domingo, 7 de mayo de 2017

OS SUPERCIENTÍFICOS EN VOZ NATURA

Aínda que non participamos oficialmente no programa de Voz Natura, o que si participa é o cole e algúns dos nosos amiguiños, os Apolos, os Xirasoles, os Choquetes, Sexto, ... , polo que nos consideramos partícipes en certa medida.
Pero, ... Que é Voz Natura?
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997-1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa TERRA.
(clicade na imaxe para documentarvos)

Pois durante este curso, dende o blog de "Fazañas Medioambientais dos Pequesreboreda " que teñen dentro do proxecto de Voz Natura, están a utilizar e dar visibilidade a algúns dos nosos artigos relacionados co medioambiente, a natureza, a ciencia, ... 
Podedes visitar a súa páxina no seguinte enlace:
Tédelo tamén no lateral esquerdo, na sección das páxinas do Centro.

... e a seguir coidando e loitando, se fora necesario, polo incrible entorno no que vivimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario