Mostrando entradas con la etiqueta hubble. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hubble. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de mayo de 2017

TELESCOPIO HUBBLE

TELESCOPIO HUBBLE
Mirade estas imaxes que captou o telescopio HUBBLE...
(Aquí aparece o telescopio a punto de captar unha imaxe dunha NEBULOSA)
clica na imaxe para entrar na wikipedia

1. SABEREDES DICIRNOS O QUE É UNHA NEBULOSA?
Unha nebulosa é unha masa de materia cósmica celeste, difusa e luminosa, que ten aspecto de nube.
 
2. QUE É UNHA CONSTELACIÓN?
Unha costelación é un conxunto de estrelas agrupadas nunha rexión celeste.

O telescopio Hubble xa ten 27 anos!!!



MARA e VALENTINA 5ºA

domingo, 11 de diciembre de 2016

TELESCOPIO HUBBLE

Moi ben! Boa investigación!
En Abril do 2015, a banda granadina Lori Meyers gravou este tema "Telescopio Hubble", en exclusiva para National Geographic Channel, con motivo dos 25 anos do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble.
Un pouco tarde, pero, ... 
Feliz Aniversario, Hubble!

Co lanzamento e posta en órbita deste telescopio o 24 de abril de 1990, por parte das axencias espaciais americana e europea (NASA e ESA), os científicos conseguiron eludir a distorsión da atmósfera, o que permitiu ver o Universo cunha claridade nunca lograda. Coas súas observacións, os astrónomos confirmaron a existencia de buratos negros, aclararon moitas das ideas do nacemento do Universo, revelaron novas galaxias, ...
Agora vemos o Universo con outros ollos!
Nebulosa do caranguexo (restos dunha Supernova)
Se queredes ver o noso Universo cos ollos do Hubble, facede clic na imaxe e vede algunha das súas incribles fotos.

jueves, 8 de diciembre de 2016

MÚSICA e CEREBRO

Todos sabemos que a música afecta ao noso estado de ánimo e provoca unha serie de sensacións. Pero, ... 
Sabemos como afecta a música ao noso CEREBRO?

En recentes estudos da Universidade de Florida, nos explican que a música desperta case tódalas zonas cerebrais, se cree incluso, que inflúe no desenvolvemento da intelixencia. Son moitos os beneficios que se lle outorgan, non en van, moitos dos xenios da nosa historia científica (Einstein), eran grandes apaixonados da música.
Pois, a desenvolver a intelixencia!!!
Aquí vos queda a canción (moi científica) : "Telescopio Hubble", interpretada pola banda granadina Lori Meyers. 
Seredes quen de averiguar...
 en homenaxe a que...
escribiron esta canción?