miércoles, 28 de febrero de 2018

BALONCESTO CIENTÍFICO


Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!
Ao rematar sortearon 2 camisetas do club (unha tocoulle a Iván) e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.

FANTÁSTICO!
ENCANTOUNOS A VISITA!
ENCANTOUNOS XOGAR CON ELAS!
ENCANTOUNOS IR VER O PARTIDO!
Foi unha experiencia xenial!
Gustaríanos voltar coincidir con elas....
Sorte na liga!
ALUMN@S 6ºA

8 comentarios:

  1. Coa visita paseino xenial.
    Eu si que fun ao partido,estivo moi entretido e sobretodo moi reñido.
    Tristemente perderon 56-67... pero polo menos divertironse elas e nós.

    A min encantoume!!!!!!!!!!!!



    LUCÍA CC.

    ResponderEliminar
  2. A min me gustou moito a visita do real club celta zorka . Non fui o partido porque non tiña tempo

    David 6A

    ResponderEliminar
  3. A mín esta visita encantoume!!!!!!!!!!
    Paula 6A.

    ResponderEliminar
  4. Encantoume ter a oportunidade de poder traballar e xogar con elas.
    Quero darlle as grazas a todas elas polas entradas e traballar con nos.
    Inda que eu non poiden ir o partido paseino xenial.
    Antía 6A

    ResponderEliminar
  5. A min encantoume xogar o baloncesto sobre todo tuven moita sorte o gañar a camiseta. Un saúdo.
    Iván 6A.

    ResponderEliminar
  6. Encantoume a visita, foi moi divertida, o malo e que non puiden ir ao partido.

    Anxo 6A

    ResponderEliminar
  7. A VISITA FOI ESTUPENDA ,OXALÁ NOS DEAN OUTRA ENTRADA PARA IR A VELAS UN SAÚDO

    JORGE 6A

    ResponderEliminar
  8. Eu fun o partido ainda que cheguei tarde firmaronme.
    Lois

    ResponderEliminar