Mostrando entradas con la etiqueta actividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

CONECTO CO RELEVO

O noso gran proxecto neste primeiro trimestre xiraba ao redor da xeografía: O relevo de España. Fixemos unha maqueta de España, onde puxemos algúns elementos do relevo: ríos, picos, sistemas montañosos, ... Algúns de nós o fixemos con plasti e tridimensional, outros a modo de circuito eléctrico. 
Unha chulada!
E logo de facelas, quixemos xogar con elas e compartilas con outros nen@s do centro. Podedes velo no vídeo.
Unha experiencia alucinante!


Alumn@s de 6ºA

viernes, 16 de junio de 2017

TAEKWONDO: UN POUCO DE HISTORIA

Seguro que xa vistes no blog da Biblio que a semana pasada tivemos con nós ao maestro Iago e ao maestro Roi, cos que practicamos Taekwondo.


Coñecedes algo da historia das Artes Marciais? 
e en concreto do TAEKWONDO?

As orixes do Taekwondo sitúanse sobre o ano 50 d.C.. A evidencia da súa práctica foi atopada en antigas tumbas por arqueólogos xaponeses, durante a ocupación.
Os militares da dinastía Goguryeo desenvolveron un estilo de boxeo, baseado en diversos estilos chinos, adaptados ás súas propias necesidades. Era un estilo que daba moita importancia ás patadas en lugar de aos puñetazos. Este estilo de defensa persoal sen armas é o denominado Taekkyon.

E agora deixámosvos cunha exhibición de Pumses (técnicas):