de acceso á información e traballo en rede; Recursos novas tecnoloxías; ...
Deberiamos entre todos concienciarnos e responsabilizarnos na medida na que a cada un lle toca, para ver en que forma debemos e podemos axudar e colaborar en que os nosos alumnos e alumnas, fillos e fillas, ... estén o mellor preparados posible para enfrentarse á Sociedade da Información e a Comunicación, que os espera ahí fora.
Seguro que podemos extraer algunha conclusión interesante das palabras de Francesc Pedró (Dtor. de Políticas Educativas e Desenvolvemento Docente da Unesco)

viernes, 23 de diciembre de 2016

O CALAMAR XIGANTE

Nome científico: Architeuthis
Consideradas criaturas míticas, son animais mariños de inmersión profunda, que acadan extraordinarias dimensións: recentes estimacións suxiren un máximo de 10 m para os machos e ata 14m para as femias. Especulouse sobre a existencia de exemplares de máis de 20 m de lonxitude e media tonelada de peso. Un dos maiores exemplares atopados foi unha femia de case 18m de largo, varado nunha praia de Nova Zelanda en 1887.
Os tentáculos, ubicados sobre a cabeza, chegan a medir de 2,5 a 6 veces a lonxitude do manto ao saco visceral e forman a maior parte da lonxitude corporal.
Lucía C.C. e Raúl C.B.
E non volo perdades... 
"Fotografían un calamar xigante vivo de 105 Kg na costa galega"
Clicade na imaxe para ler a nova

martes, 20 de diciembre de 2016

ARQUÍMEDES E O JUDO

Se lestes o blog da biblio, xa sabedes que a semana pasada visitáronnos dous entrenadores de Judo: Carlos e Adrián.
Pasámolo moi ben traballando con eles, pero, faláronnos dalgunhas cousiñas que tiñamos que investigar: Dos seus traxes, os agarres e o equilibrio, a forza e a enerxía, as palancas e os puntos de apoio, …
En concreto, topamos información moi interesante sobre os fundamentos das técnicas de Judo: Aproveitar a forza do contrario, aplicar a Lei da Palanca e lograr derríbalo aínda que a súa forza sexa maior.
Esta Lei da Física ten moitas aplicacións na práctica do Judo, xa sexa para proxectar, derribar, … buscando sempre o maior brazo de potencia, e dicir, aplicando a forza o máis lonxe do centro de gravidade ou do punto de apoio sobre o oponente ao realizar as distintas técnicas.

Lei da Palanca-Arquímedes S.III a. de C.: 
“Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo”

Pero,… non son estas as únicas Leis da Física que se poñen en marcha cada vez que aplicamos unha técnica en Judo: 
(facede clic se queredes saber un pouco máis)

E aquí uns grandes deportistas aplicando as Leis físicas de
 Arquímedes e Newton

Alumnado 5ºA

domingo, 18 de diciembre de 2016

A LENTE MÁIS PEQUENA DO MUNDO


Durante moito tempo, creuse que a luz, como tódalas ondas, non podía ser enfocada en espazos máis pequenos que a súa lonxitude de onda.

Agora, investigadores da Universidade de Cambridge, xunto co Centro de Física de Materiais de San Sebastian, crearon a lente de aumento máis pequena do mundo, que enfoca a luz mil millóns de veces máis estreitamente, ata a escala de átomos individuais.


Os resultados abren novas formas de estudar a interacción da luz coa materia, o que posibilitaría aplicacións todavía por definir.
Lucía Casal e Carla

viernes, 16 de diciembre de 2016

O CHOCO 2

Canto nos gustou o vídeo do Choco....!!!
Tanto, que algúns seguiron investigando e traballando sobre el.
"A este animal pódeselle chamar de distintos xeitos: choco, sepia, xibia ou cachón, ... É un molusco cefalópodo. Acada os 30-40 cm de lonxitude. A concha ten forma de culler.Vive nos fondos dos mares pouco profundos, xeralmente entre herbas acuáticas e algas.
Desprázase mediante unha ondulación progresiva dos pliegues lateriais do manto. Ás veces tamén recurre á enerxía reactiva, expulsando o aire da cavidade paleal polo tubo do embude.
Atópase entre as especies comestibles. Aliméntase de pequenos moluscos, caranguexos, camaróns, peixes e outros da súa mesma especie. Mastica grazas ao seu pico triturador, usado outras veces como defensa de último remedio.
Utilizan distintos efectos cromáticos. Por exemplo: poden mimetizarse. Tamén poden xerar un estampado móvil que se despraza en dirección contraria ao seu desprazamento, o que provoca a desorientación dos seus depredadores."
ANTÍA
CLICA NA IMAXE PARA VOLVER VER O VÍDEO

martes, 13 de diciembre de 2016

WQ: ECOSISTEMAS - Resultado final

Moi ben!, temos que mellorar a posta en escena..., pero o traballo, FANTÁSTICO! 
Noraboa chicos e chicas!

domingo, 11 de diciembre de 2016

TELESCOPIO HUBBLE

Moi ben! Boa investigación!
En Abril do 2015, a banda granadina Lori Meyers gravou este tema "Telescopio Hubble", en exclusiva para National Geographic Channel, con motivo dos 25 anos do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble.
Un pouco tarde, pero, ... 
Feliz Aniversario, Hubble!

