Mostrando entradas con la etiqueta especies. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta especies. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2018

PREGUNTA 3

ESPECIE ANIMAL EXTINTA NOS ÚLTIMOS 40 ANOS QUE TRAGABA OS SEUS OVOS, OS INCUBABA NO SEU ESTÓMAGO, PARA EXPULSAR ÁS SÚAS CRÍAS POLA BOCA UNHA VEZ DESENVOLTAS.
DE QUE ESPECIE ANIMAL FALAMOS?

martes, 5 de diciembre de 2017

O CAN

O can doméstico é un mamífero carnívoro que  se integra dentro da familia CANIDAE. Son animais veloces e resistentes, o can doméstico é unha subespecie de lobo, na antigüidade e agora é utilizado como axundante de caza ou para realizar labores de defensa e garda. 
Os cans comunícanse de moi diversas maneiras, con restos de orina a modo de marcaxe, unha comunicación olorosa para defender o seu territorio. 
Nos cans o sentido do gusto está menos desenvolto que nos humanos, de feito non distinguen o sabor salgado. Teñen boas facultades para visualizar obxectos en movemento e ver na escuridade.
Nós temos cans, eu (Valentina) teño dous cans, Chester e Murfi. Non coñezo a súa raza, os encontrei ao lado dun contenedor abandonados con dúas das súas irmás.

O meu can (Carla) chamase Toby, a súa raza e Bichón Maltés. É un cachorro, o que máis lle gusta é xogar co seu boneco Benny. Unha curiosidade é que cando lle pos unha cantiga moderna empeza a moverse e a poñerse nervioso.
Carla e Valentina

E vós, Tedes mascota? Tedes algún canciño? De que raza é? Que curiosidade nos podedes contar sobre el/ela?

jueves, 16 de noviembre de 2017

O CARACOL

O caracol é un molusco que ten cuncha espiral. Existen caracois de auga e de terra. O da terra vive nos bosques, cerca dos ríos. Móvese como os vermes. Aliméntanse de prantas. Cando se ve en perigo escóndese dentro da súa concha. Mide entre 15 e 30 cm, e pesa ata 600 gr. Cando o caracol crece, tamén o fai a súa cuncha. Os caracois son machos e femias ao mesmo tempo. Pon ata 100 ovos. Pode vivir ata 7 anos.
Moitos agricultores, protestan de que lle comen as súas verduras.
É orixinario de Europa, pero vive en moitas zonas. En época de sequía métese dentro da cuncha e encérrase elaborando un tapón a base de moco seco, chamado "epifragma".
Tamén podemos dicir que é un produto de altísima calidade na cociña á hora de comelo... e moi sano!!!    

Sabedes cantas especies de caracois existen?

DE: ANTÍA E IVÁN

domingo, 30 de abril de 2017

CARANGUEXOS

OS CARANGUEXOS
(se fas clic na imaxe poderás ver un pequeno documental)
Son diversos crustáceos da orde dos decápodos. Esta orde caracterízase por ter cinco pares de patas.
Os caranguexos teñen en común o seu  caracter bentónico (viven vagando sobre o fondo). Só algunhas especies desenvolveron un ámbito nectónico (viven nadando entre dúas profundidades en lugar de no fondo). Outro rasgo é que o primeiro par de patas locomotoras evolucionaron a un par de pinzas, que utilizan para capturar e manipular o alimento.
Existen máis de 4000 especies de animais que se poden chamar caranguexos. 
No seguinte vídeo podes ver algúns dos caranguexos máis peculiares do noso planeta:
ANTÍA 5ºA