Mostrando entradas con la etiqueta arbustos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arbustos. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de noviembre de 2017

SAÍDA Á FEIXA

Prestastes atención????

Que outros datos coñecedes sobre as árbores, arbustos, plantas, animais, rochas,... da beira dos ríos?

Na nosa saída topamos algunhas cousiñas moi interesantes, para as que había que estar moi atento, ou podían pasar desapercibidas... Mirade o que atoparon estos incribles "exploradores". Prestade atención ou non a vedes.

domingo, 22 de octubre de 2017

VISITA RÍO ALVEDOSA

O pasado martes 17 de outubro saímos de visita ao río Alvedosa. Observamos a flora e a fauna local da ribeira do río: árbores, arbustos, plantas, animaliños, rochas, auga, .... e por desgraza tamén o lixo.
Fixemos todo tipo de recollida de mostras, coas que agora temos que traballar; identificamos especies da vexetación da zona; e localizamos algunha que outra especie invasora.
Foi unha saída moi produtiva!!!
Seredes quen de identificalas tamén nas fotos?








Seguro que o conseguides....!!!

martes, 17 de octubre de 2017

FLORA E FAUNA DOS RÍOS GALEGOS

Traballando ao redor dos ecosistemas dos ríos, dámonos conta de que descoñecemos os elementos que os compoñen e rodean: Aves, insectos, peixes, anfibios, ...; árbores, arbustos, prantas, ... ; ... 
Aquí vos quedan dous enlaces onde poder consultar algúns destos seres vivos cos que convivimos máis do que cremos e que por desgraza son uns auténticos descoñecidos.


As follas dunha destas árbores de primeira liña dos ríos galegos, eran utilizadas polos peregrinos para calmar a dor dos pes, as chagas, as feridas, ... 
Saberedes de que árbore falamos?