Mostrando entradas con la etiqueta flora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta flora. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de octubre de 2017

VISITA RÍO ALVEDOSA

O pasado martes 17 de outubro saímos de visita ao río Alvedosa. Observamos a flora e a fauna local da ribeira do río: árbores, arbustos, plantas, animaliños, rochas, auga, .... e por desgraza tamén o lixo.
Fixemos todo tipo de recollida de mostras, coas que agora temos que traballar; identificamos especies da vexetación da zona; e localizamos algunha que outra especie invasora.
Foi unha saída moi produtiva!!!
Seredes quen de identificalas tamén nas fotos?








Seguro que o conseguides....!!!

martes, 17 de octubre de 2017

FLORA E FAUNA DOS RÍOS GALEGOS

Traballando ao redor dos ecosistemas dos ríos, dámonos conta de que descoñecemos os elementos que os compoñen e rodean: Aves, insectos, peixes, anfibios, ...; árbores, arbustos, prantas, ... ; ... 
Aquí vos quedan dous enlaces onde poder consultar algúns destos seres vivos cos que convivimos máis do que cremos e que por desgraza son uns auténticos descoñecidos.


As follas dunha destas árbores de primeira liña dos ríos galegos, eran utilizadas polos peregrinos para calmar a dor dos pes, as chagas, as feridas, ... 
Saberedes de que árbore falamos?

martes, 10 de octubre de 2017

SALICORNIA 2

Salicornia: Planta carnosa ou suculenta, tamén chamada planta de San Pedro, espárrago de mar ou herba salgada. Crece en zonas salgadas como as salinas. Obtense cinza de sosa (carbonato de sodio- Na2CO3) o que a fai interesante para a fabricación de produtos como o xabón e o vidrio. Úsase como sustituto da sal común para sazonar platos e tamén medicinalmente polo seu alto contido en iodo e magnesio.

Sabemos que aquí, moi cerquiña de nós temos as "Salinas de Ulló", en Vilaboa, unha construción que se remonta ao S.XVII.

Pero, sabemos  se hai ou non salicornia nesta incrible paraxe? Vamos ter que ir comprobalo "in situ". Sacade moitas fotos, vídeos, ... e logo contrastamos a información.
Desfrutade do paseo! Hai moito máis que ver!

lunes, 9 de octubre de 2017

SALICORNIA

Cuns alumnos tan activos,curiosos e bos investigadores, non é de estrañar que tódolos días xurdan novas preguntas. Nestos últimos días, un compañeiro, Lois, falounos dunha planta chamada "Salicornia", que polo visto crece en entornos salinos, úsase como aderezo para salgar a comida e tamén se pode comer.


Coñecedes algún outro dato desta curiosa planta?
Sabedes se no noso entorno a temos?

sábado, 13 de mayo de 2017

FAUNA E FLORA DAS ILLAS CÍES

O arquipélago de Cíes posúe unha extraordinaria riqueza, tanto terrestre como mariña, en canto a vexetación e especies animais. Ademais de ofrecer diversos ecosistemas nos que florece unha vexetación moi variada, as Illas son internacionalmente  coñecidas por albergar importantes poboacións de aves mariñas, ademais de especies de aves non mariñas e doutras clases de vertebrados, especialmente de réptiles.

Facede CLIC na imaxe e iredes a unha web que vos explicara mais cousiñas sobre estas ILLAS

A especie máis abundante no parque natural é...
gaivota patiamarela.


ESPERO QUE VOS GUSTE!!
PAULA D. L. 5ºA