Mostrando entradas con la etiqueta mamíferos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mamíferos. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de diciembre de 2017

O LINCE IBÉRICO

NOME CIENTÍFICO:
O nome científico do lince ibérico é Lynx Pardinus.
VÍAS DE EXTINCIÓN:
O lince ibérico está en grave perigo de extinción por culpa dos seres humanos:
  • Os atropelos cando están en migración. 
  • A desaparición do seu alimento, o coello europeo, xa que este coello brindaba a maior parte da alimentación ao lince, a súa case desparición está levando ao lince á extinción. 
  • Ademáis, a destrución do seu hábitat fai desaparecer os refuxios dos linces, aparte dos seus fogares.
  • A caza indiscriminada do lince co fin de apropiarse da súa pel.



CLASIFICACIÓN:
O lince ibérico é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae, endémico da Península Ibérica.
MODO DE VIDA:
Na maioría dos casos o lince ibérico vive de maneira solitaria e nómada e é moi territorial, mostrándose máis sociable na época de celo. É un áxil cazador. Aproxímase sixilosamente á presa e salta sobre ela con rapidez. Outras veces espera oculto a que pase unha presa.
HÁBITAT:
O lince ibérico atópase exlusivamente en zonas restrinxidas de España e Portugal.
O hábitat principal constitúeno as áreas de bosque mediterráneo ben conservadas e ailladas da actividade humana.
O tamaño do terrritorio está condicionado pola abundancia de presas. Dentro deste territorio existen distintas zonas vitales como o monte baixo para o descanso e as zonas de campeo onde o lince estará activo e que coinciden coa máxima densidade de coellos.
Actualmente os núcleos mellor conservados limítanse a: Serra Morena Oriental, Montes de Toledo Orientales e Doñana.

Sabedes cantos especímenes quedan hoxe en día en liberdade?

viernes, 15 de diciembre de 2017

O COELLO

O coello común ou coello europeo é unha especie de mamífero lagomorfo da familia leporidae e é o único membro  actual do xénero Oryctolagus.


Reino:    Animalia
Clase:     Mammalia
Orden:   Lagomorpha
Familia:   Leporidae

Características: Caracterízase por ter un corpo cuberto dunha pelaxe espesa e lanuda, de cor parda pálida a gris, cabeza ovalada e ollos grandes. Pesa entre 1,5 e 2,5 kg en estado salvaxe. Ten orellas largas de ata 7 cm as cales lle axudan a regular a súa temperatura do corpo e unha cola moi curta. Mide de 33 cm ata 55 cm. Os machos teñen a cabeza máis ancha cas femias.

Alimentación: O coello pasa longas horas removendo as mandíbulas de dereita a esquerda. Un coello adulto consume de 200 a 500 gr de plantas ó día.

Distribución: Era abundante no Paleolítico, a xulgar polos restos descubertos na Península Ibérica.

Hábitat: Viven en áreas secas próximas ao nivel do mar cun chan areento e blando para facilitar a construción de guaridas. Habitan en bosques aínda que prefiren campos extensos cubertos por matorrais onde poden esconderse.
                                                           LUCÍA CASAL E RAÚL

Sabiades que existe unha raza de coello chamada "Zorro Suizo"?

miércoles, 13 de diciembre de 2017

O GATO

O gato é un animal doméstico que pesa sobre 5kg e mide sobre 80 cm. Pertence á familia dos felinos e é mamífero. 
Para camiñar apoian o peso do seu corpo nos dedos en vez das patas para non facer ruído e cazar as súas presas. Os gatos son uns grandes cazadores de ratos debido a súa habilidade e axilidade aínda que son moi dormilóns.

Poseen unha visión excelente, a cal lles permite cazar tanto de día como de noite e poden escoitar un rato a sete metros de distancia. Son moi limpos e responsables á hora de facer as súas necesidades. Pódese dicir que son moi amigables con outros gatos ou cos seres humanos.
Para crecer sans deben comer os nutrientes que necesitan (proteinas e graxas de orixe animal ) e a taurina, un aminoácido especial. Os gatos de rúa aliméntanse das súas presas e os de casa poden alimentarse de comida enlatada, piensos ou comidas feitas polos seus donos.
Un gato normalmente vive sobre 12 ou 15 anos.
Paula e Lucía

Sabiades que na cultura exipcia, os gatos eran animais sagrados? 

E sabedes por que???