Mostrando entradas con la etiqueta enerxía renovable. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enerxía renovable. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de junio de 2017

ENERXÍAS RENOVABLES: BIOMASA

Todos sabemos... que as plantas, son autótrofas, fabrican a partir da luz solar o seu propio alimento, transforman a enerxía radiante do sol, en enerxía química a través da fotosíntesis e parte desa enerxía queda almacenada en forma de materia orgánica.
Quen puidera, ao igual que as plantas, realizar todas esas reaccións químicas e fabricar o noso propio alimento?


A que chamamos entón biomasa?

Victor, o noso compañeiro, nolo explicaba:
"Considérase biomasa a un grupo de produtos enerxéticos e materias primas de tipo renovable que se orixinan a partir de materia orgánica formada por vía biolóxica"
A biomasa para enerxía obtense dos restos de aproveitamentos forestais, das industrias da primeira e segunda transformación da madeira, dos produtos agrícolas e forestais, dos residuos de explotacións gandeiras, da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos, de cultivos implantados e explotados co único obxecto da obtención de biomasa, os denominados cultivos enerxéticos, e, en xeral, de calquera produto de orixe orgánico susceptible de aproveitamento enerxético.





Para saber máis: 

jueves, 1 de junio de 2017

PROXECTO MAGALLANES

Este pasado luns 29 de maio, o noso compañeiro Lucas, na súa exposición da investigación levada a cabo sobre os aeroxeradores e a enerxía limpa e renovable, presentábanos un proxecto espectacular, xestado aquí, en Redondela.

O PROXECTO MAGALLANES
(consultade a súa páxina)
Enerxía renovable
Enerxía limpa
...


Nacido en Redondela no 2007, este proxecto ten o reto de desenvolver unha tecnoloxía capaz de extraer enerxía das correntes mariñas. Este proxecto a diferenza doutros similares, denominados de presa, de fondo ou de pilar, é máis económico, de menor impacto ambiental e de fácil mantemento.

Como vedes unha idea pode cambiar o mundo. E vós ... tedes algunha? Ocórresevos algumha cousiña que poida axudar a este planeta que estamos a esgotar?