viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO ROBÓTICA

Concedéronnos o proxecto ...
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!!
FANTÁSTICO!
Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto. Podemos considerarnos afortunados. 

E claro, ademais de toda a formación  que algúns profes xa viñamos facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación, gamificación, competencias stem, .... 

Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que traballaremos polo feito de participar.

Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de 9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo co material robótico.



Agora tócanos a nós!!!!!
Novas ao redor do proxecto:
La voz de Galicia (20/01/17)
Faro de Vigo (13/06/17)
Comarcasnarede (07/10/17)

domingo, 22 de octubre de 2017

VISITA RÍO ALVEDOSA

O pasado martes 17 de outubro saímos de visita ao río Alvedosa. Observamos a flora e a fauna local da ribeira do río: árbores, arbustos, plantas, animaliños, rochas, auga, .... e por desgraza tamén o lixo.
Fixemos todo tipo de recollida de mostras, coas que agora temos que traballar; identificamos especies da vexetación da zona; e localizamos algunha que outra especie invasora.
Foi unha saída moi produtiva!!!
Seredes quen de identificalas tamén nas fotos?








Seguro que o conseguides....!!!

martes, 17 de octubre de 2017

FLORA E FAUNA DOS RÍOS GALEGOS

Traballando ao redor dos ecosistemas dos ríos, dámonos conta de que descoñecemos os elementos que os compoñen e rodean: Aves, insectos, peixes, anfibios, ...; árbores, arbustos, prantas, ... ; ... 
Aquí vos quedan dous enlaces onde poder consultar algúns destos seres vivos cos que convivimos máis do que cremos e que por desgraza son uns auténticos descoñecidos.


As follas dunha destas árbores de primeira liña dos ríos galegos, eran utilizadas polos peregrinos para calmar a dor dos pes, as chagas, as feridas, ... 
Saberedes de que árbore falamos?

sábado, 14 de octubre de 2017

REINO ANIMAL: A nosa mascota

Fai uns días na clase, en relación co tema deste curso (O Reino Animal), estivemos a falar sobre ter unha mascota na aula. Finalmente pensamos que unha boa opción sería un peixiño. O noso compañeiro Lucas ofreceuse a traer un Betta Splendens, tamén coñecido como "o luchador de Siam". De entre varios nomes, decidimos chamarlle "Jimmy". 


Agora temos que organizarnos para coidar del, que esté o mellor atendido posible e sinta, se é posible, o noso cariño. De inicio, vimos que tiña pouco espazo e unha compañeira, Valentina, ofreceuse a traer un acuario maior. Cada mañá os encargados danlle de comer, e cada 10-15 días temos que cambiarlle a auga.

Veremos como lle vai ao noso amiguiño, pois é un peixe de augas cálidas, de entre 24 e 30 ºC, e cando nós marchamos da aula, a temperatura baixa lixeiramente.
Paula, Lucía e Mara

Bueno, e que outros datos coñecedes dos "bettas"? Sabedes de onde son orixinarios?

martes, 10 de octubre de 2017

SALICORNIA 2

Salicornia: Planta carnosa ou suculenta, tamén chamada planta de San Pedro, espárrago de mar ou herba salgada. Crece en zonas salgadas como as salinas. Obtense cinza de sosa (carbonato de sodio- Na2CO3) o que a fai interesante para a fabricación de produtos como o xabón e o vidrio. Úsase como sustituto da sal común para sazonar platos e tamén medicinalmente polo seu alto contido en iodo e magnesio.

Sabemos que aquí, moi cerquiña de nós temos as "Salinas de Ulló", en Vilaboa, unha construción que se remonta ao S.XVII.

Pero, sabemos  se hai ou non salicornia nesta incrible paraxe? Vamos ter que ir comprobalo "in situ". Sacade moitas fotos, vídeos, ... e logo contrastamos a información.
Desfrutade do paseo! Hai moito máis que ver!

lunes, 9 de octubre de 2017

SALICORNIA

Cuns alumnos tan activos,curiosos e bos investigadores, non é de estrañar que tódolos días xurdan novas preguntas. Nestos últimos días, un compañeiro, Lois, falounos dunha planta chamada "Salicornia", que polo visto crece en entornos salinos, úsase como aderezo para salgar a comida e tamén se pode comer.


Coñecedes algún outro dato desta curiosa planta?
Sabedes se no noso entorno a temos?

viernes, 6 de octubre de 2017

PICO MÁIS ALTO DE PONTEVEDRA

E falando de relevo,...  resulta que coñecemos os cabos, golfos, ríos, picos, ... de España e do mundo e non temos claro cal é a maior altura da nosa provincia. 
E vós, sabedes cal é o pico máis alto da provincia de Pontevedra?
Claro que si, o monte Faro, con 1181 m. de altitude, na serra do Faro, é tamén a montaña máis alta de toda a dorsal central galega. Atópase entre os municipios de Chantada e Rodeiro.
Pero,.... 
Coñecedes algún outro pico na provincia de Pontevedra cunha altura superior aos 700 m.?

miércoles, 4 de octubre de 2017

RELEVO ESPAÑA E GALICIA

Comezamos xa coa primeira unidade en Ciencias Sociais: O relevo e a hidrografía de España. E como primeiro proxecto temos que construir, realizar, unha maqueta 3D, ben dos ríos, ben do relevo, ... ou mesturando ambos; simplemente cos nomes ou engadindo conexións eléctricas e realizando un pequeno xogo.
Tiñamos 30 días, ata o día 20 de outubro. Algúns xa os están a presentar e están quedando moi chulos. Ánimo! 


Pero unha vez que se presenta un traballo, debe estar acompañado da súa ficha de elaboración...

Ficha 1 informática: “Ficha seguemento proxecto maqueta relevo”
Deberemos crear unha ficha da elaboración da maqueta: como máximo nun folio, a unha cara, co ordenador, onde se traballen os seguintes comandos: Tamaño, tipo, estilo e cor da fonte (letra), viñetas, inserción de imaxe e borde de páxina. (2 sesións)
Unha vez realizada a ficha enviarémoslla á profe a través do correo:
Poñendo o nome dos dous compañeiros que realizaron a maqueta e a ficha.
Seguro que nos queda estupenda!