Mostrando entradas con la etiqueta superlúa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta superlúa. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2018

QUE LÚA!!!

Durante esta pasada semana falamos, como non podía ser doutro xeito, do cúmulo de lúas que aconteceron do martes 30 ao mércores 31: SUPERLÚA, LÚA AZUL, LÚA DE SANGUE E ECLIPSE DE LÚA. Unha coincidencia que non se daba dende hai 150 anos. Pero, non tiñamos claro o que era cada unha delas. 
O eclipse e a superlúa, hai pouco que falamos deles. Neste ECLIPSE en concreto, o Sol, a Terra , e a lúa, alíñanse, dando lugar a un eclipse total de lúa.

A SUPERLÚA ocorre cando o punto máis cercano da órbita da lúa ao redor da terra (perigeo), coincide cunha lúa chea, o que fai que se vexa sobre un 10 ou 15% máis grande.


LÚA AZUL chámaselle á segunda lúa chea dun mesmo mes.
A LÚA DE SANGUE é debida a que durante o eclipse a atmosfera da terra filtra a luz azul e verde dos raios solares, mentras que deixa pasar a luz vermella.
Unha pena que na nosa latitude non nos puideramos deleitar con todo o explendor destos acontecementos...
Sabedes se temos, neste 2018, no noso territorio, a posibilidade de ver directamente algún acontecemento astronómico similar ou parecido? 

lunes, 14 de noviembre de 2016

SUPERLÚA 14 NOVEMBRO


Pois si, polo visto hoxe hai unha SUPERLÚA, a máis grande e brillante rexistrada nos últimos 70 anos.
E POR QUE ACONTECE ESTO?
Pois, parece ser, segundo as estimacións da NASA (Administración Nacional de Aeronáutica e do Espacio dos EEUU), que as lúas cheas destes outubro, novembro e decembro teñen lugar cando a lúa está no seu "perixeo"(punto máis preto de aproximación na súa órbita ao redor da Terra). 

Nesta posición o noso satélite aparecerá un 14% máis grande e un 30% máis brillante no ceo. 

Este 14 de novembro espérase que a lúa chegue ao máximo da súa fase completa durante a tarde, sobre as 13:52 h., pero aparecerá chea ao observador no día antes e despois do evento.
Por se hai nubes, chove, ... e non se pode ver o ceo, aquí vos deixamos un enlace para poder ver a Superlúa en directo: SKY-LIVE.TV