viernes, 13 de julio de 2018

XOGANDO COA ROBÓTICA

Ao longo deste curso fostes vendo neste blog algúns dos traballos de programación robótica que fomos facendo: Code, Scratch, Mblock, xogos, labirintos, robot mbot, ... Oito artigos máis atrás tedes un resumo dalgunhas desas programacións realizadas. Agora vede máis de cerca as imaxes que acompañaron esos traballos...

lunes, 9 de julio de 2018

viernes, 6 de julio de 2018

INSECTOS NO COLE

Coleoptero Scarabaeidae
(Escaravello abella común)
Trichius zonatus, rosaceus ou fasciatus??


Coleóptero Cerambycidae
(escaravello avespa común)
Clytus Arietis

CHULÍSIMOS, A QUE SI??? 
 Eu nunca os vira...

sábado, 30 de junio de 2018

SEGUIMOS INVESTIGANDO???

E para que non vos olvidedes deso da investigación... aquí vos deixo dúas fotos de dous insectos que atopei no patio do colexio. 

Seredes quen de averiguar a que especies pertencen?

Insecto 1

Insecto 2
Ánimo!!

viernes, 29 de junio de 2018

CAMIÑO A SANTIAGO

E xa case para finalizar o curso, un pouco de historia, unha pequena visita á capital cultural da nosa autonomía, un pequeno tramo do camiño: dende o Monte do Gozo - ata a mesma Catedral.
Para rematar, pola tarde unha visita un pouco máis ecolóxica: As Dunas de Corrubedo. Onde atopamos un curioso espécimen e xogamos un pouquiño coa área da duna (coa que se podía...).

jueves, 28 de junio de 2018

FEIRA CIENTÍFICA 2018

Estamos que nos salimos!!! Este ano e por primeira vez celebramos no centro o "1º CONGRESO/FEIRA CIENTÍFICA". Como tema de fondo O REINO ANIMAL. 
A nós tocábanos stand. 
"Programar é fácil e divertido" 
foi o noso lema, pois levamos varios cursos adicando tempo e esforzos a traballar a robótica educativa.
Queredes ver o noso stand?

miércoles, 27 de junio de 2018

BRAZOS ROBÓTICOS

Que artistas! Durante o curso estos SUPERCIENTÍFICOS demostraron que non só saben de ciencia, ademais poñen en práctica todas as súas inquedanzas, son uns mecánicos de alucine e senón vede estos brazos e mans robóticas que se mandaron.

UN BO TRABALLO!!

domingo, 17 de junio de 2018

RESPOSTA: Pregunta 4

"KILAUEA"
Volcán en escudo, cumbre en caldeira. Os gases libéranse de forma tranquila e sen grandes explosións, aínda que si poden chegar a impulsar fontes de lava ata unha altura de 500 m. 
VOLCÁN HAWAINO moi xoven. A actual erupción remóntase a 1983, a máis longa da historia.

"VOLCÁN DE FUEGO"
Estratovolcán. Erupcións explosivas de gran altura e alcance. Magmas ricos en gases fríos e viscosos. Leva 16 anos en erupción. VOLCÁN ESTROMBOLIANO-VULCANIANO.

sábado, 16 de junio de 2018

SCRATCH vs MBLOCK

Aquí vos queda un pequeno documento con algunhas das actividades que fixemos este curso ao redor da programación en scratch e a robótica. Botádelle un vistazo e a ver que sodes capaces de facer agora. 
SORPRENDÉDEME!
Déixovos tamén aquí as ligazóns ás programacións e xogos que temos no blog:

lunes, 11 de junio de 2018

viernes, 8 de junio de 2018

PREGUNTA 4

Segundo o tipo de erupción, os volcáns poden clasificarse en: Hawaianos, Estrombolianos, Vulcanianos, Peleanos, Plinianos, Krakatoanos, de Surtseyan. 
Seredes quen de averiguar a que tipo pertencen tanto o Kilauea e como Volcan de "Fuego" e por que?

martes, 5 de junio de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 7

-SEGUEN AS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS, AGORA EN GUATEMALA


-CASCO CON TECNOLOXÍA LASER QUE PROMETE POÑER FIN Á CALVICIE

domingo, 3 de junio de 2018

CIENCIA EN MOVEMENTO: ACROSPORT

Un traballo físico incrible. A mellora foi extraordinaria, pero sobre todo, a colaboración, a participación, a implicación, ... 
FANTÁSTICO!!!

viernes, 25 de mayo de 2018

LABIRINTOS EN SCRATCH

E xogando, xogando, ... e aprendendo, aprendendo, ... Fixemos tamén un pequeno e sinxelo labirinto.
Seredes quen de facer que o noso amiguiño chegue á meta?
Animo! Non parece tan difícil, non si?


Como foi a cousa? Conseguístelo?

lunes, 21 de mayo de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 6

SEISMOS EN PONTEVEDRA

  • Pontevedra sacudida por 32 terremotos en 12 horas.
  • Foron de baixa magnitude (ata 3.1), apenas perceptibles e sen causar danos.
  • Pontecaldelas, Pontevedra e Vilaboa foron os epicentros dos seismos.


ERUPCIÓN EXPLOSIVA NO KILAUEA (HAWAI)

  • O volcán Kilauea entrou en erupción o pasado 3 de maio, tras varios días de rexistrarse terremotos de ata magnitude 5.0 na zona.
  • A magnitude das sucesivas erupcións do volcán dende principios de mes é tal que a lava negra que cubriu grandes partes da illa poden apreciarse dende o espazo.
  • Lévanse producidas varias grandes explosións de ata 9 Km de altura nalgunhas das múltiples fisuras que se están a producir no cráter.
  • Evacuáronse máis de 2000 persoas. A falta de ventos, a lava e a emisión de gases, está a supoñer un gran perigo para a poboación.


TREN DE LEVITACIÓN MAGNÉTICA

  • O MAGLEV (magnetic levitation) funciona a través dun sistema de levitación magnética que usa motores lineais instalados cerca dos railes. O campo magnético permite que o tren se eleve ata 10 cm, eliminando o contacto, sendo o aire o único elemento de rozamento, favorecendo a velocidade.
  • A maior velocidade acadada ata o momento foi de 603 Km/h na ruta Yamanashi (Xapón), o 21 de abril de 2015.

viernes, 11 de mayo de 2018

PREGUNTA 3

ESPECIE ANIMAL EXTINTA NOS ÚLTIMOS 40 ANOS QUE TRAGABA OS SEUS OVOS, OS INCUBABA NO SEU ESTÓMAGO, PARA EXPULSAR ÁS SÚAS CRÍAS POLA BOCA UNHA VEZ DESENVOLTAS.
DE QUE ESPECIE ANIMAL FALAMOS?

lunes, 7 de mayo de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 5

  • A CONTAMINACIÓN AMBIENTAL TAMÉN DANA AOS ANIMAIS
-A natureza é un todo armonioso, calquera alteración nun dos seus compoñentes, afecta ao equilibrio ecolóxico.
-A destrución do habitat dunha ou varias especies é sen dúbida a principal ameaza que enfrontan a maioría dos animais do noso planeta.
-A alteración do entorno, altera gravemente o seu organismo así como a cadena alimenticia de moitas especies.
-Lixo, plaguicidas, incendios, tala indiscriminada,  pesticidas, erosión por construción, axentes tóxicos, .... están a producir danos irrecuperables: EXTINCIÓN dalgunhas especies, ...



  • A MAIOR EXPOSICIÓN SOBRE A FIGURA HISTÓRICA DO TENENTE XERAL "BLAS DE LEZO"
-Terá lugar do 21 de maio ao 15 de xuño, na nave "El Tinglado", no porto de Vigo.
-A mostra contará con a lo menos 100 pezas entre cadros, traxes, maquetas, documentos ou esculturas.
-Militar e estratega, saiu invicto das 28 batallas nas que participou.
-Con 25 anos, xa coxo, cun só ollo e manco, provocou a peor derrota do exército inglés na batalla de Cartaxena de Indias, en 1741.

domingo, 6 de mayo de 2018

RESPOSTA: Pregunta 2

2. CANTAS VOLTAS DA A EEI, NUN DÍA, AO REDOR DA TERRA?
OU
CANTAS VECES AO DÍA SAE O SOL NA EEI?

Case 16
15
A EEI orbita a 360 km da superficie terrestre, a uns 27.750 km/h. Da case 16 voltas ao redor da terra nun día. Os astronautas que alí traballan, ven amencer 15 veces en 24 horas.

FANTÁSTICO!!!

lunes, 30 de abril de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 4


  • O CEREBRO HUMANO ESTÁ ENCOLLENDO???
- O cerebro humano encolleu o seu tamaño nos últimos 30.000 anos ao redor dun 10%.
- Parece ser que canto máis músculo, máis materia gris fai falla para controlar o corpo.
- O home de Neanderthal, máis corpulento, tiña un cerebro maior.
- Segundo o profesor David Geary, estudioso do cerebro humano ao longo da evolución: "... o tamaño do cerebro disminúe ao aumentar a densidade de poboación, .... , os individuos xa non necesitan ser tan intelixentes para sobrevivir, os demais os axudan".

  • O ANIMAL MÁIS LONGO DO MUNDO
-O record oficial o ten o gusano mariño, tamén chamado cordón de bota (Lineus Longissimus), cunha medición de 1864 de 55 m.
-Ten cor marrón e mide tan só 5 mm de ancho.
-Viven en augas frías, lonxe das corrientes.
-Producen neurotoxinas que poden matar cucarachas e caranguexos, polo que se estudan para a súa utilización en insecticidas.
-Actualmente estos gusanos miden ao redor de 5-10 m.
-No ano 2006 o Dr. Junoy atopou un destos gusanos nas Illas Cíes que medía sobre uns 30 m.
-Hai outros animais que tamén compiten por ser os máis longos: Pitóns (8 m); balea azul (30 m); medusa melena de león ártica (60 m); 

viernes, 27 de abril de 2018

PREGUNTA 2

2. O PASADO DÍA 20, VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA ASISTIR AO STEMLAB. O INVITADO DE HONRA ERA PEDRO DUQUE. DURANTE A INAUGURACIÓN DO EVENTO, PEDRO DUQUE MENCIONOU VARIOS DATOS RELACIONADOS COA ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL(EEI), NA QUE EL ESTIVO. EN CONCRETO, FALOU DO NÚMERO DE VECES QUE VÍA AMENCER CADA DÍA.

CANTAS VOLTAS DA A EEI AO REDOR DA TERRA NUN DÍA?

jueves, 26 de abril de 2018

STEMLAB GALICIA

Este pasado venres 20 de abril visitamos en Santiago de Compostela a maior Feira Científica educativa da nosa comunidade:

STEMLAB GALICIA
Encantáronnos as actividades que propoñían os distintos coles.



En moitas das experiencias sentiamonos como na casa.

Como invitado principal do evento viu PEDRO DUQUE.

Os nosos compañeiros de 5ºB participaron nun dos estands, como tamén fixeron en Galiciencia.

En definitiva, gustounos moito, pero,... tivemos moi pouquiño tempo para disfrutala.
A ver se na próxima, podemos ser parte activa da mesma.

martes, 24 de abril de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 3


  • PODEN AS BACTERIAS CURAR ENFERMIDADES?
-Hai bacterias "boas", tamén chamadas probióticas.
-Melloran a saúde e o tránsito intestinal.
-Nalgúns casos estimulan a inmunidade e protexen de alerxias.
-Noutros casos, elevan o colesterol bo e regulan a glucosa en sangue, previndo así problemas cardiovasculares.
-A "Clostridium Botulinum", bacteria causante do "botulismo", parece ser útil, ademais de para previr arrugas, en tratamentos de enfermidades neuromusculares.

  • ESTUDOS RECENTES AFIRMAN QUE UN ORGASMO PODE CURAR ENFERMIDADES
-B. Komisaruk, neurocientífico americano, comezou os seus estudios hai máis de 30 anos, co fin de mitigar a dor na súa muller que padecía de cancer.
-O climax sexual ten un poderoso efecto como bloqueador da dor.

domingo, 22 de abril de 2018

RESPOSTA: Pregunta 1

1. QUE SUBSTANCIA LIBERA O NOSO CORPO AO CHEGAR A NOITE PARA PRODUCIR SOMNOLENCIA E PROVOCAR O SONO?
MELATONINA


FANTÁSTICO!

lunes, 16 de abril de 2018

NOVAS CIENTÍFICAS 2

  • Pedro Duque, Quen é?
-Pedro Duque Duque é enxeñeiro aeronáutico.
-Actualmente traballa na Axencia Espacial Europea (ESA) na revisión de proxectos futuros de misións tripuladas
-Participou dos seguintes vós espaciais: STS-95 a bordo do Discóvery (1998); Cervantes, a bordo da Soyuz TMA e estación espacial.
-Este pasado venres 20 de abril, estivo en Santiago de Compostela na Feira Científica STEMLAB.

