Mostrando entradas con la etiqueta mascota. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mascota. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de diciembre de 2017

O CAN

O can doméstico é un mamífero carnívoro que  se integra dentro da familia CANIDAE. Son animais veloces e resistentes, o can doméstico é unha subespecie de lobo, na antigüidade e agora é utilizado como axundante de caza ou para realizar labores de defensa e garda. 
Os cans comunícanse de moi diversas maneiras, con restos de orina a modo de marcaxe, unha comunicación olorosa para defender o seu territorio. 
Nos cans o sentido do gusto está menos desenvolto que nos humanos, de feito non distinguen o sabor salgado. Teñen boas facultades para visualizar obxectos en movemento e ver na escuridade.
Nós temos cans, eu (Valentina) teño dous cans, Chester e Murfi. Non coñezo a súa raza, os encontrei ao lado dun contenedor abandonados con dúas das súas irmás.

O meu can (Carla) chamase Toby, a súa raza e Bichón Maltés. É un cachorro, o que máis lle gusta é xogar co seu boneco Benny. Unha curiosidade é que cando lle pos unha cantiga moderna empeza a moverse e a poñerse nervioso.
Carla e Valentina

E vós, Tedes mascota? Tedes algún canciño? De que raza é? Que curiosidade nos podedes contar sobre el/ela?

sábado, 14 de octubre de 2017

REINO ANIMAL: A nosa mascota

Fai uns días na clase, en relación co tema deste curso (O Reino Animal), estivemos a falar sobre ter unha mascota na aula. Finalmente pensamos que unha boa opción sería un peixiño. O noso compañeiro Lucas ofreceuse a traer un Betta Splendens, tamén coñecido como "o luchador de Siam". De entre varios nomes, decidimos chamarlle "Jimmy". 


Agora temos que organizarnos para coidar del, que esté o mellor atendido posible e sinta, se é posible, o noso cariño. De inicio, vimos que tiña pouco espazo e unha compañeira, Valentina, ofreceuse a traer un acuario maior. Cada mañá os encargados danlle de comer, e cada 10-15 días temos que cambiarlle a auga.

Veremos como lle vai ao noso amiguiño, pois é un peixe de augas cálidas, de entre 24 e 30 ºC, e cando nós marchamos da aula, a temperatura baixa lixeiramente.
Paula, Lucía e Mara

Bueno, e que outros datos coñecedes dos "bettas"? Sabedes de onde son orixinarios?