Esto foi o que máis claro nos quedou na charla sobre compostaxe do luns a cargo de Xesús, o técnico de control do Medio Ambiente do Concello de Redondela: As tres "R", e que o máis importante seguramente é "REDUCIR". Pero tamén: Ollo cos aceites¡¡¡¡, ollo co lixo orgánico¡¡¡¡, ... Vede o seguinte vídeo para coñecer as ventaxes de facer compostaxe.
E agora a xogar....
Compostaxe doméstica: Experiencia Stop Motion: con este xogo, os usuarios teñen a oportunidade de construir unha historia vinculada á compostaxe doméstica e elaborar o seu propio vídeo, utilizando para isto os recursos ofertados (elementos, obxectos, personaxes e situación que formarán parte do mesmo). O obxectivo último da aplicación é coñecer as vantaxes medioambientais, económicas e sociais da autocompostaxe.
(Clica na imaxe para poder xogar)
Quedouvos chulo o corto?


