Ao longo deste curso fostes vendo neste blog algúns dos traballos de programación robótica que fomos facendo: Code, Scratch, Mblock, xogos, labirintos, robot mbot, ... Oito artigos máis atrás tedes un resumo dalgunhas desas programacións realizadas. Agora vede máis de cerca as imaxes que acompañaron esos traballos...
Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de julio de 2018
lunes, 9 de julio de 2018
QUE ANDADES FACENDO?? EXPERIMENTANDO....?
Por aquí quedamos..., recordades?
E vós que andades facendo?
Fixestes algún novo descubrimento?
jueves, 28 de junio de 2018
FEIRA CIENTÍFICA 2018
Estamos que nos salimos!!! Este ano e por primeira vez celebramos no centro o "1º CONGRESO/FEIRA CIENTÍFICA". Como tema de fondo O REINO ANIMAL.
A nós tocábanos stand.
"Programar é fácil e divertido"
foi o noso lema, pois levamos varios cursos adicando tempo e esforzos a traballar a robótica educativa.
Queredes ver o noso stand?
Queredes ver o noso stand?
miércoles, 27 de junio de 2018
BRAZOS ROBÓTICOS
Que artistas! Durante o curso estos SUPERCIENTÍFICOS demostraron que non só saben de ciencia, ademais poñen en práctica todas as súas inquedanzas, son uns mecánicos de alucine e senón vede estos brazos e mans robóticas que se mandaron.
UN BO TRABALLO!!
sábado, 16 de junio de 2018
SCRATCH vs MBLOCK
Aquí vos queda un pequeno documento con algunhas das actividades que fixemos este curso ao redor da programación en scratch e a robótica. Botádelle un vistazo e a ver que sodes capaces de facer agora.
SORPRENDÉDEME!
Déixovos tamén aquí as ligazóns ás programacións e xogos que temos no blog:
viernes, 25 de mayo de 2018
LABIRINTOS EN SCRATCH
E xogando, xogando, ... e aprendendo, aprendendo, ... Fixemos tamén un pequeno e sinxelo labirinto.
Seredes quen de facer que o noso amiguiño chegue á meta?
Animo! Non parece tan difícil, non si?
Como foi a cousa? Conseguístelo?
jueves, 26 de abril de 2018
STEMLAB GALICIA
Este pasado venres 20 de abril visitamos en Santiago de Compostela a maior Feira Científica educativa da nosa comunidade:
STEMLAB GALICIA
Encantáronnos as actividades que propoñían os distintos coles.
En moitas das experiencias sentiamonos como na casa.
Como invitado principal do evento viu PEDRO DUQUE.
Os nosos compañeiros de 5ºB participaron nun dos estands, como tamén fixeron en Galiciencia.
En definitiva, gustounos moito, pero,... tivemos moi pouquiño tempo para disfrutala.
A ver se na próxima, podemos ser parte activa da mesma.
sábado, 24 de marzo de 2018
DISTINTOS MODELOS BRAZOS ROBÓTICOS
Queriamos fusionar a idea da robótica co tema dos animais, ...
Ocórresevos como?
BRAZO HIDRAULICO RECICLADO
MAN ROBÓTICA RECICLADA
MAN ROBÓTICA CASEIRA
Hai moitas outras posibilidades.
Buscade unha que vos guste e ao ataque.
Quen a sigue, seguro que a consigue!!!!
sábado, 3 de marzo de 2018
CHARLA PROXECTO ROBÓTICA COAS FAMILIAS
Este martes 27 de febreiro tivemos a charla coas familias que se solicitaba no Proxecto de Robótica. Fernando Coladas foi o noso relator, o mesmo que nos imparte as horas de formación aos profes.
Durante a charla foi comentándonos o implacable avance da tecnoloxía, a presenza que xa ten nas nosas vidas, o futuro que nos espera, para acabar cun animado debate.
Si realmente o fin último da educación é preparar aos nos@s nen@s para a sociedade na que viven...
Que debe transmitir, ensinar, ... a escola?
Que habilidades, destrezas, ferramentas, contidos,... farán competentes ao noso alumnado para esa sociedade, que todavía non sabemos, nos espera?
Deixámosvos un artigo anterior, onde se valora o labor das novas tecnoloxías na educación, cun vídeo moi interesante:
AS TIC´S NA EDUCACIÓN
O que si parece estar claro é que a robótica é en si mesma un desafío cognitivo. Permite experimentar a aplicación práctica de diferentes conceptos de física, matemáticas, tecnoloxía, enriquecendo e facilitando a aprendizaxe de moi distintos contidos curriculares.
Cal é a vosa opinión ao respecto?
martes, 20 de febrero de 2018
Visita: UNIMATE ROBÓTICA
Incrible visita!!!
Temos que darlle as grazas a Cástor, e a Luis que nos puxo en contacto, por ofrecernos a posibilidade desta gran experiencia.
Coñecimos de cerca o funcionamento dunha empresa, neste caso relacionada coa xestión e automatización de procesos; manexamos brazos robóticos; explicaronnos pequenas cousiñas ao redor da programación, dos sistemas de seguridade, ... Vamos que aprendimos un montón.
Por enriba tivemos uns mestres estupendos. Grazas Cástor, Roberto, Jesús e Jose. E ata a próxima! Por que, gústanos tanto a robótica que, o mesmo nun futuro traballamos xuntos nalgunha empresa.
Coñecimos de cerca o funcionamento dunha empresa, neste caso relacionada coa xestión e automatización de procesos; manexamos brazos robóticos; explicaronnos pequenas cousiñas ao redor da programación, dos sistemas de seguridade, ... Vamos que aprendimos un montón.
Por enriba tivemos uns mestres estupendos. Grazas Cástor, Roberto, Jesús e Jose. E ata a próxima! Por que, gústanos tanto a robótica que, o mesmo nun futuro traballamos xuntos nalgunha empresa.
E recordades o vídeo do brazo robótico que nos ensinou Cástor, que tanto nos gustou?
Aquí vos queda o enlace:
BRAZO ROBÓTICO ELECTRÓNICO CASERO
Seredes quen de facer algo similar ou parecido?....
sábado, 17 de febrero de 2018
miércoles, 24 de enero de 2018
coñecendo SCRATCH
Seguro que xa sabedes que con scratch se poden facer moitas cousiñas,....
Xogos
Repaso
Medio ambiente, Felicitacións, Titoriais, ... e moito máis.
MOITAS GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORAN E APORTAN O SEU TRABALLO!!!!
lunes, 1 de enero de 2018
MONTAXE DO MBOT
FELIZ 2018!!!
Así nos foi...E agora que?
Pensastes xa nas posibilidades que ten o noso chulísimo robot?
jueves, 28 de diciembre de 2017
PROGRAMANDO SCRATCH
Un punto máis de dificultade. A medida que vamos collendo mazás, que o dragón aumente a velocidade. Teremos que ir á programación do dragón, e dicirlle que en lugar de "mover 1 paso", se mova "1 + algo en relación coas mazás recollidas". Seredes quen de programalo? E despois....
Cantas mazás sodes capaces de tocar?
(poñede en pantalla completa para mover mellor ao gatiño)
viernes, 22 de diciembre de 2017
BOAS FESTAS CON SCRATCH
Tamén con Scratch, queremos felicitar a todos os que comparten con nós: Tempo, espazos, alegrías, tristuras, xogos, debates, actividades, ..... e moito maís.
FELICES FESTAS!!!!
(Se conseguides facer outra postal, subídea a scratch e subímola ao blog.)
Os nosos mellores desexos para tod@s!
miércoles, 20 de diciembre de 2017
MONTAXE MBOT
Bueno, para empezar cos nosos robots, teremos que, primeiro de nada, montalos, non si?
Dentro da caixa temos un libriño de instrucións moi preciso, paso a paso. De tódolos xeitos aquí vos quedan primeiro, un enlace onde se ve tamén paso a paso a montaxe e logo un vídeo onde un alumno monta o robotiño.
Pois, ao ataque!!!
E os nosos robots, unha vez montados, que programa traen por defecto?
Esquivaobstáculos, siguelíneas, ...?
Agora haberá que aprender a utilizar o programa "mBlock". Como nós xa temos experiencia con "Scratch", temos un pouquiño de ventaxa, pois está baseado nel. Déixovos tamén enlace á páxina para descargalo.
Bueno, e que vos pareceu o noso robotiño? Credes que poderemos crear algo orixinal con el? Algunha idea....?
miércoles, 6 de diciembre de 2017
A VOLTAS CON "SCRATCH"
Vistes onte o Doodle de Google?
50 anos da primeira linguaxe de programación para nen@s. Xogastes? Programastes?
Nós facemos o mesmo con Scratch, esa linguaxe de programación por bloques.
Pero, ... Que é Scratch?
Estamos a dar algúns pequenos pasos con esta linguaxe e puidemos comprobar a cantidade de posibilidades que ten. De feito estamos a crear un pequeno xogo. Xa conseguimos programar o gatiño, o dragón, os escenarios, ... Agora faltarianos coller algo de vida e un pequeno marcador.
Seredes quen de facelo?
Recordade que para o marcador, unha vez teñades programado o toque da mazá polo gato, necesitamos crear unha variable no apartado de datos.
Máis ou menos quedaría así (dependendo das personaxes, escenarios, ...).... Poñede en pantalla completa para poder xogar con soltura.
Seredes quen de coller 20 mazás antes de que o dragón vos pille?
Conseguístelo??????
viernes, 27 de octubre de 2017
PROXECTO ROBÓTICA
Concedéronnos o proxecto ...
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!!
FANTÁSTICO!
Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto. Podemos considerarnos afortunados.
E claro, ademais de toda a formación que algúns profes xa viñamos facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación, gamificación, competencias stem, ....
Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que traballaremos polo feito de participar.
Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de 9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo co material robótico.
Agora tócanos a nós!!!!!
Novas ao redor do proxecto:
La voz de Galicia (20/01/17)
Faro de Vigo (13/06/17)
Comarcasnarede (07/10/17)
jueves, 13 de abril de 2017
O NOSO ROBOT SOLAR
Recordades o robot que nos agasallaron os Apolos na visita que lles fixemos?
Pois xa está montado. E si, camiña, ... bueno, roda. O noso querido "Willy" é un robot solar e precisa esta luz para poñerse en marcha.
No vídeo que hai abaixo poderedes ver o ben que o pasamos facendo a montaxe.
Agora xa podemos dar un pasiño máis coa programación.
Recordades o "Scratch", o programiña do gato co que faciamos programación con bloques?
(Tedes o enlace tamén na sección de "Robótica educativa")
lunes, 2 de enero de 2017
LINGUAXE COMPUTACIONAL
E agora de Agasallo de Reis....
Recordades o xogo dos Angry Birds ao que xogastes cos Apolos? Aquí vos deixo o enlace para que poidades ir practicando. Vede o vídeo e comezade a xogar.
Recordades o xogo dos Angry Birds ao que xogastes cos Apolos? Aquí vos deixo o enlace para que poidades ir practicando. Vede o vídeo e comezade a xogar.
Ánimo! Seguro que o conseguides á primeira!
E para cando rematedes, deixovos tamén o resto de etapas do curso 1. A medida que avanzades nas etapas vaise complicando o tema da programación. Xa me contaredes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















