Mostrando entradas con la etiqueta descubrimento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta descubrimento. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de abril de 2017

OS NOVOS PLANETAS

Canto nos gusta a ASTRONOMÍA!

Fai pouco a NASA atopou un novo sistema solar con tres posibles planetas que conteñen auga e poden conter vida (Unhas compañeiras nosas fixeron un noticiario sobre o tema). A masa do seu Sol é menor que a do noso.
Este equipo internacional de astrónomos descubriu este novo sistema solar con sete planetas do tamaño da Terra, Trappist-1. Está a cerca de 40 anos luz de nós, orbitando en torno dunha estrela pequena e fría, dun  tipo de astro coñecido como "enana vermella". Na Vía Láctea, este tipo de astros son moito  mais abundantes que as estrelas como o noso Sol.
Clica na imaxe para ver o vídeo dun destos descubrimentos:

Máis novas astronómicas:

  • A   NASA  atopou en 2015, 1284 novos planetas, grazas a unha mellora na lente do telescopio  Kepler, o maior anuncio de exoplanetas nun día. Nove deses planetas poden conter auga e habitar nunha orbita cunha estrela que de a suficiente luz para que as persoas vivan.





  • Coa adición destes nove planetas, o número de candidatos para ser habitable descuberto grazas ao telescopio espacial Kepler, que operou ata 2013, é de 21. Cerca de 550 planetas  poderían ser  rochosos como a Terra, tendo en conta o seu tamaño.
  • Os datos  recopilados polo telescopio Kepler  permiten analizar 150.000 estrelas e detectar lixeiras variacións de brillo, o que indica o paso de planetas pola órbita do astro.

Anxo e Hugo