Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de mayo de 2018

RESPOSTA: Pregunta 2

2. CANTAS VOLTAS DA A EEI, NUN DÍA, AO REDOR DA TERRA?
OU
CANTAS VECES AO DÍA SAE O SOL NA EEI?

Case 16
15
A EEI orbita a 360 km da superficie terrestre, a uns 27.750 km/h. Da case 16 voltas ao redor da terra nun día. Os astronautas que alí traballan, ven amencer 15 veces en 24 horas.

FANTÁSTICO!!!

sábado, 3 de febrero de 2018

QUE LÚA!!!

Durante esta pasada semana falamos, como non podía ser doutro xeito, do cúmulo de lúas que aconteceron do martes 30 ao mércores 31: SUPERLÚA, LÚA AZUL, LÚA DE SANGUE E ECLIPSE DE LÚA. Unha coincidencia que non se daba dende hai 150 anos. Pero, non tiñamos claro o que era cada unha delas. 
O eclipse e a superlúa, hai pouco que falamos deles. Neste ECLIPSE en concreto, o Sol, a Terra , e a lúa, alíñanse, dando lugar a un eclipse total de lúa.

A SUPERLÚA ocorre cando o punto máis cercano da órbita da lúa ao redor da terra (perigeo), coincide cunha lúa chea, o que fai que se vexa sobre un 10 ou 15% máis grande.


LÚA AZUL chámaselle á segunda lúa chea dun mesmo mes.
A LÚA DE SANGUE é debida a que durante o eclipse a atmosfera da terra filtra a luz azul e verde dos raios solares, mentras que deixa pasar a luz vermella.
Unha pena que na nosa latitude non nos puideramos deleitar con todo o explendor destos acontecementos...
Sabedes se temos, neste 2018, no noso territorio, a posibilidade de ver directamente algún acontecemento astronómico similar ou parecido? 

domingo, 11 de diciembre de 2016

TELESCOPIO HUBBLE

Moi ben! Boa investigación!
En Abril do 2015, a banda granadina Lori Meyers gravou este tema "Telescopio Hubble", en exclusiva para National Geographic Channel, con motivo dos 25 anos do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble.
Un pouco tarde, pero, ... 
Feliz Aniversario, Hubble!

Co lanzamento e posta en órbita deste telescopio o 24 de abril de 1990, por parte das axencias espaciais americana e europea (NASA e ESA), os científicos conseguiron eludir a distorsión da atmósfera, o que permitiu ver o Universo cunha claridade nunca lograda. Coas súas observacións, os astrónomos confirmaron a existencia de buratos negros, aclararon moitas das ideas do nacemento do Universo, revelaron novas galaxias, ...
Agora vemos o Universo con outros ollos!
Nebulosa do caranguexo (restos dunha Supernova)
Se queredes ver o noso Universo cos ollos do Hubble, facede clic na imaxe e vede algunha das súas incribles fotos.

jueves, 1 de diciembre de 2016

O UNIVERSO E O BIG BANG

Como se creou o UNIVERSO?
Segundo as teorías máis extendidas, o UNIVERSO  orixinouse hai uns 15.000 millóns de anos, debido a unha gran explosión de materia e enerxía, denominada BIG BANG, que provocou unha xigantesca nube de po e gas de elevada temperatura. Posteriormente esta inmensa nube foi enfriándose orixinando os diversos astros que forman o UNIVERSO. INCRIBLE!

E como saben os científicos que foi así?
Con múltiples experimentos, uns existosos e outros non tanto. Nalgúns deles recrearon o que puido ser a orixe de todo. 

Moi cerca de aquí, na fronteira suizofrancesa, temos o Acelerador de Hadróns LHC (Large Hadron Collider), construido a 100 m de profundidade, no que se realizan moitos destos experimentos. 

Neste acelerador de partículas fan que partículas subatómicas, afectadas por forzas nucleares fortes, (quarks, fermións, bosóns ou gluóns, protons e neutróns) aceleradas, choquen en sentidos opostos a case a velocidade da luz.

E agora intentade simular a gran expansión do Universo cun pequeno experimento. Clicade no enlace. Sorte! (Ollo...! co que provocades): 

sábado, 12 de noviembre de 2016

QUE PASA COA LÚA?


Parece ser que este luns 14 de novembro hai lúa chea. Pero, saberedes que ten esta lúa de especial?

miércoles, 9 de noviembre de 2016

MARTE


Marte é o cuarto planeta en orden de proximidade ao Sol e o segundo máis pequeno do noso Sistema Solar. Coñecido como o planeta vermello é o planeta interior máis alonxado do Sol. É un planeta telúrico (rochoso, formado por silicatos) cunha atmosfera delgada de dióxido de carbono. Marte ten dous satélites: Fobos e Deimos, e é facilmente observable dende a Terra.
Por que nos resulta tan interesante?

Aínda que Venus é o planeta máis cercano á Terra, a posible existencia de auga en MARTE é un dos maiores descubrimentos da historia da NASA, que da pé a pensar que pode haber non só líquido no Planeta Vermello, se non tamén vida.

 
MARTE
Satélites - 2
Diámetro - 6794,4 Km
Periodo Rotación - 24h 37m 22s
Tª: mínima= -87ºC /media= -46ºC / máxima= 20ºC


SHEYLA E DAVID


Aquí vos deixamos tamén o vídeo interactivo da Nasa onde poderedes vós mesmos orientarvos co rato no planeta vermello. A ver que sodes capaces de descubrir?

sábado, 29 de octubre de 2016

A XOGAR COAS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Como sei que estades desexando coñecer moito máis a fondo todo este mundo que nos rodea, deixovos aquí un enlace onde poder curiosear sobre: O Universo, A Terra, Cartografía (mapas e planos) e sobre o noso país.
Despois de que curioseedes un pouquiño e vos empapedes de todos esos datos, pasádevos polo módulo 3, Cartografía, no apartado 3.3 atoparedes uns xogos moi divertidos cos que ademáis aprenderedes moito sobre coordenadas xeográficas. 
Quen atopará o pozo envelenado?
Quen conseguirá elaborar o croquis?
Quen evitará tódalas minas?

Facede clic na imaxe
Nos outros módulos tamén hai xogos, pero, antes de xogar, informádevos ben e así acadar a máxima puntuación.
Disfrutade do "Finde"!!!
(E estudiade un pouquiño...)

jueves, 29 de septiembre de 2016

PARA IR COMEZANDO

Que mellor forma... 
En Ciencias Sociais estamos traballando co Universo e o Sistema Solar, así que,

vamos colgar algúns recursos nos que curiosear, observar, investigar, xogar, traballar, ... A elixir.
Xogos Lim:
   -O Universo
  -Simulación movementos Terra (avaliación)
  -Animación Sistema Solar 
  -Documental: Sistema Solar
  -Documental: Como se formó el Sistema Solar

Actividades:
  -Do Sistema Solar ao noso Planeta
  -NasaSpace Place

Noticias Universo:
  -Nasa en Español
  -Axencia espacial europea


En canto curioseedes un pouquiño, dádenos a vosa opinión dos xogos e actividades que máis vos gustaron e por que. E se coñecedes algún outro realmente interesante, compartídeo con nós.

A explorar... Pequenos e grandes científicos!!!!