viernes, 25 de noviembre de 2016

O CHOCO... ESPECTACULAR DOCUMENTAL

IMPRESIONANTE!
Acabamos de recibir de Lois un enlace a un documental incrible. 
Tedes que velo!
"O Festival de Cine Submarino de Vigo abriu a súa XXVI edición cun espectacular documental dirixido polos biólogos Manuel Garci Jorge Hernández Urcera. Trátase de ‘O choco: baixo as ondas da enseada de San Simón’. Esta curtametraxe recibiu o segundo premio no Festival de Cinema Submarino de Donosti no 2015. Cunha duración de 18 minutos, amosa a vida do cefalópodo e destaca a ría de Vigo como un ecosistema perfecto para a vida destes cefalópodos. Este traballo foi feito ao longo do ano 2013 e principios do 2014 e supuxo máis de cincuenta horas de gravación baixo a auga e moitísimas máis de preparación e montaxe.  ..."
http://www.gciencia.com/video/o-espectacular-documental-sobre-o-choco-da-ria-de-vigo/
GRAZAS LOIS! (e familia)!

jueves, 24 de noviembre de 2016

FROITOS OUTONO 2

FANTÁSTICO!
Pois si que investigastes...! No blog, na libreta de campo, ... 
Moi ben!
Pero, como xa falamos... Cando se pode considerar que un produto, froita, cultivo, especie, ... é autóctono dun lugar?
Canto tempo debe pasar dende que se implante o seu cultivo ata que  se poida dicir que é autóctono?
Por riba, ante os últimos achados arqueolóxicos, hai moita controversia ao redor da orixe, procedencia, datas, ... de moitas destas froitas.
Ben sabemos que hai especies que se levan cultivando na península, en Galicia, dende a época dos Fenicios, Cartaxineses, Gregos, Romanos, ... En estos casos, podemos dicir entón que 2000 anos é tempo dabondo para considerar un cultivo autóctono?
En cambio outros só levan 400-500 anos, ou menos, 100-200 anos, dende a súa chegada e cultivo.

E sabendo como sabemos, que a introdución de especies animais pode alterar os ecosistemas. Sucede o mesmo coas especies vexetais? Coñecemos algún exemplo?

viernes, 18 de noviembre de 2016

FROITOS DO OUTONO

Podería parecer que o outono, coa caída da folla e o murchar das árbores, fora unha estación onde non tiveramos froita de tempada. Nada máis lonxe da realidade. Son moitas as froitas típicas destas datas: Castañas, noces, avelás, améndoas, uvas, cabazas, feixoas, peras, granadas, mandarinas, figos, membrillos, caqui, tamarillos, .... Froitos secos uns e carnosos os outros. 
Pero, ... 
Son todos eles típicos ou autóctonos das nosas terras?

Saberíades dicirnos cal é a procedencia de algúns deles?

lunes, 14 de noviembre de 2016

SUPERLÚA 14 NOVEMBRO


Pois si, polo visto hoxe hai unha SUPERLÚA, a máis grande e brillante rexistrada nos últimos 70 anos.
E POR QUE ACONTECE ESTO?
Pois, parece ser, segundo as estimacións da NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e do Espacio dos EEUU), que as lúas cheas destes outubro, novembro e decembro teñen lugar cando a lúa está no seu "perixeo"(punto máis preto de aproximación na súa órbita ao redor da Terra). 

Nesta posición o noso satélite aparecerá un 14% máis grande e un 30% máis brillante no ceo. 

Este 14 de novembro espérase que a lúa chegue ao máximo da súa fase completa durante a tarde, sobre as 13:52 h., pero aparecerá chea ao observador no día antes e despois do evento.
Por se hai nubes, chove, ... e non se pode ver o ceo, aquí vos deixamos un enlace para poder ver a Superlúa en directo: SKY-LIVE.TV

sábado, 12 de noviembre de 2016

QUE PASA COA LÚA?


Parece ser que este luns 14 de novembro hai lúa chea. Pero, saberedes que ten esta lúa de especial?

miércoles, 9 de noviembre de 2016

MARTE


Marte é o cuarto planeta en orden de proximidade ao Sol e o segundo máis pequeno do noso Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello é o planeta interior máis alonxado do Sol. É un planeta telúrico (rochoso, formado por silicatos) cunha atmosfera delgada de dióxido de carbono. Marte ten dous satélites: Fobos e Deimos, e é facilmente observable dende a Terra.
Por que nos resulta tan interesante?

Aínda que Venus é o planeta máis cercano á Terra, a posible existencia de auga en MARTE é un dos maiores descubrimentos da historia da NASA, que da pé a pensar que pode haber non só líquido no Planeta Vermello, se non tamén vida.

 
MARTE
Satélites - 2
Diámetro - 6794,4 Km
Periodo Rotación - 24h 37m 22s
Tª: mínima= -87ºC /media= -46ºC / máxima= 20ºC


SHEYLA E DAVID


Aquí vos deixamos tamén o vídeo interactivo da Nasa onde poderedes vós mesmos orientarvos co rato no planeta vermello. A ver que sodes capaces de descubrir?

martes, 8 de noviembre de 2016

RESOLVENDO DÚBIDAS

1. Punto máis occidental de Oceanía?
Illa Dirk Hartog (Na bahía Shark): 25º 50´ 00´´ latitude sur; 113º 05´ 00´´ lonxitude leste.
2. Punto máis septentrional de España?
Cabo Estaca de Bares (Estaquín e Sigüelos): 43º 47´ 38´´ latitude norte; 7º 41´ 16´´ lonxitude oeste.
3.a. Punto máis occidental da España peninsular? (que non era Finisterre)
Cabo Touriñán: 43º 03´ 11´´ latitude norte; 9º 17´ 56´´ lonxitude oeste.
3.b. O punto máis occidental do territorio español?
Punta de la Orchilla (Illa de "El Hierro" - Gran Canaria): 27º 42´ Latitude Norte; 18º 09´ Lonxitude Oeste.

4. Nome do insecto que trouxo Antón?
Nome científico: Gryllotalpa gryllotalpa. Grilo ceboleiro, alacrán ceboleiro, ralo, relo, ... (grillotopo en castelán). Insecto de aspecto acorazado e robusto que só é perigoso para as raíces das plantas das que se alimenta. Compensa este dano nos cultivos devorando tamén numerosas larvas de insectos nocivos.
Averiguastes máis cousiñas sobre este animaliño???

viernes, 4 de noviembre de 2016

TEMAS PENDENTES

Seguro que recordades que temos unha preguntiña por ahí sen resolver. 
Sabiamos cal era o punto máis meridional de América: 
O islote Águila, no arquipélago das illas Diego Ramírez, nas coordenadas 56º 32´ 15´´ Latitude Sur, 68º 43´ 10´´ Lonxitude Oeste.
Pero, ...
1. Sabemos xa Cal é o punto máis occidental de Oceanía e as súas coordenadas?
E xa postos...
2. Seriamos quen de averiguar cal é o punto máis Septentrional de España e cales as súas coordenadas?
3. ...E o punto máis occidental de España e as súas coordenadas?
4. ... E cambiando de tema... Que animaliño era o que nos trouxo Antón estos días? (deixovos unha foto para que o recordedes)
Cantas dúbidas!!!!!!!!!!!