Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de octubre de 2017

RELEVO ESPAÑA E GALICIA

Comezamos xa coa primeira unidade en Ciencias Sociais: O relevo e a hidrografía de España. E como primeiro proxecto temos que construir, realizar, unha maqueta 3D, ben dos ríos, ben do relevo, ... ou mesturando ambos; simplemente cos nomes ou engadindo conexións eléctricas e realizando un pequeno xogo.
Tiñamos 30 días, ata o día 20 de outubro. Algúns xa os están a presentar e están quedando moi chulos. Ánimo! 


Pero unha vez que se presenta un traballo, debe estar acompañado da súa ficha de elaboración...

Ficha 1 informática: “Ficha seguemento proxecto maqueta relevo”
Deberemos crear unha ficha da elaboración da maqueta: como máximo nun folio, a unha cara, co ordenador, onde se traballen os seguintes comandos: Tamaño, tipo, estilo e cor da fonte (letra), viñetas, inserción de imaxe e borde de páxina. (2 sesións)
Unha vez realizada a ficha enviarémoslla á profe a través do correo:
Poñendo o nome dos dous compañeiros que realizaron a maqueta e a ficha.
Seguro que nos queda estupenda!

martes, 20 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE MINERAIS

Antía e Andrea faláronnos dos minerais.

Unha afición que nos apaixona a moitos... 

Xa os Fenicios hai 3000 anos recalaban nas costas galegas en busca do entón codiciado estaño, os romanos chegaron a desviar o cauce do río Sil en busca de ouro, e os alemáns loitaron cos aliados en busca de wolframio.
Con máis de 400 explotacións mineiras, Galicia é a terceira comunidade mineira de España. Temos todavía unha gran riqueza xeolóxica: Granito, pizarra, magnesita, caolín, cuarzo, estaño, wolframio, cobre, ... balnearios e manantiais, ...
E vós que minerais coñecedes? Recolledes mostras cando saídes de paseo? Tedes algún exemplar digno de mención?

viernes, 10 de marzo de 2017

NOVAS CIENCIA 7

Quecemento global - Parques naturais de Galicia



Recordade que a próxima semana o profe Guillermo vainos dar unha charla sobre os FÓSILES.
Podedes ir informándovos: Como se forman, como se poden clasificar, tipos, ...

sábado, 25 de febrero de 2017

NOVAS CIENCIA 5

A aeronáutica galega e os efectos da dopamina no noso cerebro



Bo ENTROIDO para tod@s!

lunes, 6 de febrero de 2017

CIENCIA EN GALEGO

A ciencia en Galiza está de noraboa. Dezasete equipos científicos das Universidades Galegas foron distinguidos pola Xunta como "Grupos de referencia competitiva" pola súa traxectoria e proxección internacional, despois de 3 décadas da mellor ciencia.
Estos son algúns dos proxectos distinguidos: