O Choco xeralmente vive nas algas e augas pouco profundas. Ten un corpo
ancho, oval e aplanado de ata 30-40 cm de lonxitude. Ten dúas expansións laterais
a modo de aletas, na zona dorsal un lóbulo triangular, obtuso, que avanza entre
os ollos.
Tamén se lle coñece cos nomes de Sepia, Jivia, Cachón. A súa cuncha é reducida e queda oculta
sobre a parte dorsal do corpo, cuberta polos pregos laterais.
Desprázase cos pregos ou enerxía reactiva (expulsando aire polo tubo do
embude) tamén para a fuxida rápida. Ten un pico triturador para comer pequenos
moluscos, caranguexos, camaróns, peixes e outros animaliños pequenos. E outras
veces empregan o seu pico como defensa. O seu tempo de vida e de 1 e 2 anos.
O Choco pode cambiar de cor, para facelo ten tres células que utilizan o
reflexo da luz para cambiar de cor. Este cambio o fan en dous segundos.
HUGO E LUCAS
E vós, ... Coñecedes algunha curiosidade deste extraordinario animal?
O noso gran proxecto neste primeiro trimestre xiraba ao redor da xeografía: O relevo de España. Fixemos unha maqueta de España, onde puxemos algúns elementos do relevo: ríos, picos, sistemas montañosos, ... Algúns de nós o fixemos con plasti e tridimensional, outros a modo de circuito eléctrico.
Unha chulada!
E logo de facelas, quixemos xogar con elas e compartilas con outros nen@s do centro. Podedes velo no vídeo.
Xa vedes que falamos moito sobre o raposo. É o animal da nosa aula este ano. Estamos a elaborar un pequeno mural sobre esta especie e topamos unha páxina con moitísima información: Zorropedia. (Lucía C.: "... buscando fábulas nas que houbese raposos, atopei esta páxina tan interesante.")
Colocamos unha ligazón no lateral, na sección de información para que poidades visitala. Poderedes coñecer máis de cerca este precioso e incrible animal: As súas características, alimentación, reprodución, distintas especies, ... e moito máis.
Seguro que sabedes que históricamente o zorro asóciase á idea de "Astucia". Pero,...
Coñecedes algunha fábula, conto, poema, ... no que o raposo sexa o protagonista??
O caracol é un molusco que ten cuncha
espiral. Existen caracois de auga e de terra. O da terra vive nos bosques,
cerca dos ríos. Móvese como os vermes. Aliméntanse de prantas. Cando se ve en
perigo escóndese dentro da súa concha. Mide entre 15 e 30 cm, e pesa ata 600
gr. Cando o caracol crece, tamén o fai a súa cuncha. Os caracois son machos e
femias ao mesmo tempo. Pon ata 100 ovos. Pode vivir ata 7 anos.
Moitos agricultores, protestan de que lle
comen as súas verduras.
É orixinario de Europa, pero vive en
moitas zonas. En época de sequía métese dentro da cuncha e encérrase elaborando
un tapón a base de moco seco, chamado "epifragma".
Tamén podemos dicir que é un produto de
altísima calidade na cociña á hora de comelo... e moi sano!!!
Hoxe imos falar sobre o lobo ibérico que é o noso animal favorito
e un gran cazador en manada. O lobo ibérico (Canis lupus
signatus) é unha subespecie de lobo (canis lupus) autóctona da Península
Ibérica.
Aspecto
O seu tamaño é medio, algo máis pequeno
que outros lobos europeos. De longo miden dende 130 ata 180 cm os
machos, e dende 130 ata 160 cm as femias. A altura de cruz pode
chegar aos 70 cm. Os machos adultos pesan xeralmente entre 30 e 40 kg,
e as femias pesan de 20 a 35 kg.
Presentan testa
grande e maciza, orellas triangulares relativamente pequenas e ollos oblicuos
de cor amarelenta. Ofociñopresenta
unhas manchas brancas nos belfos denominadasbigoteiras. A súapelaxeé
heteroxénea, de tal xeito que se describen unhas franxas lonxitudinais escuras
ou negras cubrindo a parte anterior das súas dúas patas dianteiras, unha mancha
escura ao longo da cola, e outra mancha
escura ao redor da cruz á que se lle coñece comocadeira
de montar. Os lobatos ao nacer presentan tons escuros
uniformes.
Dieta
O lobo ibérico é un dos poucos grandes carnívoros que existen na península ibérica, e como depredador, aliméntase básicamente das presas que
caza, grandes herbívoros e outros mamíferos de
porte menor. O doutor Félix Rodríguez de la Fuente, realizou diferentes estudos para concretar a
dieta do lobo ibérico, e segundo os resultados extraídos, esta podería estar
composta por: grandes mamíferos (como corzos, muflóns, cervos ...) nun 35%, ovellas nun 24%, coellos nun 14%, ratos de campo nun 9%, prea nun 7%, réptiles e aves nun 5%, insectos e vexetais nun 4%,
e outros carnívoros (coma raposos ou cans) nun 2%.
Antigamente, na nosa zona era habitual atopar lobos polo monte,
pero, hoxe en día xa non os vemos tanto debido á persecución e caza
indiscriminada deste animal, na crenza de que atacaba ao ser humano.
Traballando cos distintos Reinos de Seres Vivos, aprendimos moitas cousas realmente sorprendentes de algúns seres tan minúsculos:
- A relevancia das bacterias, protozoos, fungos, ... na elaboración de alimentos, antibióticos, ...
- A importancia de reciclar as augas residuais, os seus procesos e distintos elementos que se utilizan, como as bacterias para a súa depuración.
Recentes estudos e investigacións na Universidade de Jaén, confirman que a bacteria Klebsiella contribúe á descontaminación das augas, gracias a que asimila metales pesados como a plata e o plomo.(El espectador- 29/6/17)
E vós, coñecedes algún outro sorprendente beneficio de estos seres microscópicos? (moneras, protoctistas, ...)
Que outros datos coñecedes sobre as árbores, arbustos, plantas, animais, rochas,... da beira dos ríos?
Na nosa saída topamos algunhas cousiñas moi interesantes, para as que había que estar moi atento, ou podían pasar desapercibidas... Mirade o que atoparon estos incribles "exploradores". Prestade atención ou non a vedes.
Os vulpinos (Vulpini) son unha
tribu de mamíferos carnívoros incluidos na familia dos canidos. Coñécense
comunmente como raposo ou raposa. Actualmente están representados por unhas 27
especies que se atopan en casi todos os continentes, aínda que a máis extendida
é o raposo vermello ou raposo común que habita en Europa e America do Norte . A
maioría viven entre 5 e 7 anos en liberdade , pero poden chegar aos 12 anos ,
ou incluso sobrepasar esa idade en cautiverio.
Os seus rasgos tipicos son un fino fuciño
e unha espesa cola . Son solitarios cazando a súa presa (especialmente aos
roedores). A súa pel é moi preciada en peletería.
Sheyla e David
Pero, seguro que hai un montón de datos moi interesantes sobre este fermoso animal que todavía non sabemos. Seredes quen de atopar algunha desa información?