domingo, 17 de diciembre de 2017

O LINCE IBÉRICO

NOME CIENTÍFICO:
O nome científico do lince ibérico é Lynx Pardinus.
VÍAS DE EXTINCIÓN:
O lince ibérico está en grave perigo de extinción por culpa dos seres humanos:
  • Os atropelos cando están en migración. 
  • A desaparición do seu alimento, o coello europeo, xa que este coello brindaba a maior parte da alimentación ao lince, a súa case desparición está levando ao lince á extinción. 
  • Ademáis, a destrución do seu hábitat fai desaparecer os refuxios dos linces, aparte dos seus fogares.
  • A caza indiscriminada do lince co fin de apropiarse da súa pel.



CLASIFICACIÓN:
O lince ibérico é unha especie de mamífero carnívoro da familia Felidae, endémico da Península Ibérica.
MODO DE VIDA:
Na maioría dos casos o lince ibérico vive de maneira solitaria e nómada e é moi territorial, mostrándose máis sociable na época de celo. É un áxil cazador. Aproxímase sixilosamente á presa e salta sobre ela con rapidez. Outras veces espera oculto a que pase unha presa.
HÁBITAT:
O lince ibérico atópase exlusivamente en zonas restrinxidas de España e Portugal.
O hábitat principal constitúeno as áreas de bosque mediterráneo ben conservadas e ailladas da actividade humana.
O tamaño do terrritorio está condicionado pola abundancia de presas. Dentro deste territorio existen distintas zonas vitales como o monte baixo para o descanso e as zonas de campeo onde o lince estará activo e que coinciden coa máxima densidade de coellos.
Actualmente os núcleos mellor conservados limítanse a: Serra Morena Oriental, Montes de Toledo Orientales e Doñana.

Sabedes cantos especímenes quedan hoxe en día en liberdade?

4 comentarios:

  1. Ola!!!
    Moi chulo e interesante o artigo. Eu os vou deixar aquí un nome dunha páxina de National Geographic que acabo de atopar sobre o lince ibérico en cautividade (2016, el año decisivo para el lince ibérico) se buscades isto en google vos aparece a páxina, espero que vos guste.
    Paula 6A.

    ResponderEliminar
  2. 150 linces quedan en doñana e serra de andujar
    UXIA E ANDREA

    ResponderEliminar
  3. Hola eu tamén digo que en Europa hai 150 linces.

    IVÁN 6A

    ResponderEliminar
  4. ola eu tamén digo que quedan 150 linces en españa
    Anton6A

    ResponderEliminar