Comezamos xa coa primeira unidade en Ciencias Sociais: O relevo e a hidrografía de España. E como primeiro proxecto temos que construir, realizar, unha maqueta 3D, ben dos ríos, ben do relevo, ... ou mesturando ambos; simplemente cos nomes ou engadindo conexións eléctricas e realizando un pequeno xogo.
Tiñamos 30 días, ata o día 20 de outubro. Algúns xa os están a presentar e están quedando moi chulos. Ánimo!
Pero unha vez que se presenta un traballo, debe estar acompañado da súa ficha de elaboración...
Ficha 1
informática: “Ficha seguemento proxecto maqueta relevo”
Deberemos crear unha ficha da elaboración da maqueta: como máximo nun folio, a unha cara, co ordenador, onde se traballen os seguintes comandos: Tamaño, tipo, estilo e cor da fonte (letra), viñetas, inserción de imaxe e borde de páxina. (2 sesións)
Unha vez realizada a ficha enviarémoslla á profe a través do correo:
Poñendo o nome dos dous compañeiros que realizaron a maqueta e a ficha.Seguro que nos queda estupenda!


No hay comentarios:
Publicar un comentario