Mostrando entradas con la etiqueta fauna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fauna. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de octubre de 2017

FLORA E FAUNA DOS RÍOS GALEGOS

Traballando ao redor dos ecosistemas dos ríos, dámonos conta de que descoñecemos os elementos que os compoñen e rodean: Aves, insectos, peixes, anfibios, ...; árbores, arbustos, prantas, ... ; ... 
Aquí vos quedan dous enlaces onde poder consultar algúns destos seres vivos cos que convivimos máis do que cremos e que por desgraza son uns auténticos descoñecidos.


As follas dunha destas árbores de primeira liña dos ríos galegos, eran utilizadas polos peregrinos para calmar a dor dos pes, as chagas, as feridas, ... 
Saberedes de que árbore falamos?

sábado, 13 de mayo de 2017

FAUNA E FLORA DAS ILLAS CÍES

O arquipélago de Cíes posúe unha extraordinaria riqueza, tanto terrestre como mariña, en canto a vexetación e especies animais. Ademais de ofrecer diversos ecosistemas nos que florece unha vexetación moi variada, as Illas son internacionalmente  coñecidas por albergar importantes poboacións de aves mariñas, ademais de especies de aves non mariñas e doutras clases de vertebrados, especialmente de réptiles.

Facede CLIC na imaxe e iredes a unha web que vos explicara mais cousiñas sobre estas ILLAS

A especie máis abundante no parque natural é...
gaivota patiamarela.


ESPERO QUE VOS GUSTE!!
PAULA D. L. 5ºA

sábado, 6 de mayo de 2017

O DRAGÓN DE KOMODO

O DRAGÓN DE KOMODO
O dragón de Komodo, tamén chamado monstro de Komodo e varano de Komodo, é unha especie de saurópsido da familia dos varánidos, procedente  dalgunhas illas de Indonesia central. O seu nome científico é VARANUS KOMODOENIS. A lonxitude dun macho é de 2,6 metros, adulto, e a lonxitude dunha femia é de 2,3 metros, adulta. O dragón de Komodo pesa arredor de 70 kg, esta especie só come unha vez ao mes.
A pesar de que estos lagartos se aliméntan principalmente de carroña, tamén cazan e tenden emboscadas ás súas presas, mamíferos, aves e invertebrados. Ata agora pensábase que a mordedura do dragón de Komodo era infecciosa debido a unhas bacterias contidas na súa boca, pero un equipo descartou esa hipótese tras descubrir glándulas de veleno no cráneo do animal que provocan unha severa parálise a quen recibe unha mordedura deste animal.


ESPERO QUE VOS GUSTARA!!

Carla Carballido López 5ºA