lunes, 26 de diciembre de 2016

AS TIC´S NA EDUCACIÓN

Parece que estamos a xogar, non si?
Pois si, pero, non. Ao fin, o aspecto lúdico é moi importante en toda aprendizaxe.
O Currículo de Educación Primaria, dentro dos seus contidos, marca que o alumnado debe aprender a manexarse coas novas tecnoloxías: Búsqueda, selección, organización de información na rede; Manexo e tratamento de textos; Estratexias de acceso á información e traballo en rede; Recursos novas tecnoloxías; ...
Deberiamos entre todos concienciarnos e responsabilizarnos na medida na que a cada un lle toca, para ver en que forma debemos e podemos axudar e colaborar en que os nosos alumnos e alumnas, fillos e fillas, ... estén o mellor preparados posible para enfrentarse á Sociedade da Información e a Comunicación, que os espera ahí fora.
Seguro que podemos extraer algunha conclusión interesante das palabras de Francesc Pedró (Dtor. de Políticas Educativas e Desenvolvemento Docente da Unesco)

2 comentarios:

  1. Paréceme moi interesante o que comenta este señor. O certo e que vexo a diario, moitos destos orfos dixitais. Nenos que pasan horas e máis horas diante dos ordenadores, tablets, ... sen que ninguén mire para eles. Están xogando!. Que medo!.
    Eu tamén creo que non son tan importantes os recursos, senón a forma en como se usan. E por suposto ese acompañamento e esa responsabilidade por parte dos adultos (pais, profes, ...) no acompañamento desa aprendizaxe e o desenvolvemento do neno/a xunto coa tecnoloxía.
    Unha mamá preocupada. Marga.
    Bicos! e Boas Festas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polo teu comentario Marga! Quero crer que cada día somos máis os que estamos preocupados e buscamos alternativas e posibilidades para levar a cabo ese acompañamento.
      Boas Festas para ti tamén!

      Eliminar