Mostrando entradas con la etiqueta escorpións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escorpións. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de junio de 2017

ESCORPIÓNS

Esta semana foi Raúl quen nos ilustrou ao redor dos ESCORPIÓNS
Máis ou menos todos sabemos o que é un escorpión...  Un artrópodo pertencente á clase dos arácnidos, provisto de dous apéndices en forma de pinza e unha cola rematada en aguillón.

Ata aquí todo ben. Pero... 
Que máis sabedes dos Escorpións?
  • Coñécense unhas 1400 especies en todo o mundo.
  • O seu tamaño pode variar entre os 9 e os 21 cm.
  • Son os arácnidos máis antigos que se coñecen.
  • Son animais vivíparos.
  • Despois da primeira muda, a cutícula do escorpión fluorece con luz ultravioleta.
  • O seu veleno está composto por a lo menos 80 toxinas, das que unhas 10 son potencialmente velenosas para o ser humano.
  • En México existen 7 especies de escorpións que posúen un veleno mortal para o ser humano.
Se queredes coñecer máis datos sobre este incrible animal, consultade nas seguintes ligazóns:



E agora...
  1. Coñecedes xa o nome do escorpión máis velenoso e perigoso do mundo e onde se atopa?
  2. Hai escorpións en España?
  3. Hai algún lugar no planeta onde non haxa escorpións?