Mostrando entradas con la etiqueta recunchos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recunchos. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de junio de 2017

PEQUENOS EXPERIMENTOS

Aprendemos ciencia, facendo ciencia.
1.Que efectos producen en nós os refrescos azucrados?
2.Que reaccións químicas se producen ao mesturar sal cun refresco de cola?

3.Por que non vemos a moeda que hai baixo o vaso de auga?

4.Que provocou que o globo se introducira na botella?
 5.Por que o globo cheo de auga non explota en contacto co lume?

6.Que provoca a erupción volcánica dos mentos en cola?

7.Que lle pasou ao ovo ao ser introducido en alcol?
  
 8.Por que non se mesturan os líquidos?


















Que mellor forma de aprender?

jueves, 29 de diciembre de 2016

OS APOLOS E A ROBÓTICA

Recordades aos Apolos? Si aqueles nenos e nenas da aula de 5 anos que nos visitaron ao principio de curso para ver os nosos recunchos. Pois foron eles agora os que nos invitaron a ver o seu traballo. E foi incrible: Comezamos a fabricar un brazo robótico, construimos un robot con materiais reciclados, tentamos ensamblar un robot solar, traballamos con linguaxe de programación nun xogo, ... 

ROBÓTICA
Non podiamos crer o moito que nos ensinaron. 
En verdade teñen 5 anos?
Moi ben Apolos! 
E por se esto fora pouco... aínda nos fixeron un agasallo: UN ROBOT (que agora teremos que montar...%$?¿"$%&... seremos quen?)
Moitas Grazas!

martes, 18 de octubre de 2016

VISITA APOLOS

O pasado martes 11 de outubro tivemos unha gran visita, os Apolos (EI 5 anos).
Viñan porque se enteraron de que tiñamos unha exposición de bichiños: Avespas, mantis, arañas, libélulas, saltóns, ... 
A súa primeira pregunta foi se tiñamos a araña que picou a Spiderman. Seica moitos destos bichiños teñen "superpoderes" (teremos  que investigalo con detalle).
Pasaron polos nosos recunchos de traballo: O microscopio, os libros científicos, as colecións de insectos, os nosos experimentos con plantas, o blog e páxinas de información científica en rede. 

Sabían moitas cousas, e aínda así prestaron moita atención ás nosas explicacións.
Encantounos a súa visita! Nós tamen aprendimos moito!


Visita Apolos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E agora xa temos moitas ganas de ver os robots cos que eles están a traballar.
Aquí vos deixamos un enlace ao seu blog para que vexades as cousiñas superinteresantes que están a facer: 

Ata outra!