Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de marzo de 2018

CHARLA PROXECTO ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Este martes 27 de febreiro tivemos a charla coas familias que se solicitaba no Proxecto de Robótica. Fernando Coladas foi o noso relator, o mesmo que nos imparte as horas de formación aos profes.
Durante a charla foi comentándonos o implacable avance da tecnoloxía, a presenza que xa ten nas nosas vidas, o futuro que nos espera, para acabar cun animado debate.

Si realmente o fin último da educación é preparar aos nos@s nen@s para a sociedade na que viven... 

Que debe transmitir, ensinar, ... a escola?

Que habilidades, destrezas, ferramentas, contidos,... farán competentes ao noso alumnado para esa sociedade, que todavía non sabemos, nos espera?

Deixámosvos un artigo anterior, onde se valora o labor das novas tecnoloxías na educación, cun vídeo moi interesante:
AS TIC´S NA EDUCACIÓN

O que si parece estar claro é que a robótica é en si mesma un desafío cognitivo. Permite experimentar a aplicación práctica de diferentes conceptos de física, matemáticas, tecnoloxía, enriquecendo e facilitando a aprendizaxe de moi distintos contidos curriculares.
Cal é a vosa opinión ao respecto?

viernes, 27 de octubre de 2017

PROXECTO ROBÓTICA

Concedéronnos o proxecto ...
"Introdución á Robótica educativa en Primaria"!!!!!!
FANTÁSTICO!
Somos un dos 120 centros en toda Galicia ao que nos conceden o proxecto. Podemos considerarnos afortunados. 

E claro, ademais de toda a formación  que algúns profes xa viñamos facendo, hai que poñerse ao día non só co material que nos vai a mandar a Xunta, senón tamén cos últimos avances nestos temas: programación, gamificación, competencias stem, .... 

Pois algúns mestres do centro fomos este pasado fin de semana, venres e sábado ata Coruña a que nos contaran as últimas novidades en robótica educativa, e o mércores, convocáronnos dende a xunta, para a presentación do programa e dos materiais que nos enviarán e cos que traballaremos polo feito de participar.

Incrible!!!!! Canto aprendemos!, e sobre todo, que pracer ver a nenos de 9, 10 e 11 anos, construindo, programando e explicándonos, a nós os mestres, con toda a soltura do mundo, o traballo que viñan desenvolvendo co material robótico.



Agora tócanos a nós!!!!!
Novas ao redor do proxecto:
La voz de Galicia (20/01/17)
Faro de Vigo (13/06/17)
Comarcasnarede (07/10/17)

martes, 9 de mayo de 2017

FÓSILES

O outro día o profe Guillermo invitounos a unha exposición de fósiles no salón de actos do noso colexio. Os fósiles que nos trouxo eran da Comunidade Autónoma na que naceu, A Rioxa. Había: amonites, trilobites, troncos de coral ... Os ammonoideos coñecidos comunmente como amonites viviron desde o Devónico Medio ata o Cretácico.
(amonites)

Lucía e Antón - 5ºA