Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de octubre de 2017

REINO ANIMAL: A nosa mascota

Fai uns días na clase, en relación co tema deste curso (O Reino Animal), estivemos a falar sobre ter unha mascota na aula. Finalmente pensamos que unha boa opción sería un peixiño. O noso compañeiro Lucas ofreceuse a traer un Betta Splendens, tamén coñecido como "o luchador de Siam". De entre varios nomes, decidimos chamarlle "Jimmy". 


Agora temos que organizarnos para coidar del, que esté o mellor atendido posible e sinta, se é posible, o noso cariño. De inicio, vimos que tiña pouco espazo e unha compañeira, Valentina, ofreceuse a traer un acuario maior. Cada mañá os encargados danlle de comer, e cada 10-15 días temos que cambiarlle a auga.

Veremos como lle vai ao noso amiguiño, pois é un peixe de augas cálidas, de entre 24 e 30 ºC, e cando nós marchamos da aula, a temperatura baixa lixeiramente.
Paula, Lucía e Mara

Bueno, e que outros datos coñecedes dos "bettas"? Sabedes de onde son orixinarios?

viernes, 30 de junio de 2017

ACEITE DE PALMA 2

Seguro que recordades que non hai moito falabamos do dano que nos facía o uso e abuso do aceite de palma, que por outro lado, hoxe en día, está presente en practicamente todos os productos que usamos.
Pois ben, seguimos preocupados e concienciados, Lucía voltou recordarnos esta problemática.
A OCDE  calcula que cada ciudadano europeo consume ao ano 59,3 kg de este aceite. Máis do 50% dos produtos que hai no supermercado levan aceite de palma. 
Hoxe en día ningunha autoridade sanitaria, nin organización mundial da saúde prohibe a súa utilización, entón, ...
Por que din que é tan malo o Aceite de Palma?
(Fai clic na imaxe para ver o vídeo)

-Graxa saturada de cadea corta e par. A peor posible, relacionada con disfuncións metabólicas como a diabetes.
-No seu tratamento e procesamento a altas temperaturas forma compostos altamente tóxicos (ésteres glicídicos).
-Deforestación, cambio climático, explotación laboral, ... 


Que pasa realmente co Aceite de Palma?
Se é tan malo como din, por que non o prohiben?
Acaso non hai estudios que respalden todos estos argumentos?
E se non os hai, a que ven tanta publicidade?
Ou, coma sempre, son intereses económicos os que o moven todo?
Vós que opinades?

martes, 28 de febrero de 2017

AZUCRE, POR QUE TANTO?

Que perigo no ENTROIDO!!!!
Cos riquísimos postres que hai na nosa gastronomía...!!!
Menos mal que se fan na casa con ingredientes moito máis naturais e con moito cariño.
Pero, ollo, ... con moderación!!!

Que lle fai o azucre ao noso corpo?
Caries, demanda vitaminas grupo B, resistencia insulina e diabetes tipo 2, adicción, inhibe sistema inmunolóxico, obesidade, colesterol, mala circulación, riscos cardiovasculares, relaciónase con algúns cancros, ...
"O azucre xera adicción", esta é a impactante conclusión dun estudo británico (ABC-11/2/2014).
O azucre está presente na maior parte dos alimentos que consumimos a diario e en xeral en cantidades moito maiores das necesarias. Se as sumamos, ao longo dun día, excedemos con moito as cantidades diarias recomendadas.
Consultade as etiquetas dos alimentos que tomades ao longo dun día e sumade. 
Canto azucre consumides diariamente?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) aconsella que non máis dun 10% das calorías totais da nosa dieta sexan en forma de azucre (en grupos de risco - 5%). Se 1 gr. de azucre ten 4 calorías, suporía non máis de 50 gr. de azucre ao día (menos como prevención).


Escoita o que nos contaban xa no 2014: