Mostrando entradas con la etiqueta reino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reino. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de diciembre de 2017

O CHOCO

Nome científico: Sepia officinalis
CLASIFICACIÓN CIENTÍFICA:
1.Reino: Animalia
2. Filo:  Mollusca
3.Clase: Cephalopoda
4. Orde: Sepiidae
5.Xénero: Sepia


O Choco xeralmente vive nas algas e augas pouco profundas. Ten un corpo ancho, oval e aplanado de ata 30-40 cm de lonxitude. Ten dúas expansións laterais a modo de aletas, na zona dorsal un lóbulo triangular, obtuso, que avanza entre os ollos.
Tamén se lle coñece cos nomes de Sepia, Jivia, Cachón. A súa cuncha é reducida e queda oculta sobre a parte dorsal do corpo, cuberta polos pregos laterais.
Desprázase cos pregos ou enerxía reactiva (expulsando aire polo tubo do embude) tamén para a fuxida rápida. Ten un pico triturador para comer pequenos moluscos, caranguexos, camaróns, peixes e outros animaliños pequenos. E outras veces empregan o seu pico como defensa. O seu tempo de vida e de 1 e 2 anos.
O Choco pode cambiar de cor, para facelo ten tres células que utilizan o reflexo da luz para cambiar de cor. Este cambio o fan en dous segundos.


HUGO E LUCAS

E vós, ... Coñecedes algunha curiosidade deste extraordinario animal?

domingo, 19 de noviembre de 2017

O REINO DOS ANIMAIS

Que podemos clasificar en función da súa estructura, en ......
-ANIMAIS VERTEBRADOS

-ANIMAIS INVERTEBRADOS
Clica nas imaxes, pon en pantalla completa, e ... a aprender xogando!!!!

Outros xogos:


miércoles, 1 de noviembre de 2017

REINO ANIMAL: O RAPOSO

A wikipedia fálanos do raposo:
Os vulpinos (Vulpini) son unha tribu de mamíferos carnívoros incluidos na familia dos canidos. Coñécense comunmente como raposo ou raposa. Actualmente están representados por unhas 27 especies que se atopan en casi todos os continentes, aínda que a máis extendida é o raposo vermello ou raposo común que habita en Europa e America do Norte . A maioría viven entre 5 e 7 anos en liberdade , pero poden chegar aos 12 anos , ou incluso sobrepasar esa idade en cautiverio.
Os seus rasgos tipicos son un fino fuciño e unha espesa cola . Son solitarios cazando a súa presa (especialmente aos roedores). A súa pel é moi preciada en peletería.

Sheyla e David
Pero, seguro que hai un montón de datos moi interesantes sobre este fermoso animal que todavía non sabemos. Seredes quen de atopar algunha desa información?

Aquí vos queda un pequeno vídeo (extraído dun documental da BBC) dun raposo pescando: