sábado, 29 de octubre de 2016

A XOGAR COAS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Como sei que estades desexando coñecer moito máis a fondo todo este mundo que nos rodea, deixovos aquí un enlace onde poder curiosear sobre: O Universo, A Terra, Cartografía (mapas e planos) e sobre o noso país.
Despois de que curioseedes un pouquiño e vos empapedes de todos esos datos, pasádevos polo módulo 3, Cartografía, no apartado 3.3 atoparedes uns xogos moi divertidos cos que ademáis aprenderedes moito sobre coordenadas xeográficas. 
Quen atopará o pozo envelenado?
Quen conseguirá elaborar o croquis?
Quen evitará tódalas minas?

Facede clic na imaxe
Nos outros módulos tamén hai xogos, pero, antes de xogar, informádevos ben e así acadar a máxima puntuación.
Disfrutade do "Finde"!!!
(E estudiade un pouquiño...)

jueves, 27 de octubre de 2016

A PROPÓSITO DO COMENTARIO DE LOIS

SHUBHAM BANERJEE: INVENTOR



O neno de 12 anos que fabricou unha impresora Braille

Shubham Banerjee iniciou o seu proxecto aos 12 anos con pezas de Lego e software libre que descargou de internet.
Sin lugar a dúbidas unha gran idea para axudar a persoas invidentes que non poden finaciarse este tipo de material.


INCRIBLE!!!!!
Despois de ver este vídeo e os vídeos do que están a facer os Apolos cos seus pequenos robots está claro que queremos facer algo de robótica. Teremos que pensar algo.... 
A vós que se vos ocorre?

lunes, 24 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO: Que gran día!

Pois si. Ademáis do nacemento da profe, de que se celebra o día das Bibliotecas Escolares, ... 
Sabedes quen máis naceu tal día coma hoxe hai 384 anos? 
Unha pista: Está moi relacionado co que estamos a traballar en ciencias da natureza.

Antoni Van Leeuwenhoek

E quen era e que fixo este home?
Algúns xa o sabedes por que investigastes algo sobre el cando buscabamos información sobre a célula.
Pois pode dicirse que A.V. Leeuwenhoek é o pai da microbioloxía moderna. Con 20 anos atopou un rudimentario microscopio dunha soa lente con capacidade de 3x (aumentos) e non puido resistirse a observar ao seu través. Seguramente foi a primeira persoa en  ver bacterias e microorganismos. Foi o precursor do diseño e construción de infinidade de lentes e microscopios.
Vedes como era o seu microscopio?
E como evolucionaron dende entón?

Para saber máis:

sábado, 22 de octubre de 2016

MANTIS... SABEMOS MÁIS?

Estas son algunhas das cousas extraordinarias que descubrimos sobre a MANTIS.


Aquí vos deixamos unhas páxinas superinteresantes para os que queirades todavía saber máis sobre este extraordinario insecto:


E agora, que xa investigastes, que outras cousiñas descubristes sobre a MANTIS?

martes, 18 de octubre de 2016

VISITA APOLOS

O pasado martes 11 de outubro tivemos unha gran visita, os Apolos (EI 5 anos).
Viñan porque se enteraron de que tiñamos unha exposición de bichiños: Avespas, mantis, arañas, libélulas, saltóns, ... 
A súa primeira pregunta foi se tiñamos a araña que picou a Spiderman. Seica moitos destos bichiños teñen "superpoderes" (teremos  que investigalo con detalle).
Pasaron polos nosos recunchos de traballo: O microscopio, os libros científicos, as colecións de insectos, os nosos experimentos con plantas, o blog e páxinas de información científica en rede. 

Sabían moitas cousas, e aínda así prestaron moita atención ás nosas explicacións.
Encantounos a súa visita! Nós tamen aprendimos moito!


Visita Apolos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E agora xa temos moitas ganas de ver os robots cos que eles están a traballar.
Aquí vos deixamos un enlace ao seu blog para que vexades as cousiñas superinteresantes que están a facer: 

Ata outra!

lunes, 17 de octubre de 2016

sábado, 15 de octubre de 2016

SEREDES QUEN... ?

Vedes ben esta imaxe?
É unha pupa, ooteca, ... vamos, un pequeno capullo, onde algún insecto depositou o seus  pequerrechiños ovos, sobre 200 ou 300. Temos un coma este na aula. Os bos "exploradores" seguro que se deron conta se visitaron o recuncho de exposición de "bichiños". Foi un agasallo da profe Luisa.
Pero, ... Seredes quen de averiguar a que insecto pertence? 

lunes, 10 de octubre de 2016

ABELLAS E AVESPAS

Estamos traballando co reino dos animais, en concreto cos insectos, e pareceunos interesante, debido a colonización realizada polas avespas asiáticas en Europa, e o dano que están a facer coas abellas, aprender a diferenciar estas avespas das especies autóctonas, para así non danar ás nosas.
Coñecemos moitas diferenzas con respecto da abella: A súa picadura, o lugar onde viven, ... pero o que nos interesaba era como recoñecelas a simple vista. Aquí deixamos algunhas diferenzas que nos poden axudar:

En concreto, aquí en Galiza, temos confundido á Vespa Velutina, coa Vespa Crabro, principalmente, porque esta última, é bastante grande, pero como vedes na imaxe, son lixeiramente distintas.
Con todas estas pistas seredes quen de identificar e diferenciar unha avespa dunha abella, ou unha vespa asiática de calquera outra avespa?
Intentádeo....


Recordade que se vos topades con Avespas Asiáticas é recomendable chamar ao 112, nunca golpear ou provocalas, dado que van protexer a súa colmena a toda costa.

viernes, 7 de octubre de 2016

O MICROSCOPIO

En ciencias da natureza estamos a traballar cos seres vivos, pero, este mundo que nos rodea está cheo de pequenos seres non perceptibles para o ollo do ser humano e grazas a grandes pensadores, científicos e inventores da historia como: Galileo, os irmáns Jansen, Leeuwenhoek, Hooke, ... temos hoxe a posibilidade, a través do MICROSCOPIO, de poder velos con gran detalle. E non só eso, senón, tamén esas pequenísimas "Células", parte máis pequena dun ser vivo, capaz de realizar as tres funcións vitais.
Partes do Microscopio:

Pero, se queredes saber máis sobre como se debe usar, podedes ollar este vídeo:

Xa nos contaredes como se ven esos pequenos seres e células a través do Microscopio.