O Acrosport, tamén chamado "Ximnasia acrobática", é un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluida na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.
No Acrosport existen tres elementos fundamentais:
1. Formación de figuras ou pirámides corporais.
2. Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios, como transicións entre as figuras.
3. Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.
E que ten que ver esto coa Ciencia? Pois todo... Ben sabemos que todo é Ciencia. No noso caso: Saúde, partes do corpo humano, agarres, ángulos, equilibrios, forzas, ...
Vede senón as estupendas coreografías que elaboraron estos incribles ximnastas:
Unha quincena máis que dende o CFR de Vigo nos prestan unha maleta con cinco dispositivos: 5 tablets.
Traballamos as ciencias en pequeno grupo, buscamos información, elaboramos unha campaña de prevención de enfermidades, e non volo perdades, as levamos a clase de Educación Física, onde puidemos ver "in situ", os nosos avances na execución dalgúns exercicios ximnásticos e figuras que logo levar á nosa coreografía de Acrosport.
Xenial!. Unha pena non poder dispor deles máis a miudo....