martes, 20 de febrero de 2018

Visita: UNIMATE ROBÓTICA

Incrible visita!!!
Temos que darlle as grazas a Cástor, e a Luis que nos puxo en contacto, por ofrecernos a posibilidade desta gran experiencia. 
Coñecimos de cerca o funcionamento dunha empresa, neste caso relacionada coa xestión e automatización de procesos; manexamos brazos robóticos; explicaronnos pequenas cousiñas ao redor da programación, dos sistemas de seguridade, ... Vamos que aprendimos un montón. 
Por enriba tivemos uns mestres estupendos. Grazas Cástor, Roberto, Jesús e Jose. E ata a próxima! Por que, gústanos tanto a robótica que, o mesmo nun futuro traballamos xuntos nalgunha empresa.



E recordades o vídeo do brazo robótico que nos ensinou Cástor, que tanto nos gustou?
Aquí vos queda o enlace:
BRAZO ROBÓTICO ELECTRÓNICO CASERO

Seredes quen de facer algo similar ou parecido?....

4 comentarios:

  1. Que chulo é o robot, é de madeira, pero o señor que o manexa non o fai con unha consola como os fanuc e abb, se non que a consola tamén é de madeira e está conectada directamente ao robot.
    Paula 6A.

    ResponderEliminar
  2. O VIDEO ESTÁ CHILÍSIMO, TEMOS QUE PROBAR A FACER UN NA CLASE DE CIENCIAS. A VER COMO SAE...




    SHEYLA GÓMEZ RODRÍGUEZ 6ºA

    ResponderEliminar
  3. A MIN ENCANTOUME A VISITA COMO MANEXAR O ROBOT


    JORGE6A

    ResponderEliminar
  4. A min esta visita me gustou moito.Moitas grazas aos da empresa pola visita.

    Anxo 6A

    ResponderEliminar