domingo, 29 de enero de 2017

viernes, 27 de enero de 2017

NOVAS CIENCIA 1

Ciencia!
Todo o que nos rodea é Ciencia.
Investigacións mariñas, Universo, desastres atmosféricos, sobreexplotación,... Estas son algunhas das cousiñas que nos preocupan e tentaremos contárvolas nos nosos noticieiros quincenais.
E a vós que vos preocupa?

jueves, 26 de enero de 2017

POR QUE CHORAMOS AO CORTAR CEBOLA?


Sabemos que a cebola é una fonte rica en:
  • Vitaminas : B3, B6, C, E, ... .
  • Minerais: Potasio, calcio, magnesio.
  • Proteínas, .... 

Ademais é un alimento eficaz contra innumerables problemiñas de saúde.
Pero, cando nos poñemos a cortala, parece imposible non poñernos a chorar. 
Por que nos pasa esto?
Segundo nos din estos fantásticos investigadores parece ser que cando cortamos cebola producimos roturas celulares que permiten a un enzima chamado ALINASA entrar en contacto cunha molécula inodora presente no interior. Esta combinación, produce unha reacción química, que xera certas moléculas volátiles, entre elas o propanotial que, ao penetrar no ollo, en contacto co seu líquido, provoca irritación ocular e lacrimeo. Tamén o ácido sulfúrico que produce contribúe a danar a membrana conxuntiva.
Posibles remedios: 

  • Cortar a cebola debaixo ou cerca do grifo de auga fría aberto. Os compostos volátiles producidos na reacción química disólvense en contacto coa auga antes de chegar aos ollos. 
  • Conxelar a cebola durante uns 10 minutos antes de cortala. A fría temperatura ralentizará a reacción que da lugar ás substancias volátiles que nos fan chorar.

martes, 24 de enero de 2017

COMO FUNCIONAN OS NOSOS SENTIDOS?



Os órganos dos sentidos permitennos percibir os estímulos do medio no que vivimos e reaccionar ante eles.

Aquí vos quedan uns pequenos vídeos sobre os nosos sentidos, os seus órganos, as súas partes e una explicación sinxela de como funcionan (Eduteca):




lunes, 23 de enero de 2017

O RÍO MÁIS LONGO... de España (2)

Concretemos a pregunta...
    1. Cal é o río con máis Km en territorio español?
                  -Ebro - 930 Km
                  -Tajo - 815 Km

    2. Cal é o río máis longo que pasa por España?
                  -Tajo - 1007 km
                  -Ebro - 930 km
E remítovos á resposta de Paula:
"Os ríos máis longos de España son o Ebro e o Tajo.O río Ebro é o que ten máis lonxitude se contamos só a súa extensión en España. O río Tajo é o máis extenso da Península Ibérica. O Río Ebro ten unha lonxitude total de 930 Km. A súa conca hidrográfica é a máis extensa de España, cunha superficie de 80.093 Km2. Atravesa sete comunidades autónomas: Cantabria, Castela e León, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña.

viernes, 20 de enero de 2017

O RÍO MÁIS LONGO... de España

Falando de xeografía e de ríos plantexousenos unha gran dúbida, ...
Cal é o río máis longo do noso país, España?

Vendo o mapa podería parecer evidente, pero, ...
Xa sabedes a resposta?

miércoles, 18 de enero de 2017

MAPAS 3: RELEVO

No seguinte enlace toparedes distintos tipos de mapas, escollede o máis axeitado para repasar o que precisedes.

Recordade que temos máis mapas nos laterais.

lunes, 16 de enero de 2017

TAUMATROPO

Pero, .... Que nome é ese? 
Que é un taumatropo?
O taumatropo é un xoguete óptico que se emprega para producir sensación de movemento nas imaxes. Consiste nun disco con dúas imaxes, unha en cada unha das súas caras. En cada extremo poñemos cordón ou gomas elásticas, e facémolo xirar a toda velocidade. 
Como facer un taumatropo
Incrible, dúas imaxes, que parecen unha!!!!

E ... Por que sucede esto?
Por que parecen unha soa imaxe?
Creese que a persistencia retiniana é o fenómeno causante de que apreciemos axeitadamente o movemento. Segundo esta teoría, as imaxes que vemos permanecen na nosa retina unha décima de segundo antes de desaparecer por completo. Por iso, aínda que en principio vexamos imaxes de forma independiente, tras presentarse de modo sucesivo, dannos sensación de continuidade, movemento, globalidade.
(Hoxe en día esta teoría está sendo cuestionada, teremos que averiguar que creen os científicos que pasa).

Fostes quen de facelo?
Conseguistes facelo xirar a toda velocidade?
Creastes algúnha composición de imaxes propia superorixinal?

Sabiades que...


  • Este artiluxio é considerado un dos precursores do cine?
  • Recentes investigacións suxiren que xa no paleolítico facían xoguetes similares?

martes, 10 de enero de 2017

TAMÉN XOGAMOS COS MAPAS

Comezamos coa xeografía, e aínda que é moi chula, son moitos conceptos, moitos nomes, ... vamos, que pouquiño a pouco.
Para comezar ... 
AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Seredes quen de acertalas máis rápido ca ninguén?
Aquí vos queda un enlace, que á súa vez ten moitos enlaces a distintos mapas con distintos xogos. A ver se sodes capaces de bater algún record ....
Facede clic na imaxe


Recordade que no lateral esquerdo, en actividades interactivas, tedes máis mapas, e no lateral dereito, no apartado de xeografía tamén.

lunes, 2 de enero de 2017

LINGUAXE COMPUTACIONAL

E agora de Agasallo de Reis....
Recordades o xogo dos Angry Birds ao que xogastes cos Apolos? Aquí vos deixo o enlace para que poidades ir practicando. Vede o vídeo e comezade a xogar.



Ánimo! Seguro que o conseguides á primeira!

E para cando rematedes, deixovos tamén o resto de etapas do curso 1. A medida que avanzades nas etapas vaise complicando o tema da programación. Xa me contaredes...