Hoxe imos falar sobre o lobo ibérico que é o noso animal favorito
e un gran cazador en manada.
O lobo ibérico (Canis lupus signatus) é unha subespecie de lobo (canis lupus) autóctona da Península Ibérica.
O lobo ibérico (Canis lupus signatus) é unha subespecie de lobo (canis lupus) autóctona da Península Ibérica.
Aspecto
O seu tamaño é medio, algo máis pequeno
que outros lobos europeos. De longo miden dende 130 ata 180 cm os
machos, e dende 130 ata 160 cm as femias. A altura de cruz pode
chegar aos 70 cm. Os machos adultos pesan xeralmente entre 30 e 40 kg,
e as femias pesan de 20 a 35 kg.
Presentan testa
grande e maciza, orellas triangulares relativamente pequenas e ollos oblicuos
de cor amarelenta. O fociño presenta
unhas manchas brancas nos belfos denominadas bigoteiras. A súa pelaxe é
heteroxénea, de tal xeito que se describen unhas franxas lonxitudinais escuras
ou negras cubrindo a parte anterior das súas dúas patas dianteiras, unha mancha
escura ao longo da cola, e outra mancha
escura ao redor da cruz á que se lle coñece como cadeira
de montar. Os lobatos ao nacer presentan tons escuros
uniformes.
Dieta
O lobo ibérico é un dos poucos grandes carnívoros que existen na península ibérica, e como depredador, aliméntase básicamente das presas que caza, grandes herbívoros e outros mamíferos de porte menor. O doutor Félix Rodríguez de la Fuente, realizou diferentes estudos para concretar a dieta do lobo ibérico, e segundo os resultados extraídos, esta podería estar composta por: grandes mamíferos (como corzos, muflóns, cervos ...) nun 35%, ovellas nun 24%, coellos nun 14%, ratos de campo nun 9%, prea nun 7%, réptiles e aves nun 5%, insectos e vexetais nun 4%, e outros carnívoros (coma raposos ou cans) nun 2%.
Fonte búsqueda: Galipedia
Antigamente, na nosa zona era habitual atopar lobos polo monte,
pero, hoxe en día xa non os vemos tanto debido á persecución e caza
indiscriminada deste animal, na crenza de que atacaba ao ser humano.
Anxo e Izan


Gustoume moito o artigo,descubrin cousas que descoñecía do lobo ibérico.Estivo xenial.
ResponderEliminarAndrea 6ºA.
Moi chulo es as imaxes son impresionantes.
ResponderEliminarMara 6°A
Que chulo o voso artigo ANXO e IZAN é moi interesante gúatanme moito as fotos.
ResponderEliminarBO TRABALLO CHICOS!!!!!
Paula 6A.
Moi interesante e o lobo e un dos meus animais favoritos.
ResponderEliminarUxia 6a
Grazas a todos polos comentarios
ResponderEliminarAnxo e Izan