martes, 30 de mayo de 2017

sábado, 27 de mayo de 2017

"SNACK EXPERIMENTS"

Aplicando o método científico e indagativo, realizando retos científicos, ... así desenvolvemos algunhas das nosas clases de ciencias.
Traballamos con densidades

 Comprobamos a carga eléctrica dalgunhas froitas e hortalizas

 Tentamos facer voar un disco con electricidade estática

 Vimos os efectos dalgúns desengraxantes

 E puxemos en práctica a atracción molecular da auga

Seremos quen de dar un pasiño máis...?
Non olvidedes traer o voso experimento...

domingo, 21 de mayo de 2017

OSIÑOS GOMINOLA 2

QUE ACONTECEU COS OSIÑOS?




1º Foron perdendo  a cor

















2º Foron aumentando de tamaño



3º Pasadas 8 horas os osiños case duplicaban o tamaño inicial e comezaban a descompoñerse.


Por que sucedeu esto? 
Por que os osiños aumentaron de tamaño?

sábado, 20 de mayo de 2017

EXPERIMENTANDO CON OSIÑOS DE GOMINOLA



Que son realmente os osiños de gominola?
Basicamente están compostos de tres compoñentes: azucre, xarope de glucosa ou fructosa e xelatina.
Non hai moito publicabamos un artigo sobre o consumo de azucre e as súas terribles consecuencias.
Que acontecerá entón se os introducimos dentro dun vasiño de auga?
Hipótese: 
  • Os colorantes dilúense na auga
  • Os osiños descompóñense
  • Os osiños diminúen de tamaño
  • Os osiños aumentan de tamaño
Coloca 1 osiño dentro dun vasiño de auga e vai observando cada hora aproximadamente o que acontece. Fai unha táboa de recollida de datos, para logo poder mostrar os teus resultados.


Ollo ao finalizar! Non nos pasemos co azucre!

jueves, 18 de mayo de 2017

ACROSPORT E CIENCIA

Que é o ACROSPORT?
O Acrosport, tamén chamado "Ximnasia acrobática", é un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluida na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.
No Acrosport existen tres elementos fundamentais: 
1. Formación de figuras ou pirámides corporais.
2. Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios, como transicións entre as figuras.
3. Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.
E que ten que ver esto coa Ciencia? Pois todo... Ben sabemos que todo é Ciencia. No noso caso: Saúde, partes do corpo humano, agarres, ángulos, equilibrios, forzas, ...
Vede senón as estupendas coreografías que elaboraron estos incribles ximnastas:


FANTÁSTICO!!!

lunes, 15 de mayo de 2017

RETO CIENTÍFICO: BUXAINA

1º Cun lapis, unha cartulina e uns céntimos, construimos unha buxaina.
2º Experimentamos, colocando os céntimos, primeiro no interior, logo no exterior.
Cando xira máis a buxaina?
3º En función dos resultados,... 
Que podería facer para que todavía xire máis tempo?


Agora que tan de moda está o "spinner", serás quen de construir o teu propio aparello xiratorio, buxaina en este caso?
(moito máis enxebre...)

sábado, 13 de mayo de 2017

FAUNA E FLORA DAS ILLAS CÍES

O arquipélago de Cíes posúe unha extraordinaria riqueza, tanto terrestre como mariña, en canto a vexetación e especies animais. Ademais de ofrecer diversos ecosistemas nos que florece unha vexetación moi variada, as Illas son internacionalmente  coñecidas por albergar importantes poboacións de aves mariñas, ademais de especies de aves non mariñas e doutras clases de vertebrados, especialmente de réptiles.

Facede CLIC na imaxe e iredes a unha web que vos explicara mais cousiñas sobre estas ILLAS

A especie máis abundante no parque natural é...
gaivota patiamarela.


ESPERO QUE VOS GUSTE!!
PAULA D. L. 5ºA

jueves, 11 de mayo de 2017

TIBURÓNS XIGANTES

O MEGALODÓN  foi o tiburón máis grande do mundo seguido do tiburon blanco... Ou... Sigue existindo?
(Clica na imaxe)

Moita xente di que pode seguir existindo... e que é unha lenda.

