Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de marzo de 2018

FALANDO DE SERPES EN PRIMEIRO

Os nosos expertos en serpes visitaron os dous grupos de primeiro para explicarlles polo miudo algunhas das diferencias entre serpes velenosas e culebras, e en concreto ensinarlles a nosa culebra bastarda, a que topamos no camiño de Reboreda.




Encántanos compartir o que vamos aprendendo!!

Enlaces a anteriores artigos sobre a nosa culebra:


sábado, 3 de marzo de 2018

CHARLA PROXECTO ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Este martes 27 de febreiro tivemos a charla coas familias que se solicitaba no Proxecto de Robótica. Fernando Coladas foi o noso relator, o mesmo que nos imparte as horas de formación aos profes.
Durante a charla foi comentándonos o implacable avance da tecnoloxía, a presenza que xa ten nas nosas vidas, o futuro que nos espera, para acabar cun animado debate.

Si realmente o fin último da educación é preparar aos nos@s nen@s para a sociedade na que viven... 

Que debe transmitir, ensinar, ... a escola?

Que habilidades, destrezas, ferramentas, contidos,... farán competentes ao noso alumnado para esa sociedade, que todavía non sabemos, nos espera?

Deixámosvos un artigo anterior, onde se valora o labor das novas tecnoloxías na educación, cun vídeo moi interesante:
AS TIC´S NA EDUCACIÓN

O que si parece estar claro é que a robótica é en si mesma un desafío cognitivo. Permite experimentar a aplicación práctica de diferentes conceptos de física, matemáticas, tecnoloxía, enriquecendo e facilitando a aprendizaxe de moi distintos contidos curriculares.
Cal é a vosa opinión ao respecto?

domingo, 10 de diciembre de 2017

CHARLA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL E IDENTIDADE DE XÉNERO


Montse e Raquel da asociación "Nós mesmas" puxéronnos este vídeo e falaron con nós sobre esta realidade  existente na nosa  sociedade.
Todos deberiamos ter dereito:
A ser escoitados.....
A ser respetados ....
A poder opinar ....
A poder pensar ....
A poder sentir ........................
.... E podelo expresar sen medo.
Queredes vós compartir algún sentimento, opinión, pensamento, ...?

viernes, 8 de diciembre de 2017

CHARLA COMPOSTAXE


Esto foi o que máis claro nos quedou na charla sobre compostaxe do luns a cargo de Xesús, o técnico de control do Medio Ambiente do Concello de Redondela: As tres "R", e que o máis importante seguramente é "REDUCIR". Pero tamén: Ollo cos aceites¡¡¡¡, ollo co lixo orgánico¡¡¡¡, ... Vede o seguinte vídeo para coñecer as ventaxes de facer compostaxe.




E agora a xogar....
Compostaxe doméstica: Experiencia Stop Motion: con este xogo, os usuarios teñen a oportunidade de construir unha historia vinculada á compostaxe doméstica e elaborar o seu propio vídeo, utilizando para isto os recursos ofertados (elementos, obxectos, personaxes e situación que formarán parte do mesmo). O obxectivo último da aplicación é coñecer as vantaxes medioambientais, económicas e sociais da autocompostaxe.
(Clica na imaxe para poder xogar)
Quedouvos chulo o corto?