Mostrando entradas con la etiqueta hipótese. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hipótese. Mostrar todas las entradas

sábado, 20 de mayo de 2017

EXPERIMENTANDO CON OSIÑOS DE GOMINOLA



Que son realmente os osiños de gominola?
Basicamente están compostos de tres compoñentes: azucre, xarope de glucosa ou fructosa e xelatina.
Non hai moito publicabamos un artigo sobre o consumo de azucre e as súas terribles consecuencias.
Que acontecerá entón se os introducimos dentro dun vasiño de auga?
Hipótese: 
  • Os colorantes dilúense na auga
  • Os osiños descompóñense
  • Os osiños diminúen de tamaño
  • Os osiños aumentan de tamaño
Coloca 1 osiño dentro dun vasiño de auga e vai observando cada hora aproximadamente o que acontece. Fai unha táboa de recollida de datos, para logo poder mostrar os teus resultados.


Ollo ao finalizar! Non nos pasemos co azucre!