Cuns alumnos tan activos,curiosos e bos investigadores, non é de estrañar que tódolos días xurdan novas preguntas. Nestos últimos días, un compañeiro, Lois, falounos dunha planta chamada "Salicornia", que polo visto crece en entornos salinos, úsase como aderezo para salgar a comida e tamén se pode comer.
Coñecedes algún outro dato desta curiosa planta?
Sabedes se no noso entorno a temos?

As especies de SALICORNIA son nativas de ESTADOS UNIDOS e de EUROPA.
ResponderEliminarPaula 6A.
Existen investigacións que sinalan que esta planta reforza o sistema inmunolóxico ante a aparición de tumores canceríxenos.Podemos atopala en casi toda a Península Ibérica e nas Illas Baleares. Florece de maio a Novembro e crece en marismas e salinas.
ResponderEliminar