Co lanzamento e posta en órbita deste telescopio o 24 de abril de 1990, por parte das axencias espaciais americana e europea (NASA e ESA), os científicos conseguiron eludir a distorsión da atmósfera, o que permitiu ver o Universo cunha claridade nunca lograda. Coas súas observacións, os astrónomos confirmaron a existencia de buratos negros, aclararon moitas das ideas do nacemento do Universo, revelaron novas galaxias, ...
Agora vemos o Universo con outros ollos!
Nebulosa do caranguexo (restos dunha Supernova)
Se queredes ver o noso Universo cos ollos do Hubble, facede clic na imaxe e vede algunha das súas incribles fotos.

jueves, 8 de diciembre de 2016

MÚSICA e CEREBRO

Todos sabemos que a música afecta ao noso estado de ánimo e provoca unha serie de sensacións. Pero, ... 
Sabemos como afecta a música ao noso CEREBRO?

En recentes estudos da Universidade de Florida, nos explican que a música desperta case tódalas zonas cerebrais, se cree incluso, que inflúe no desenvolvemento da intelixencia. Son moitos os beneficios que se lle outorgan, non en van, moitos dos xenios da nosa historia científica (Einstein), eran grandes apaixonados da música.
Pois, a desenvolver a intelixencia!!!
Aquí vos queda a canción (moi científica) : "Telescopio Hubble", interpretada pola banda granadina Lori Meyers. 
Seredes quen de averiguar...
 en homenaxe a que...
escribiron esta canción?


lunes, 5 de diciembre de 2016

"LENGUA" e "MARIPOSAS"

"A lingua das Bolboretas" é un relato realmente fermoso (e película despois) de Manuel Rivas que nos conta a relación dun neno co seu maestro, nun momento complicado da historia española.
E sin relación algunha, máis que polos protagonistas, estos grandísimos "Supercientíficos", que non só son "Super" nas Ciencias, fixeron este incrible traballo colaborativo sobre as bolboretas en resposta ao desafío que lles propuña o libro de "Lengua" e a súa Titora, a profe Tere. 
Extraordinario!

sábado, 3 de diciembre de 2016

1500 VIRUS OCULTOS EN MOSQUITOS E ARAÑAS

Un equipo de investigación internacional liderado dende Australia e China descubriron cerca de 1500 novos virus. O curioso non só é que o estudio amplía o catálogo de virus coñecidos, senón que tamén indica que éstos existiron durante miles de millóns de anos. 
A pesar de que algúns invertebrados portan virus que poden infectar aos seres humanos (como os mosquitos co Zika), os autores do estudio non consideran que estos virus representen un risco significativo, pero, tampouco pode descartarse por completo: "... Hai que ampliar a vixilancia de virus en invertebrados e a súa búsqueda para comprendelos mellor e predecir os posibles virus emerxentes. ..."
E agora, queredes ver como pica e nos chupa o sangue un mosquito? Prestade atención ao vídeo. 
A que non sabiades todo eso? Impresionantes estos mosquitos!
Andrea e Mara

jueves, 1 de diciembre de 2016

O UNIVERSO E O BIG BANG

Como se creou o UNIVERSO?
Segundo as teorías máis extendidas, o UNIVERSO  orixinouse hai uns 15.000 millóns de anos, debido a unha gran explosión de materia e enerxía, denominada BIG BANG, que provocou unha xigantesca nube de po e gas de elevada temperatura. Posteriormente esta inmensa nube foi enfriándose orixinando os diversos astros que forman o UNIVERSO. INCRIBLE!

E como saben os científicos que foi así?
Con múltiples experimentos, uns existosos e outros non tanto. Nalgúns deles recrearon o que puido ser a orixe de todo. 

Moi cerca de aquí, na fronteira suizofrancesa, temos o Acelerador de Hadróns LHC (Large Hadron Collider), construido a 100 m de profundidade, no que se realizan moitos destos experimentos. 

Neste acelerador de partículas fan que partículas subatómicas, afectadas por forzas nucleares fortes, (quarks, fermións, bosóns ou gluóns, protons e neutróns) aceleradas, choquen en sentidos opostos a case a velocidade da luz.

E agora intentade simular a gran expansión do Universo cun pequeno experimento. Clicade no enlace. Sorte! (Ollo...! co que provocades):