Mostrando entradas con la etiqueta deporte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deporte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de febrero de 2018

BALONCESTO CIENTÍFICO


Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!
Ao rematar sortearon 2 camisetas do club (unha tocoulle a Iván) e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.

FANTÁSTICO!
ENCANTOUNOS A VISITA!
ENCANTOUNOS XOGAR CON ELAS!
ENCANTOUNOS IR VER O PARTIDO!
Foi unha experiencia xenial!
Gustaríanos voltar coincidir con elas....
Sorte na liga!
ALUMN@S 6ºA

viernes, 16 de junio de 2017

TAEKWONDO: UN POUCO DE HISTORIA

Seguro que xa vistes no blog da Biblio que a semana pasada tivemos con nós ao maestro Iago e ao maestro Roi, cos que practicamos Taekwondo.


Coñecedes algo da historia das Artes Marciais? 
e en concreto do TAEKWONDO?

As orixes do Taekwondo sitúanse sobre o ano 50 d.C.. A evidencia da súa práctica foi atopada en antigas tumbas por arqueólogos xaponeses, durante a ocupación.
Os militares da dinastía Goguryeo desenvolveron un estilo de boxeo, baseado en diversos estilos chinos, adaptados ás súas propias necesidades. Era un estilo que daba moita importancia ás patadas en lugar de aos puñetazos. Este estilo de defensa persoal sen armas é o denominado Taekkyon.

E agora deixámosvos cunha exhibición de Pumses (técnicas):

jueves, 18 de mayo de 2017

ACROSPORT E CIENCIA

Que é o ACROSPORT?
O Acrosport, tamén chamado "Ximnasia acrobática", é un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluida na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.
No Acrosport existen tres elementos fundamentais: 
1. Formación de figuras ou pirámides corporais.
2. Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios, como transicións entre as figuras.
3. Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.
E que ten que ver esto coa Ciencia? Pois todo... Ben sabemos que todo é Ciencia. No noso caso: Saúde, partes do corpo humano, agarres, ángulos, equilibrios, forzas, ...
Vede senón as estupendas coreografías que elaboraron estos incribles ximnastas:


FANTÁSTICO!!!

viernes, 24 de febrero de 2017

CIENCIA E SALTO DE ALTURA

Por se tiñades dúbidas, o deporte é moi científico. 
Calquera disciplina deportiva, intenta aproveitar ao máximo tódolos avances científicos que se producen: Na súa preparación física (fisioloxía, nutrición, ...), nas súas distintas técnicas (principios físicos), ...
 Atentos ao vídeo. Logo xa nos diredes cantas Leis Físicas e grandes Científicos nomea....