  • A crecida do río Ebro
-Numerosos municipios en alerta pola crecida dos ríos da conca do Ebro.
-Campos, granxas e animais sufren as inundacións.

  • Armas biolóxicas en Siria?
-Sete anos de guerra civil en Siria.
-A lo menos 70 persoas morreron e outras 200 quedaron feridas, nun ataque no que presuntamente se utilizaron armas químicas.
-O goberno turco, tras practicar autopsias a tres fos falecidos, afirman que estiveron expostos a "Gas Sarín".
-A ONU xa concluiu que o réxime de Asad xa utilizou armas químicas contra a poboación siria en 2014 e 2015.
  • A UE e os residuos plásticos
-A capacidade para reciclar plásticos aumentou significativamente nos últimos anos.
-Nos supermercados e centros comerciais de Berlín (Alemaña) hai máquinas de reciclaxe nas que, se se introduce unha botella de plástico baleira, devolve 25 céntimos a gastar no establecemento.

viernes, 13 de abril de 2018

PREGUNTA 1

1. QUE SUBSTANCIA LIBERA O NOSO CORPO AO CHEGAR A NOITE PARA PRODUCIR SOMNOLENCIA E PROVOCAR O SONO?

martes, 10 de abril de 2018

NOVAS CIENTIFICAS 1

(Para saber máis sobre estas novas ler os comentarios ao final)
  • - O CAMPESIÑO VIETNAMITA QUE DI NON DURMIR DENDE 1975.
-Hai Ngoc, que así se chama o campesiño, di que leva dende 1975 sen durmir.
-Hai outros casos: un soldado húngaro ferido na cabeza, na primeira guerra mundial, din que non voltou durmir.
-Segundo a ciencia é imposible aguantar máis duns días sen durmir.
-Unha posible explicación é que durma microsiestas duns poucos minutos cos ollos abertos e sen ser consciente.


  • - CAE UNHA REDE DE VENTA DE FÁRMACOS ILEGAIS.
-Varias redes e organizacións adicadas á importación, exportación, fabricación e distribución de medicinas ilegais están sendo desarticuladas.
-Moitas destas redes traballan a través de Internet. Venden produtos relacionados con enfermidades como a leucemia, o cancro, a disfunción eréctil, a pérdida de peso, ... sen pasar ningún control de calidade ou supervisión sanitaria.

sábado, 24 de marzo de 2018

DISTINTOS MODELOS BRAZOS ROBÓTICOS

Queriamos fusionar a idea da robótica co tema dos animais, ...
Ocórresevos como?

BRAZO ELECTRÓNICO

BRAZO HIDRAULICO RECICLADO


MAN ROBÓTICA RECICLADA


MAN ROBÓTICA CASEIRA


Hai moitas outras posibilidades. 
Buscade unha que vos guste e ao ataque.

Quen a sigue, seguro que a consigue!!!!

miércoles, 14 de marzo de 2018

FALANDO DE SERPES EN PRIMEIRO

Os nosos expertos en serpes visitaron os dous grupos de primeiro para explicarlles polo miudo algunhas das diferencias entre serpes velenosas e culebras, e en concreto ensinarlles a nosa culebra bastarda, a que topamos no camiño de Reboreda.




Encántanos compartir o que vamos aprendendo!!

Enlaces a anteriores artigos sobre a nosa culebra:


jueves, 8 de marzo de 2018

"LAS CHICAS SON DE CIENCIAS"

Ás veces, cando lemos un libro de historia, parece que as mulleres, non formaran parte dela. Pese a quen non son moi habituais nos libros de texto, son moitas as mulleres, que ao longo da historia, contribuiron de xeito importante á evolución da nosa sociedade. Dende Agnódice, a primeira médica coñecida da historia; ata Rosalind Franklin, a química que descubriu a estructura do ADN; pasando por Vera Rubin, a astrónoma que viu o que ninguén máis vía; ...
"Las chicas son de Ciencias" é o título dun libro moi interesante, no que os autores nos contan que as ciencias, non son só cousa de homes e que as mulleres deixaron tamén a súa pegada na historia da humanidade.
Poderedes atopar ata 25 supercientíficas que cambiaron o mundo, e demostraron que ....



E vós,...


De que sodes, que é o que vos gusta?

Que mulleres científicas coñecedes?

sábado, 3 de marzo de 2018

CHARLA PROXECTO ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Este martes 27 de febreiro tivemos a charla coas familias que se solicitaba no Proxecto de Robótica. Fernando Coladas foi o noso relator, o mesmo que nos imparte as horas de formación aos profes.
Durante a charla foi comentándonos o implacable avance da tecnoloxía, a presenza que xa ten nas nosas vidas, o futuro que nos espera, para acabar cun animado debate.

Si realmente o fin último da educación é preparar aos nos@s nen@s para a sociedade na que viven... 

Que debe transmitir, ensinar, ... a escola?

Que habilidades, destrezas, ferramentas, contidos,... farán competentes ao noso alumnado para esa sociedade, que todavía non sabemos, nos espera?

Deixámosvos un artigo anterior, onde se valora o labor das novas tecnoloxías na educación, cun vídeo moi interesante:
AS TIC´S NA EDUCACIÓN

O que si parece estar claro é que a robótica é en si mesma un desafío cognitivo. Permite experimentar a aplicación práctica de diferentes conceptos de física, matemáticas, tecnoloxía, enriquecendo e facilitando a aprendizaxe de moi distintos contidos curriculares.
Cal é a vosa opinión ao respecto?

miércoles, 28 de febrero de 2018

BALONCESTO CIENTÍFICO


Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!
Ao rematar sortearon 2 camisetas do club (unha tocoulle a Iván) e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.

FANTÁSTICO!
ENCANTOUNOS A VISITA!
ENCANTOUNOS XOGAR CON ELAS!
ENCANTOUNOS IR VER O PARTIDO!
Foi unha experiencia xenial!
Gustaríanos voltar coincidir con elas....
Sorte na liga!
ALUMN@S 6ºA

martes, 20 de febrero de 2018

Visita: UNIMATE ROBÓTICA

Incrible visita!!!
Temos que darlle as grazas a Cástor, e a Luis que nos puxo en contacto, por ofrecernos a posibilidade desta gran experiencia. 
Coñecimos de cerca o funcionamento dunha empresa, neste caso relacionada coa xestión e automatización de procesos; manexamos brazos robóticos; explicaronnos pequenas cousiñas ao redor da programación, dos sistemas de seguridade, ... Vamos que aprendimos un montón. 
Por enriba tivemos uns mestres estupendos. Grazas Cástor, Roberto, Jesús e Jose. E ata a próxima! Por que, gústanos tanto a robótica que, o mesmo nun futuro traballamos xuntos nalgunha empresa.



E recordades o vídeo do brazo robótico que nos ensinou Cástor, que tanto nos gustou?
Aquí vos queda o enlace:
BRAZO ROBÓTICO ELECTRÓNICO CASERO

Seredes quen de facer algo similar ou parecido?....

jueves, 15 de febrero de 2018

SAÍDA ROBÓTICA

Tanto traballar con Robots, xa nos entraba curiosidade de que aplicacións prácticas tiñan na vida real.
Mañá venres, 16 de febreiro, vamos ir a unha empresa de Robótica Industrial: UNIMATE ROBÓTICA.
Deixámosvos o enlace á súa páxina para que curioseedes un pouquiño.

Tentaremos aprender un montón. 
Xa vos contaremos.

lunes, 12 de febrero de 2018

LUNS: NOVAS CIENTÍFICAS

Hoxe é luns e como tal toca: NOVAS CIENTÍFICAS. 
Aquí vos deixo algunhas novas que podemos comentar:
- Deterxentes ecolóxicos: Segundo estudios de investigación alemáns, bacterias polares que sobreviven en condicións de frío extremo, con pouca auga líquida e alta radiación ultravioleta, poderían servir para producir deterxentes "ecolóxicos" e "biocombustibles".
- Colibrí: Segundo estudios internacionais, estas aves deben a súa destreza á súa potencia muscular, ao tamaño das súas ás e a súa habilidade. Sabedes que poden bater as ás 30 veces por segundo?

Que vos parece? 
E vós ... escoitastes, lestes, vistes, ... algo interesante estos días?

sábado, 3 de febrero de 2018

QUE LÚA!!!

Durante esta pasada semana falamos, como non podía ser doutro xeito, do cúmulo de lúas que aconteceron do martes 30 ao mércores 31: SUPERLÚA, LÚA AZUL, LÚA DE SANGUE E ECLIPSE DE LÚA. Unha coincidencia que non se daba dende hai 150 anos. Pero, non tiñamos claro o que era cada unha delas. 
O eclipse e a superlúa, hai pouco que falamos deles. Neste ECLIPSE en concreto, o Sol, a Terra , e a lúa, alíñanse, dando lugar a un eclipse total de lúa.

A SUPERLÚA ocorre cando o punto máis cercano da órbita da lúa ao redor da terra (perigeo), coincide cunha lúa chea, o que fai que se vexa sobre un 10 ou 15% máis grande.


LÚA AZUL chámaselle á segunda lúa chea dun mesmo mes.
A LÚA DE SANGUE é debida a que durante o eclipse a atmosfera da terra filtra a luz azul e verde dos raios solares, mentras que deixa pasar a luz vermella.
Unha pena que na nosa latitude non nos puideramos deleitar con todo o explendor destos acontecementos...
Sabedes se temos, neste 2018, no noso territorio, a posibilidade de ver directamente algún acontecemento astronómico similar ou parecido? 

martes, 30 de enero de 2018

ESENCIA ANIMAL 2

Solucionada a dúbida: Ambar gris e almizcle.


AMBAR GRIS: Secreción producida polo cachalote, cerosa e inflamable de olor dulzón. Moi apreciado en perfumería na fixación dos aromas. (ver wikipedia )
ALMIZCLE: Secreción producida nunha glándula dalgúns animais como o cervo almizclero, moi apreciada tamén en perfumería. (ver wikipedia )

Algunha curiosidade:

viernes, 26 de enero de 2018

ESENCIA ANIMAL

Na nosa sección de novas científicas, saiu o tema dos perfumes e as substancias que se utilizan na súa elaboración.
E unha gran dúbida nos corroe... 
Que segregan os cachalotes que se poida empregar en perfumería?

e os cervos almizcleros?

Que,... averigüástelo?

miércoles, 24 de enero de 2018

coñecendo SCRATCH

Seguro que xa sabedes que con scratch se poden facer moitas cousiñas,....
Xogos

Repaso


Medio ambiente, Felicitacións, Titoriais, ... e moito máis.
MOITAS GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORAN E APORTAN O SEU TRABALLO!!!!

sábado, 13 de enero de 2018

UN INSECTO NO PATIO

O certo é que a natureza está chea de animaliños, e cando nos fixamos e observamos con calma, os vemos. En concreto, parece ser, que máis dun 90% de formas de vida do noso planeta, son insectos. 
Onte á entrada, ben cediño, os nen@s toparon este pequeno insecto no patio (ver imaxe). Ao que máis e ao que menos, lles costaba collelo, tocalo, ... pero, sentiron curiosidade, querían saber que tipo de animaliño era, que especie, ... 
SEREDES QUEN DE DESCUBRILO?



















Aquí vos quedan algunhas páxinas interesantes onde poder buscar. Si atopades algunha outra, comunicádeo.


martes, 9 de enero de 2018

Exposición RAPOSO


Para finalizar o 1º trimestre, fixemos unha actividade ao redor dos animais das distintas aulas.  O noso era o RAPOSO, e ademais de ofrecer información sobre as súas características, alimentación, habitat, ... interpretamos un pequeno poema e fixemos un pouco de origami co noso público. 
Unha actividade moi interesante!!!


E vós, de que animaliño fostes ver a exposición, que foi o que máis vos gustou??

jueves, 4 de enero de 2018

"DA VINCI: A EXPOSICIÓN"

Supoño que como bos "Exploradores" e "Supercientíficos" que sodes xa estaredes enterados da exposición de LEONARDO DA VINCI que hai en Vigo.

Seguro que recordades ao gran LEONARDO: escultor, pintor, arquitecto, científico, enxeñeiro, inventor, anatomista, médico, .... un home do "RENACEMENTO". 
Pois dende o 1 de Decembro e ata o 4 de Marzo temos a sorte de poder contar coa que din é a exposición máis extensa e mellor coidada sobre este xenio da historia. Réplicas, reproducións, maquetas, .... dos seus escritos, cadros, deseños e inventos, ... unha exposición interactiva, didáctica e entretida. 
Na nave "El Tinglado", no porto de Vigo (ao lado do edificio da Xunta). Os luns está pechado.
Para ir facendo boca, aquí vos deixo este enlace ao vídeo de FV da exposición:

Xa nos contaredes!!!

lunes, 1 de enero de 2018

MONTAXE DO MBOT

FELIZ 2018!!!
Así nos foi...



E agora que?
Pensastes xa nas posibilidades que ten o noso chulísimo robot?