Mostrando entradas con la etiqueta veleno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta veleno. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de julio de 2017

VÍDEOS 4: SERPES VELENOSAS

David e Jorge elaboraron un vídeo chulísimo sobre estos fascinantes réptiles: AS SERPES.

Magnífico chicos!

Saberedes dicirnos a que se debe o nome científico da Cobra Real (Ophiophagus)?

martes, 4 de julio de 2017

LORIS

Anxo e Hugo faláronnos do LORIS.
Loris esbelto vermello (loris tardígradus) é unha especie de primate, natural das selvas tropicais de India e Sri Lanka. De hábitos nocturnos. Aliméntase de lagartixas, ovos, insectos, pequenos invertebrados e follas. O seu tamaño vai dende os 17 aos 26 cm, cun peso aproximado entre 85-350 gr. 

Dos poucos primates que teñen unha mordida velenosa....!!!!

EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!!!

sábado, 6 de mayo de 2017

O DRAGÓN DE KOMODO

O DRAGÓN DE KOMODO
O dragón de Komodo, tamén chamado monstro de Komodo e varano de Komodo, é unha especie de saurópsido da familia dos varánidos, procedente  dalgunhas illas de Indonesia central. O seu nome científico é VARANUS KOMODOENIS. A lonxitude dun macho é de 2,6 metros, adulto, e a lonxitude dunha femia é de 2,3 metros, adulta. O dragón de Komodo pesa arredor de 70 kg, esta especie só come unha vez ao mes.
A pesar de que estos lagartos se aliméntan principalmente de carroña, tamén cazan e tenden emboscadas ás súas presas, mamíferos, aves e invertebrados. Ata agora pensábase que a mordedura do dragón de Komodo era infecciosa debido a unhas bacterias contidas na súa boca, pero un equipo descartou esa hipótese tras descubrir glándulas de veleno no cráneo do animal que provocan unha severa parálise a quen recibe unha mordedura deste animal.


ESPERO QUE VOS GUSTARA!!

Carla Carballido López 5ºA

sábado, 22 de abril de 2017

FAUNIA

Que ou quen é Faunia?
Faunia é un dos zoolóxicos máis grandes de España.
Onde se atopa?
Atópase na  zona de Vicálvaro en Madrid.

Datos interesantes sobre algúns animais:
A abella da mel: os efectos da picadura de vespas  e abellas poden producir un choque anafiláctico que leva á morte.
En Australia as abellas causan máis accidentes fatais que as serpes e as medusas xuntas.

A Ra dardo dourada:  un miligramo do seu veleno sería suficiente para matar a vinte persoas. Por sorte non poden inxectalo, porque se atopa baixo a súa pel. Os indixenas das zonas onde viven estas rás extraéno e fan dardos envelenados con el, que utilizan para cazar. A súa cor tan rechamante xa é unha advertencia.
Potencia do veleno: 9,5 sobre 10
Capacidade do veleno: 2 sobre 1 

(clica na imaxe para saber máis sobre Faunia)


LOIS

miércoles, 22 de febrero de 2017

UNHA SERPE NO CAMIÑO 2

Xa temos algunhas pistas sobre a nosa preciosa serpe, pistas importantes para ser quen de distinguir entre unha serpe velenosa e unha que non o é: 
(Se clicades nas imaxes iredes ás páxinas de onde sacamos a información e as imaxes)
1. Cabeza: A maior parte das serpes velenosas teñen cabeza triangular.
A nosa ten cabeza redondeada

2. Cores: Moitas serpes velenosas teñen cores chamativas e brillantes.
A nosa ten cores uniformes e oscuros por arriba e claros por debaixo.

3. Ollos: A maior parte das serpes velenosas teñen pupila vertical.
A nosa ten pupila redonda

4. Cola: A maior parte das serpes velenosas teñen unha cola máis curta e grosa, con unha soa fila de escamas.
A nosa todavía non a observamos con tanto detemento.
Hai moitas outras pistas que nos permiten distinguir unha culebra dunha víbora...
Coñecedes algunha outra pista que poidamos investigar e nos permita averiguar de que serpe se trata?