miércoles, 26 de abril de 2017

TIBURÓNS



Os tiburóns, en concreto os brancos non poden vivir en espazos pechados ou en cautividade por certas circunstancias:

  • Porque necesitan moverse para respirar e ao ser trasladados en espazos pequenos poden morrer.
  • Porque os tiburóns teñen que comer peixes vivos e non é algo moi agradable para os visitantes do acuario.

Pincha na imaxe para saber máis.
https://es.wikipedia.org/wiki/Carcharodon_carcharias
 IZÁN 5ºA

lunes, 24 de abril de 2017

A GALIÑA

A GALIÑA
https://www.youtube.com/watch?v=ljkImj_cPOo
A galiña é un animal ovíparo, iso quere dicir que nace de ovos. Poden ter distintas tonalidades segundo a raza de galiña.

Os ovos son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña.


As galiñas son máis pequenas que os galos. Non adoitan medir máis de 40 cm de altura e apenas chegan a 2 kg de peso. Posúen unhas cores notablemente menos rechamantes que os galos.


MARA 5ºA

sábado, 22 de abril de 2017

FAUNIA

Que ou quen é Faunia?
Faunia é un dos zoolóxicos máis grandes de España.
Onde se atopa?
Atópase na  zona de Vicálvaro en Madrid.

Datos interesantes sobre algúns animais:
A abella da mel: os efectos da picadura de vespas  e abellas poden producir un choque anafiláctico que leva á morte.
En Australia as abellas causan máis accidentes fatais que as serpes e as medusas xuntas.

A Ra dardo dourada:  un miligramo do seu veleno sería suficiente para matar a vinte persoas. Por sorte non poden inxectalo, porque se atopa baixo a súa pel. Os indixenas das zonas onde viven estas rás extraéno e fan dardos envelenados con el, que utilizan para cazar. A súa cor tan rechamante xa é unha advertencia.
Potencia do veleno: 9,5 sobre 10
Capacidade do veleno: 2 sobre 1 

(clica na imaxe para saber máis sobre Faunia)


LOIS

jueves, 20 de abril de 2017

OS NOVOS PLANETAS

Canto nos gusta a ASTRONOMÍA!

Fai pouco a NASA atopou un novo sistema solar con tres posibles planetas que conteñen auga e poden conter vida (Unhas compañeiras nosas fixeron un noticiario sobre o tema). A masa do seu Sol é menor que a do noso.
Este equipo internacional de astrónomos descubriu este novo sistema solar con sete planetas do tamaño da Terra, Trappist-1. Está a cerca de 40 anos luz de nós, orbitando en torno dunha estrela pequena e fría, dun  tipo de astro coñecido como "enana vermella". Na Vía Láctea, este tipo de astros son moito  mais abundantes que as estrelas como o noso Sol.
Clica na imaxe para ver o vídeo dun destos descubrimentos:

Máis novas astronómicas:

  • A   NASA  atopou en 2015, 1284 novos planetas, grazas a unha mellora na lente do telescopio  Kepler, o maior anuncio de exoplanetas nun día. Nove deses planetas poden conter auga e habitar nunha orbita cunha estrela que de a suficiente luz para que as persoas vivan.





  • Coa adición destes nove planetas, o número de candidatos para ser habitable descuberto grazas ao telescopio espacial Kepler, que operou ata 2013, é de 21. Cerca de 550 planetas  poderían ser  rochosos como a Terra, tendo en conta o seu tamaño.
  • Os datos  recopilados polo telescopio Kepler  permiten analizar 150.000 estrelas e detectar lixeiras variacións de brillo, o que indica o paso de planetas pola órbita do astro.

Anxo e Hugo

jueves, 13 de abril de 2017

O NOSO ROBOT SOLAR

Recordades o robot que nos agasallaron os Apolos na visita que lles fixemos?
Pois xa está montado. E si, camiña, ... bueno, roda. O noso querido "Willy" é un robot solar e precisa esta luz para poñerse en marcha.
No vídeo que hai abaixo poderedes ver o ben que o pasamos facendo a montaxe.


Agora xa podemos dar un pasiño máis coa programación.
Recordades o "Scratch", o programiña do gato co que faciamos programación con bloques?
Probade a ver que conseguides facer.

(Tedes o enlace tamén na sección de "Robótica educativa")

martes, 11 de abril de 2017

XOGOS LIM INTERACTIVOS

AMEIXAS
Que sabedes vós deste riquísimo bivalvo?


E de Vigo e os seus arredores... 
Coñecedes todos estos lugares?

E de nomes e especies de paxaros da zona?

E da HIDROSFERA do noso planeta? 

Grazas a todos e todas os que de xeito desinteresado elaboran estos xogos que tanto nos gustan e nos axudan a aprender.

Se saídes a dar unha volta e vedes algunha especie animal ou vexetal interesante, sacádelle unha foto e compartídea con nós a través do correo: 
experimentandocoaciencia@gmail.com

martes, 4 de abril de 2017

TABLETS NA ESCOLA OUTRA VEZ

Unha quincena máis que dende o CFR de Vigo nos prestan unha maleta con cinco dispositivos: 5 tablets. 
Traballamos as ciencias en pequeno grupo, buscamos información, elaboramos unha campaña de prevención de enfermidades, e non volo perdades, as levamos a clase de Educación Física, onde puidemos ver "in situ", os nosos avances na execución dalgúns exercicios ximnásticos e figuras que logo levar á nosa coreografía de Acrosport.
Xenial!. Unha pena non poder dispor deles máis a miudo....