Carcharodón Megalodón foi unha especie de tiburón de entre 10 e 18 metros que viviu entre o Mioceno e o Plioceno, convertindoo nun dos maiores depredadores do océano, do mismo xénero que o actual tiburón megalodón, nome que significa "dente grande", derivado dos términos griegos μέγας = mega ("grande")  é unha especie extinta de tiburón que viviu aproximadamente entre 19,8 y 2,6 millones de anos atrás, durante o Cenozoico (de inicios do Mioceno1 ata o final del Plioceno). Tamén pode chegar a medir 20 metros de largo. Os seus dentes chegan a medir 17,8 centimetros.
Aquí tedes unha imaxe do largo que é o megalodón.




JORGE 5ºA

martes, 9 de mayo de 2017

FÓSILES

O outro día o profe Guillermo invitounos a unha exposición de fósiles no salón de actos do noso colexio. Os fósiles que nos trouxo eran da Comunidade Autónoma na que naceu, A Rioxa. Había: amonites, trilobites, troncos de coral ... Os ammonoideos coñecidos comunmente como amonites viviron desde o Devónico Medio ata o Cretácico.
(amonites)

Lucía e Antón - 5ºA

domingo, 7 de mayo de 2017

OS SUPERCIENTÍFICOS EN VOZ NATURA

Aínda que non participamos oficialmente no programa de Voz Natura, o que si participa é o cole e algúns dos nosos amiguiños, os Apolos, os Xirasoles, os Choquetes, Sexto, ... , polo que nos consideramos partícipes en certa medida.
Pero, ... Que é Voz Natura?
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997-1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa TERRA.
(clicade na imaxe para documentarvos)

Pois durante este curso, dende o blog de "Fazañas Medioambientais dos Pequesreboreda " que teñen dentro do proxecto de Voz Natura, están a utilizar e dar visibilidade a algúns dos nosos artigos relacionados co medioambiente, a natureza, a ciencia, ... 
Podedes visitar a súa páxina no seguinte enlace:
Tédelo tamén no lateral esquerdo, na sección das páxinas do Centro.

... e a seguir coidando e loitando, se fora necesario, polo incrible entorno no que vivimos.

sábado, 6 de mayo de 2017

O DRAGÓN DE KOMODO

O DRAGÓN DE KOMODO
O dragón de Komodo, tamén chamado monstro de Komodo e varano de Komodo, é unha especie de saurópsido da familia dos varánidos, procedente  dalgunhas illas de Indonesia central. O seu nome científico é VARANUS KOMODOENIS. A lonxitude dun macho é de 2,6 metros, adulto, e a lonxitude dunha femia é de 2,3 metros, adulta. O dragón de Komodo pesa arredor de 70 kg, esta especie só come unha vez ao mes.
A pesar de que estos lagartos se aliméntan principalmente de carroña, tamén cazan e tenden emboscadas ás súas presas, mamíferos, aves e invertebrados. Ata agora pensábase que a mordedura do dragón de Komodo era infecciosa debido a unhas bacterias contidas na súa boca, pero un equipo descartou esa hipótese tras descubrir glándulas de veleno no cráneo do animal que provocan unha severa parálise a quen recibe unha mordedura deste animal.


ESPERO QUE VOS GUSTARA!!

Carla Carballido López 5ºA

jueves, 4 de mayo de 2017

TELESCOPIO HUBBLE

TELESCOPIO HUBBLE
Mirade estas imaxes que captou o telescopio HUBBLE...
(Aquí aparece o telescopio a punto de captar unha imaxe dunha NEBULOSA)
clica na imaxe para entrar na wikipedia

1. SABEREDES DICIRNOS O QUE É UNHA NEBULOSA?
Unha nebulosa é unha masa de materia cósmica celeste, difusa e luminosa, que ten aspecto de nube.
 
2. QUE É UNHA CONSTELACIÓN?
Unha costelación é un conxunto de estrelas agrupadas nunha rexión celeste.

O telescopio Hubble xa ten 27 anos!!!



MARA e VALENTINA 5ºA

martes, 2 de mayo de 2017

AURORAS BOREAIS

AURORA BOREAL
(Para saber máis sobre as Auroras Boreais clicade na imaxe)
Hoxe ímosvos contar un pouquiño sobre as auroras boreais:
  • Fenómeno atmosférico que consiste na aparición no ceo de manchas e columnas luminosas de varias tonalidades.
  • Son producidas pola radiación solar.
  • Pódense observar de noite nas rexións polares.
  • Observáronse Auroras nas atmosferas de outros planetas, en particular en Xúpiter.

Lucía C.C. e Lucas