Mostrando entradas con la etiqueta autoctono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autoctono. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de noviembre de 2017

LOBO IBÉRICO

Hoxe imos falar sobre o lobo ibérico que é o noso animal favorito e  un gran cazador en manada.
lobo ibérico (Canis lupus signatus) é unha subespecie de lobo (canis lupus) autóctona da Península Ibérica.
Aspecto
O seu tamaño é medio, algo máis pequeno que outros lobos europeos. De longo miden dende 130 ata 180 cm os machos, e dende 130 ata 160 cm as femias. A altura de cruz pode chegar aos 70 cm. Os machos adultos pesan xeralmente entre 30 e 40 kg, e as femias pesan de 20 a 35 kg.
Presentan testa grande e maciza, orellas triangulares relativamente pequenas e ollos oblicuos de cor amarelenta. O fociño presenta unhas manchas brancas nos belfos denominadas bigoteiras. A súa pelaxe é heteroxénea, de tal xeito que se describen unhas franxas lonxitudinais escuras ou negras cubrindo a parte anterior das súas dúas patas dianteiras, unha mancha escura ao longo da cola, e outra mancha escura ao redor da cruz á que se lle coñece como cadeira de montar. Os lobatos ao nacer presentan tons escuros uniformes.
Dieta

O lobo ibérico é un dos poucos grandes carnívoros que existen na península ibérica, e como depredador, aliméntase básicamente das presas que caza, grandes herbívoros e outros mamíferos de porte menor. O doutor Félix Rodríguez de la Fuente, realizou diferentes estudos para concretar a dieta do lobo ibérico, e segundo os resultados extraídos, esta podería estar composta por: grandes mamíferos (como corzos, muflóns, cervos ...) nun 35%, ovellas nun 24%, coellos nun 14%, ratos de campo nun 9%, prea nun 7%, réptiles e aves nun 5%, insectos e vexetais nun 4%, e outros carnívoros (coma raposos ou cans) nun 2%.

Fonte búsqueda: Galipedia

Antigamente, na nosa zona era habitual atopar lobos polo monte, pero, hoxe en día xa non os vemos tanto debido á persecución e caza indiscriminada deste animal, na crenza de que atacaba ao ser humano.
Anxo e Izan